Carya illinoinensis
Carya illinoinensis[1] é unha especie do xénero Carya, na familia Juglandaceae (familia á que pertence tamén a nogueira común). O seu froito é comestíbel e recibe o nome de pacana ou noz pacana[2].
Carya illinoinensis | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vista xeral da árbore. | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Carya illinoinensis (Wangenh.) K.Koch, 1869 | |||||||||||||||||||||
Descrición
editarÉ unha árbore caducifolia e monoica que pode superar os 40 m de altura, de casca cinsenta clara ou parda e cuberta de escamas ou exfoliacións laminares. As follas, imparipinnadas, xeralmente glabras ou con pelos simples curtos, miden 40–70 cm e teñen 7-17 folíolos peciolados ovalo-lanceolados, habitualmente falcados, de 2-16 por 1–7 cm, de ápice agudo, base asimétrica e marxe finamente aserrada. Os amentos (candeas) pénsiles masculinas están compostos por numerosas flores con estames escasamente pilosos e miden uns 20 cm de longo co rabo cuberto de tricomas glandulares. Inflorescencias femininas en espigas terminais pauciflores. Froito drupáceo en trima (drupa involucrada) de cor marrón, ovoide-elipsoide, non comprimido, de 2-6 por 1,5–3 cm con involucro áspero de 3–4 mm de espesor, dehiscente case até a súa base en 4 valvas. A noz, indehiscente, ten cor exterior canela, coa superficie macía e brillante, asucada por riscos lonxitudinais anastomosados pouco marcados e de cor máis clara; ten forma ovoide, casca de espesor milimétrico e 4-5 costelas de pouco relevo e que non se corresponden cos tabiques internos, mais coas suturas de dehiscencia da envoltura da noz (mesocarpo e epicarpo, ou sexa o nauco[nota 1]). Arrodea unha semente sen endospermo, engurrada e lobulada, de cor parda clara con tons dourados e finamente puntuada de marrón máis escuro, con 2 sucos lonxitudinais separados por unha crista e que corresponden a un tabique duplo, moi incompleto, perpendicular ao tabique principal completo, de consistencia pergaminoide, que separa os dous cotiledóns.[4][5][6]
Distribución e hábitat
editar- Nota: a distribución orixinal non é clara, por mor ao seu intenso cultivo dende épocas remotas.
Sería unha especie nativa do sueste dos Estados Unidos (Indiana [sur e leste] Illinois, Iowa [sueste], Kansas [sueste], Missouri, Oklahoma, Arcansas, Kentucky [oeste], Louisiana, Mississippi [oeste], Tennessee, Texas) e México (Coahuila, Nuevo León, Tamaulipas, Guanajuato, Xalisco, Oaxaca, Veracruz). Introducida en Malta e leste dos Estados Unidos e cultivada en Suráfrica, Acerbaixán, China, Australia, Ucraína, Brasil[7] e outros países de América do Sur. Por exemplo, na Arxentina foi introducida dende os Estados Unidos a finais do século XIX polo presidente Domingo Faustino Sarmiento, para elevar a produción das illas do Delta do Paraná. No Perú foi levada durante a época do vicerreinado.
O seu hábitat natural nos seus países de orixe sitúase ao longo dos ríos, as chairas de alagamento e en solos ben drenados. Florece na primavera en altitudes comprendidas entre o nivel do mar e os 600m, excepcionalmente 1000m,[4]
No sur de España, semella que comeza a se naturalizar nalgunhas zonas da Alpujarra granadina e maila Axarquía almeriense.[8]
Propiedades e usos
editarMedicinais
editar- Os amerindios kiowa usaban a decocción da casca coma menciña contra a tuberculose e os comanches o po de follas secas en fretas contra a tiña.[9]
- A casca e mailas follas son adstrinxentes. En México úsase a casca para sandar febres intermitentes e a dispepsia.
Alimenticios
editarComposición nutricional (/100g)
editar
- Calorías: 710kcal (2958 kJ)
- Calorías da graxa: 630kcal (2625kJ)
- Graxa total: 70g
- Graxas saturadas: 6,7g
- Colesterol: 0
- Sodio: 0
- Glícidos: 13,3g
- Fibra alimenticia: 6,7g
- Azucres: 3,3 g
- Proteínas: 10,0 g
- Vitamina A: 130,0 UI
- Vitamina C: 2,0 mg
- Tiamina: 0,9 mg
- Riboflavina: 0,1 mg
- Niacina: 0,9 mg
- Calcio: 73,0 mg
- Ferro: 2,4 mg
- Potasio: 603,0 mg
- Magnesio: 142,0 mg
- Fósforo: 189,0 mg
- Ácidos graxos:
- Saturados: 9,6%
- 14:0 ácido mirístico: 1,4%
- 15:0: 0,3%
- 16:0 ácido palmítico: 5,1%
- 17:0 ácido margárico: 0,4%
- 18:0 ácido esteárico: 1,9%
- 20:0 ácido araquídico: 0,5%
- Monoinsaturados: 56.0%
- 16:1 ácido palmitoleico: 0.6%
- 17:1: 0,4%
- 18:1 ácido oleico: 54,2%
- 20:1 ácido eicosenoico: 0,8%
- Poliinsaturados: 34,4%
- 18:2 ácido linoleico: 32,2%
- 18:3 ácido linolénico: 2,2%[10]
- Saturados: 9,6%
Usos gastronómicos
editar- A pacana pode ser consumida fresca ou ser utilizada na cociña, especialmente en repostaría, mais tamén en pratos de moito sabor: úsase en recheos, pans de noces ("panque de nuez" en México[11]), xeados e pratos de verduras salgadas. Unha das sobremesas máis coñecidas coa noz pacana coma ingrediente principal é o pastel coñecido coma «pecan pie» dos Estados Unidos.
