Abrir o menú principal

Vitamina B2

composto químico
(Redirixido desde "Riboflavina")
Riboflavina, tamén coñecida como vitamina B2

Esta vitamina hidrosoluble, tamén coñecida como riboflavina, intervén nos procesos encimáticos relacionados coa respiración celular, en oxidaciones tisulares e na síntese de ácidos graxos. É necesaria para a integridade da pel e das mucosas e pola súa actividade osixenadora da córnea para a boa visión. A súa presenza faise máis necesaria cantas máis calorías incorpore a dieta.

As súas fontes naturais son as carnes e produtos lácteos, cereais, fermentos e vexetais verdes.

As súas necesidades diarias son de 1,5 mg para nenos e de 1,7 mg para adultos. Por outra banda, a riboflavina non é almacenada polo organismo, polo que o exceso de consumo se elimina por vía urinaria.

A súa carencia xera trastornos oculares, bucais e cutáneos, cicatrización lenta e fatiga. Máis que á unha inxesta insuficiente pode ser debida a réximes non equilibrados, alcoholismo crónico, diabetes, hipertiroidismo, exceso de actividade física, estados febrís prolongados, lactación artificial, tensión, calor intensa ou ó uso dalgunhas drogas.

Esta vitamina é sensible á luz solar e a certos tratamentos, como a pasteurización, proceso que fai perder o 20% do seu contido. Por exemplo, a exposición á luz solar dun vaso de leite durante dúas horas fai perder o 50% do seu contido de vitamina B.

É un aditivo alimentario permitido pola Unión Europea, identificado polo código E101.