Pobo comanche
Os comanches[2] son unha tribo india das chairas cuxo territorio histórico, coñecido como Comancheria, comprende o leste do actual Novo México, o sur de Colorado, nordeste de Arizona, sur de Kansas, o estado de Oklahoma e o noroeste de Texas. O pobo comanche é unha federación recoñecida baixo o nome de Nación Comanche, coa súa reserva e capital en Lawton, Oklahoma.[1] Os comanches falan a lingua comanche, unha lingua númica da familia uto-azteca, ás veces clasificado como dialecto do shoshone.
Pobo comanche | |
---|---|
![]() Retratos de comanches. | |
Poboación | |
Poboación total: 14 700[1] | |
Rexións principais: | |
![]() | 14 700 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Comanche, sinais dos indios das chairas e inglés |
Relixión | Relixión tribal tradicional, peyotismo, cristianismo |
Grupos relacionados | Shoshone e outros pobos númicos |
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 "2011 Oklahoma Indian Nations Pocket Pictorial Directory" (PDF). Oklahoma Indian Affairs Commission. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de abril de 2012. Consultado o 2 de xaneiro de 2012.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para comanche.