Compromís-Podemos-EUPV: A la valenciana
Compromís-Podemos-EUPV: A la valenciana (siglas: Podemos-Compromís-EUPV) é unha coalición electoral formada por Coalició Compromís, Podemos del País Valencià e Esquerra Unida del País Valencià, que se estableceu en maio de 2016 para concorrer ás eleccións xerais españolas de 2016 no País Valenciano.[1] A alianza é a sucesora da coalición És el moment, que concorreu ás eleccións xerais españolas de 2015.
Compromís-Podemos-EUPV: A la valenciana | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | coalición electoral ![]() | ||
Composto por
| |||
Data | |||
Fundación | 2016 ![]() | ||
Cronoloxía | |||
Substitúe a | És el moment (en) ![]() ![]() | ||
Substituído por | Més Compromís ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | Valencia ![]() | ||
Ligazóns | |||
Páxina WEB | alavalenciana.org ![]() | ||
[ Wikidata ] |
O nome da alianza, A la Valenciana, fai referencia ao tipo de coalición de goberno que Podemos e Compromís propuxeron ao PSOE tras as eleccións xerais de 2015. Esta proposta baseábase no acordo logrado no País Valenciano entre o Partit Socialista del País Valencià e Compromís tras as eleccións autonómicas valencianas de 2015, que permitiu que os seus respectivos líderes, Ximo Puig e Mònica Oltra, se convertesen no presidente e a vicepresidenta desa comunidade autónoma.[2]
Notas
editar- ↑ "´A la valenciana´ será o nome da coalición entre Compromís, Podem e EU". Levante EMV. 13 de maio de 2016. Consultado o 13 de maio de 2016.
- ↑ "Podemos, Compromís e IU pechan o acordo de confluencia no País Valencià". eldiario.es. 13 de maio de 2016. Consultado o 13 de maio de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial Arquivado 28 de xuño de 2016 en Wayback Machine.