Morcego das hortas

especie de morcego da familia Vespertilionidae

O morcego das hortas (Eptesicus serotinus) é unha especie de morcego da familia Vespertilionidae.

Morcego das hortas
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Familia: Vespertilionidae
Subfamilia: Vespertilioninae
Xénero: Eptesicus
Subxénero: Eptesicus (Eptesicus)
Especie: E. serotinus
Nome binomial
Eptesicus (Eptesicus) serotinus
(Schreber, 1774)
Mapa de distribución de E. serotinus
Mapa de distribución de E. serotinus

Mapa de distribución de E. serotinus
Subespecies
  • E. (E.) serotinus subsp serotinus, Schreber, (1774).
  • E. (E.) serotinus subsp andersoni, Dobson, (1871).
  • E. (E.) serotinus subsp boscai, Cabrera, (1904).
  • E. (E.) serotinus subsp horikawai, Kishida, (1924).
  • E. (E.) serotinus subsp isabellinus, Temminck, (1840).
  • E. (E.) serotinus subsp Pachyomus, Tomes, (1857).
  • E. (E.) serotinus subsp pallens, Miller, (1911).
  • E. (E.) serotinus subsp pashtonus, Gaisler, (1970).
  • E. (E.) serotinus subsp shirazensis, Dobson, (1871).
  • E. (E.) serotinus subsp turcomanus, Eversmann, (1840).
Sinonimia
  • gabonensis, Trouessart, (1897).

Descrición

editar

Morcego de talle grande e pelo monocor co lombo pardo escuro e o bandullo máis claro, os máis novos son de cor agrisada. Orellas triangulares e curtas, as membranas das ás insérense na base dos pés. As femias son maiores cós machos, teñen unha medida de corpo entre 46 e 55 mm e un peso entre 17 e 28 gramos. A súa fórmula dentaria é  .

Distribución

editar
 
Distribución

Preséntase na maior parte de Europa, da Península Ibérica, no sur de Inglaterra, sur de Suecia e nos Países Bálticos, no centro de Rusia, sur dos Urais e no Cáucaso, Noroeste de África, Cirenaica, Illas Mediterráneas, Turquía, o Líbano, Israel, Siria, Irán, Afganistán, Casaquistán, Turkmenistán, Uzbekistán, Kirguizistán, Mongolia, a China, Península de Corea, Taiwán, Himalaia do noroeste da India, Tailandia até Laos polo leste; e talvez na África subsahariana. En España localízase en Castela e León, no norte de Castela-A Mancha, Val do Ebro e País Vasco. No resto tras unha diferenciación recente, utilizando técnicas moleculares, comprobouse a existencia da nova especie, Eptesicus isabellinus, antes unha subespecie de E. serotinus, e que ocuparía as zonas máis termofilas da Península e norte de África.

Hábitat

editar

Morcego preferentemente fisurícola, preferentemente en rochas e en moita menos proporción ocos de árbores, están adaptados ás fendas de todo tipo de construcións humanas. Prefire zonas baixas, aínda que se atopou até os 1.800 m na Serra das Neves, (Málaga).

Ameazas

editar

A selaxe inaxeitada das xuntas de dilatación das infraestruturas e edificios utilizados como refuxio levan a desaparición das colonias. Nalgúns países poténcianse as poboacións dispondo fendas axeitadas en obras públicas (pontes, viadutos etc.).

Patoloxías

editar

É o principal portador, na saliva, dun virus rábico denominado EBL1, (European bat Lyssavirus). En gromos infecciosos virulentos a mortalidade pode verse aumentada un 30% por mor da enfermidade.

Os casos de transmisión da enfermidade da rabia a mamíferos non morcegos, incluído o home, son moi raros, malia iso débese evitar o contacto coa especie.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar