Izquierda Asturiana

Partido político asturiano

Izquierda Asturiana (IAS) é un partido que se define de esquerda republicana, socialista, verde e soberanista de Asturias.

Izquierda Asturiana
Logo
Tipopartido político
IdeoloxíaSocialismo democrático, Progresismo, Asturianism e Separatismo
Data de fundación1992
Secretario/aFaustino Zapico
SedeOviedo
PaísEspaña
Na rede
http://www.ias.as
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Formado en 1992 por militantes de Unidá Nacionalista Asturiana descontentos coa liña política que levaba a organización. Mocedá d'Izquierda Asturiana (MIAS) é o nome das súa mocidades. Entre os obxectivos de IAS está a oficialización do asturiano e tentar acordos con outros partidos da esquerda nacionalista asturiana. Así mesmo, os seus outros obxectivos políticos son a autonomía fiscal; a creación dun modelo de crecemento económico propio e sustentábel; e a sanidade e educación públicas.

En xuño do 2012 faise pública a "Resolución da Dirección Nacional" de IAS aprobada meses antes, onde se fai unha valoración da participación de IAS na UNA dende a súa fundación no 2008 e se dá anuncio da recuperación da súa soberanía política. Compromisu por Asturies non participou da creación da coalición formada por UNA e Bloque por Asturies.

Izquierda Asturiana conseguiu representación na convocatoria do ano 2007 no concello de Piloña, obtendo un concelleiro, e converténdose na terceira forza política do concello. Outros resultados son os acadados en Mieres, no 2007.

Nas eleccións municipais de maio do 2015 IAS asina un acordo con Izquierda Xunida (IX) nos concellos de Mieres e Morcín. Froito destes acordos Faustino Zapico convertése en conselleiro no Concello de Mieres, onde xestiona as consellerías de Participación Cidadá, de Educación e de Política Lingüística, xunto á coordinación da área de Servizos á Cidadanía (que axunta as consellerías de Infancia, de Mocidade, de Cultura, de Deportes, de Memoria Democrática, de Educación, de Participación Cidadá e de Política Lingüística).

Eleccións

editar

Ano

Candidatura

Concello

votos

% votos

Concelleiros

2003

Izquierda Asturiana-Verdes

Mieres

344

1,36%

0

Ano

Candidatura

Concello

votos

% votos

Concelleiros

2003

2007

Izquierda Asturiana

Piloña

296

429

5,17%

7,92%

0

1

Ano

Candidatura

Concello

votos

% votos

Concelleiros

2007

Unidá por Corvera (Andecha Corvera - Izquierda Asturiana - Los Verdes-Grupo Verde

Corvera

13838

1,7171%

0

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar