Xunta Electoral Central
A Xunta Electoral Central (en castelán: Junta Electoral Cental) é un Órgano Superior da Administración Electoral de España. Forma parte das Xuntas Electorais Provinciais, das Xuntas Electorais de Zona e das Xuntas Electorais da Comunidade Autónoma, así como das Mesas Electorais, sendo a XEC o único órgano permanente. As demais son constituídas cando se convoca proceso electoral. Ten como función garantir a transparencia do proceso electoral e supervisar a actuación da Oficina do Censo Electoral.
Historia e características
editarTen sede en Madrid, segundo a Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral[1]. Está formada por oito vogais maxistrados do Tribunal Supremo de España e cinco vogais catedráticos de Dereito ou de Ciencias Políticas e de Socioloxía, en activo, o secretario xeral do Congreso dos Deputados como secretario, e o director da Oficina do Censo Electoral, este último, con voz, pero sen voto. Os seus acordos adoitan tomarse por unanimidade[Cómpre referencia].
Funcións
editarEntre as súas funcións están garantir que os partidos políticos e as administracións non empreguen recursos públicos para facer campaña electoral ou publicitar aos partidos que están a gobernar así como atender as denuncias que os distintos partidos políticos poidan presentar polo uso partidista de medios públicos. As súas deliberacións e indicacións son de obrigado cumprimento para as administracións e partidos políticos podendo sancionar o seu incumprimento e pedindo á fiscalía que emprenda accións legais contra os que non as acaten. Tamén pode a XEC dar ordes directas á Administración e ás forzas e corpos de seguridade do Estado.
Composición
editarA actual xunta electoral central creouse o primeiro de outubro de 2017 tras meses de bloqueo e está formada por:
- Presidencia
- Vicepresidencia
- Vogalías de maxistratura do Tribunal Supremo designadas polo Consello Superior do Poder Xudicial
- Vogalías designadas polo Congreso dos Deputados
- Lourdes López Nieto
- Ángela Figueruelo Burrieza
- Andrés Betancor Rodríguez
- Carlos Vidal Prado
- Inés Olaizola Nogales
- Secretaría
- Carlos Gutiérrez Vicén
- Presidencia do INE e Dirección da Oficina do Censo Electoral
- Gregorio Izquierdo Llanes[2] (até o 22 de outubro de 2018)
- Juan Manuel Rodríguez Poo (Dende o 23 de outubro de 2018)
Notas
editar- ↑ Ley Orgánica 5/1985, de 19 de Junio, del régimen electoral general. en juntaelectoralcentral.es (en castelán).
- ↑ Administración Electoral. Junta Electoral Central. Composición (en castelán).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)