Ministerio de Emprego e Seguridade Social de España
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2022) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social de España era en 2019 o departamento ministerial con competencias en relacións laborais, de emprego e de Seguridade Social, así como do desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, inmigración e emigración. A súa titular era Magdalena Valerio.
En Xaneiro de 2020, no goberno de coalición PSOE Unidas-Podemos presidido por Pedro Sánchez o ministerio desdobrouse en dous:
- Ministerio de Traballo e Economía Social, titular: Yolanda Díaz.[1]
- Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, titular: José Luís Escrivá.[2]
HistoriaEditar
O Ministerio de Traballo é un dos ministerios con maior historia, tendo as súas orixes a principios do século XX. O ministerio foi fusionado en multitude de ocasións co ministerio de sanidade ou mesmo co ministerio de agricultura, con todo, a tendencia sempre foi a de ser un ministerio autónomo con competencias non só en emprego, senón tamén nos ámbitos da seguridade social e migración.
A súa nomenclatura do ministerio mantívose sempre como Ministerio de Traballo, fóra dos gobernos de Mariano Rajoy na que cambio á denominación de 'Ministerio de Emprego'.
FunciónsEditar
Corresponde ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social a proposta e execución da política do Goberno en materia de emprego e de Seguridade Social, así como o desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, inmigración e emigración.
EstruturaEditar
Este Ministerio estrutúrase nos seguintes órganos superiores:[3]
- Secretaría de Estado de Migracións.
- Secretaría de Estado da Seguridade Social.
- Secretaría de Estado de Emprego.
- Subsecretaría de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
O Consello Económico e Social queda adscrito ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
NotasEditar
- ↑ "Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Gabinete de comunicación - Laboral -". prensa.empleo.gob.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-14.
- ↑ "Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Gabinete de comunicación - Seguridad Social". prensa.empleo.gob.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-14.
- ↑ "BOE.es - Documento BOE-A-2018-10244".