- Un leite doce, "pawcochiccora", obtido ao ferver as sementes úsase para facer doces e cociñar entre os indios americanos.[12]
- Os indios Comanches usábana, ademais de fins medicinais, coma alimento, en particular durante o inverno.[9]
- No Perú teñen moita sona os doces recheos deste froito: "teja", "chocoteja".
Outros usos
editar- É moi común o seu uso como planta ornamental.
- A madeira, vermella, escura, pesada, dura mais elástica, usábase para facer apeiros agrícolas, mobles, esquís, arcos e paus de golf.[12]
Produción
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente desde a última vez que se editou, que foi en marzo de 2019. |
Estados Unidos, ademais de ser o lugar de orixe desta árbore, é tamén o maior produtor mundial, acaparando máis do 60% da produción anual (2012-2013).
- Principais produtores (estimacións campaña 2012-2013 - en toneladas, con casca)[13]
- TOTAL mundial: >257.870
Nota: "outros países" inclúe á Arxentina, Brasil, China, Israel, Perú,...
Exemplar senlleiro en Galiza
editarA Carya illinoinensis do Pazo de Mariñán, en Bergondo (A Coruña) figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza.
Taxonomía
editarCarya illinoinensis foi descrita por Wangenh. coma Juglans illinoensis en Beitr. Forstw. Nord-Am. Holz., 54, t. 18, fig. 43 en 1787 -e que é o basiónimo- e atribuído despois ao xénero Carya por K.Koch e publicado en Dendrologie, 1, p. 593 en 1869 como Carya illinoënsis.[5]
- Carya angustifolia Sweet
- Carya diguetii Dode
- Carya pecan (Marshall) Engl. & Graebn.
- Carya tetraptera Liebm.
- Hicoria pecan (Marshall) Britton
- ?Hicorius diguetii Standl.
- Hicorius oliviformis (Michx.) Nutt.
- Hicorius tetraptera (Liebm.) Rzed. & al., nom. inval.
- Juglans illinoinensis Wangenh.
- Juglans oliviformis Michx.
- Juglans pecan Marshall[14]
Híbridos
editarA especie hibrida con:
- Carya aquatica ( = Carya × lecontei Little [= Hicoria texana Le Conte ]),
- Carya cordiformis ( = Carya × brownii Sargent),
- Carya laciniosa ( = Carya × nussbaumeri Sargent),
- Carya ovata (Mill.) K.Koch ,
- e, supostamente co tetraploide Carya tomentosa ( = Carya × schneckii Sargent).[4]
Curiosidade
editarNotas
editar- ↑ No senso que lle deron uns autores [3], coma vocábulo emprestado do latín naucum, - i que xa tiña este senso para os Romanos da antigüidade que o empregaban para designar a envoltura da noz da nogueira común (Juglans regia).
- ↑ Ningún dicionario galego recolle o nome vulgar actualmente, porén é unha especie que adoita ter nomes vulgares en todas as lingua romances, incluíndo o portugués, no que se denomina nogueira-de-pecã ou pecan. Mentres non apareza o nome vulgar galego nunha publicación, manterase o nome científico coma entrada no artigo
- ↑ VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 179. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
- ↑ Louis Claude Marie Richard, Démonstrations botaniques ou analyse du fruit consideré en géneral, Ed. Gabon, Paris, 1808
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Carya illinoinensis en Flora of North America". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 08 de maio de 2014.
- ↑ 5,0 5,1 "Carya illinoinebsis en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de agosto de 2014. Consultado o 08 de maio de 2014.
- ↑ Carya illinoinensis en Flora of China
- ↑ "Carya illinoinensis en USDA-GRIN Taxonomy for Plants, consultado 19 de novembro de 2013". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2009. Consultado o 08 de maio de 2014.
- ↑ Blanca G., Cabezudo B., Cueto M., Salazar C. & Morales Torres C. (2011, eds.). Flora Vascular de Andalucía Oriental. 2ª Edición corrixida e aumentada, páx. 926
- ↑ 9,0 9,1 Carlson, Gustav G. and Volney H. Jones, Some Notes on Uses of Plants by the Comanche Indians. Papers of the Michigan Academy of Science, Arts and Letters 25:517-542(p. 520), 1940; Vestal, Paul A. and Richard Evans Schultes The Economic Botany of the Kiowa Indians. Cambridge MA. Botanical Museum of Harvard University, 1939(p. 20) Native American Ethnobotany, A Database of Foods, Drugs, Dyes and Fibers of Native American Peoples, Derived from Plants, Universidad of Michigan-Dearborn, consultado 19 de novembro de 2013 Arquivado 08 de maio de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Camilla Pecans, Nutrition & Health Benefits Arquivado 08 de maio de 2014 en Wayback Machine..
- ↑ "Boletín Pecanero, 2, nº 51, Chihuahua, 2012" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de maio de 2014. Consultado o 08 de maio de 2014.
- ↑ 12,0 12,1 "Carya illinoinensis". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2010. Consultado o 23 de novembro de 2009.
- ↑ "Estimated World Pecans Production". Pecan - YS Trading Comp. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 08 de maio de 2014.
- ↑ Carya illinoinensis en The Plant List, nov. 2013
- ↑ Diccionario de la lengua española (DRAE), ed. 22, 2001
- ↑ Pérez P., Delicias de la comida prehispanica y mexicana
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carya illinoinensis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carya illinoinensis |
Bibliografía
editar- CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México.
- Flora of China Editorial Committee. 1999. Flora of China (Cycadaceae through Fagaceae). 4: 1–453. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
- Manning, W. E. 1949. The genus Carya in Mexico. J. Arnold Arbor. 30: 425–432.