Partit Socialista del País Valencià

O Partit Socialista del País Valencià (PSPV-PSOE, en galego: Partido Socialista do País Valenciano) é a federación do Partido Socialista Obrero Español no País Valenciano, nada da confluencia da federación valenciana do PSOE e a federación valenciana do PSP co antigo Partit Socialista del País Valencià en 1978.

Partit Socialista del País Valencià (PSPV-PSOE)
Historia
Fundación1978
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialdemocracia
Federalismo
Outros datos
SedeBlanqueries, 4, Valencia
Na rede
www.pspvpsoe.net
Facebook: socialistesvalencians Twitter: SocialistesVal Instagram: socialistes_valencians Youtube: UCzVOQJ-Ryo5n5Q7ebnt0c_w Flickr: socialistesvalencians Editar o valor en Wikidata

Foi o partido político máis votado no País Valenciano ata as eleccións xerais de 1993, nas que se viu superado polo Partido Popular, que gañou todas as eleccións celebradas desde entón. Conseguiu maioría absoluta nas Cortes Valencianas nas eleccións de 1983 (51 deputados) e 1991 (45 deputados). Na lexislatura 1987-1991 gobernou en minoría (42 deputados) co apoio parlamentario puntual da coalición EUPV-UPV e, nalgunhas ocasións, do CDS. Foi tamén a primeira forza municipal do País Valenciano ata 1995.

Actualmente nas Cortes Valencianas é a segunda forza con maior representación. Obtivo 23 deputados nas eleccións autonómicas de 2015, pero o seu líder Ximo Puig foi investido Presidente da Generalitat Valenciana, en coalición con Compromís e co apoio de Podemos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar