Unidos Podemos
Unidos Podemos (Podemos-IU-Equo)[1] é unha coalición electoral española conformada por Podemos, Izquierda Unida, Equo e outras formacións de esquerdas, constituída o 13 de maio de 2016 para presentarse ás eleccións xerais do mesmo ano.[2]
Unidos Podemos | |
---|---|
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Pablo Iglesias Turrión |
Historia | |
Fundación | 13 de maio de 2016 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialdemocracia Republicanismo Ecoloxismo |
Representación | |
Congreso dos Deputados | 67 / 350 |
Senado | 20 / 266 |
Outros datos | |
Sede | Madrid |
Na rede | |
lasonrisadeunpais.es | |
Presentouse en todas as circunscricións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, excepto nas catalás (onde se presentou a coalición En Comú Podem-Guanyem el Canvi), valencianas (onde se presentou a coalición Compromís-Podemos-EUPV: A la valenciana) e galegas (onde se presentou a coalición En Marea) a ambas as Cámaras e en Eivissa-Formentera ao Senado (onde se presentou a coalición Podemos-EU-Más).[1]
Integrantes editar
De acordo co escrito de constitución de coalición electoral presentado ante a Xunta Electoral Central, estes foron os partidos políticos ou federacións de partidos integrantes:
- Podemos
- Izquierda Unida
- Equo
- Més per les Illes Balears
- Batzarre-Asamblea de Izquierdas
- Unidad Popular en Común
- Izquierda Asturiana
- Construyendo la Izquierda-Alternativa Socialista
- Segoviemos
- Izquierda Castellana
- Democracia Participativa
Negociacións infrutuosas editar
Tamén houbo negociacións para a confluencia que non chegaron a ter éxito:
- A Chunta Aragonesista non quería ocupar o terceiro posto na lista de Zaragoza proposto pola coalición.[3]
- O partido ecoloxista e animalista Pacma considerou que a coalición non aseguraba a prohibición dos festexos taurinos.[4]
- O secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español, Pedro Sánchez, rexeitou a proposta de ir con Unidos Podemos en listas conxuntas ao Senado, incluso na Comunidade Valenciana, onde a oferta contaba co apoio do PSPV.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 "Constitución de coalición electoral". Xunta Electoral Central. 13 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2016. Consultado o 28 de xuño de 2016.
- ↑ "Unidos Podemos, o nome da coalición de Podemos e IU". El País. 13 de maio de 2016. Consultado o 13 de maio de 2016.
- ↑ "CHA descarta presentarse a las elecciones en coalición con Podemos-IU". Heraldo (en castelán).
- ↑ "El PACMA descarta ir con Podemos a las generales". eldiario.es (en castelán).