Maurice Dayet

diplomático e numismático francés


Maurice Ernest Alexandre Dayet, nado en Besançon o 8 de novembro de 1889 e finado en París o 22 de marzo de 1973, foi un diplomático, arqueólogo e numismático francés.

Infotaula de personaMaurice Dayet
Nome orixinalMaurice Ernest Alexandre Dayet
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1889
Morte22 de marzo de 1973 (83 anos)
París.
Embaixador
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francesa.
Coñecido porEmbaixador de Francia.
Presidente da SFN.
Actividade
Campo de traballoDiplomacia, arqueoloxía e numismática.
Ocupacióndiplomático Editar o valor em Wikidata
Membro de
Société française de numismatique.
Société d'émulation du Doubs.
Société d'émulation du Jura.
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElizabeth Margaret Miller (1922).
Eileen Mary Jacob (1938)

Traxectoria editar

Carreira diplomática editar

Mauride Dayet naceu o 8 de novembro de 1889 na vila de Besançon, no Franco Condado, fillo de Marie Désirée Laure Morel (1868-1956) e do recadador de impostos André Joseph Antoine Dayet (1865-1939).[1][2]

Logo de cursar estudos superiores de Letras e de Dereito, comezou a súa carreira diplomática como intérprete de Extremo Oriente e de Oriente en 1914. Logo foi destinado a Berna, Atenas e Hamburgo, e en 1920 participou nas oposicións convocadas polo Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia.[3]

Xa como diplomático de carreira, ocupou os postos de agregado de embaixada en Praga e de redactor da Subdirección de Relacións Comerciais, e en outubro de 1920 foi nomeado secretario de terceira clase en Teherán.[3]

En setembro de 1924 foi destinado a Varsovia e logo, sucesivamente, a Santiago de Chile, Berlín, Río de Xaneiro, Caracas, Otava, Sofia, Moscova e Frankfurt, ata que entrou en excedencia en agosto de 1940, co réxime de Vichy.[3]

En febreiro de 1941 viuse, xunto con outros funcionarios franceses da Sociedade de Nacións, directamente implicado na loita contra a Alemaña nazi e o réxime de Vichy,[1] e ese mesmo ano alistouse nas Forzas Francesas Libres.[3] No mesmo 1941 foi encargado das negociacións co embaixador brasileiro en Londres sobre as relacións do seu país coa Francia Libre.[1][4]

Ese mesmo ano fogo foi xefe do Departamento das Américas no Comisariado Nacional de Asuntos Exteriores en Londres.[4] O 17 de agosto de 1943, o Comité Nacional Francés nomeouno Embaixador en Lima,[1] ata que en 1945 foi nomeado embaixador ante a Administración central e tamén membro da comisión para a repartición das indemnizacións concedidas por Polonia polas nacionalizacións en 1951. Finalmente, entrou na condición de disposición especial en 1954.[3]

A numismática e a arqueoloxía editar

Logo de deixar a vida activa como diplomático, Dayet retirouse á súa vila familiar de Cramans, no departamento de Jura, e dedicou o seu tempo e os seus esforzos ás súas dúas paixóns: a numismática —sinaladamente a moeda grega e a celta[5] e a arqueoloxía. Co seu amigo o profesor Lucien Lerat, levou a cabo investigacións arqueolóxicas naquela zona, sinaladamente en sitios como Villard d'Héria e o depósito galo-romano de Pont des Arches.[1][6]

Dayet foi un destacado membro da Sociedade Francesa de Numismática, desde o seu ingreso como membro correspondente en 1948. En 1951 pasou a ser membro titular e en 1955 substituíu a Jean Mazard como presidente desta entidade,[7] cargo que ocupou ata 1957.[5][8][9] A el débeselle a creación en 1955 das Xornadas Numismáticas desta entidade, que se desenvolveron por primeira vez en Lión en xuño de 1956.[10]

Entre outras sociedades eruditas, tamén foi membro da Société d'émulation du Doubs (1927-1973) e da Société d'émulation du Jura (1954-1965).[1]

Vida persoal editar

Mautice Dayet casou en Londres, o 17 de xaneiro de 1922, con Elizabeth Margaret Miller, con quen tivo un fillo —nado en Teherán en 1922— e unha filla —nada en Berlín en 1927—.[1][2]

Logo de se divorciar da súa primeira esposa, o 23 de novembro de 1938 casou en segundas nupcias con Eileen Mary Jacob.[1][2]

Aínda que pasou os seus derradeiros anos en Cramans —onde en 1959 foi elixido alcalde—, Dayet finou en París o 23 de marzo de 1973, aos 83 anos. Os seus restos foron soterrados no cemiterio de Cramans.[1][2]

Publicacións editar

Monografías editar

Escolma de artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Dayet Maurice Ernest Alexandre, baron". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Maurice Dayet". Geneanet.org
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Hellot-Bellier, Florence. (2007). France-Iran. Quatre cents ans de dialogue. Association pour l'avancement des études iraniennes. Páxina 250. ISBN 9782910640200
  4. 4,0 4,1 "Maurice Ernest Alexandre Dayet". Francaislibres.net
  5. 5,0 5,1 "Maurice Dayet". En Un demi-siècle de Journées numismatiques (1956-2006). Société française de numismatique. 2007. Páxina 5.
  6. Lerat, L. (1998). Les Villards d'Héria (Jura). Presses universitaires franc-comtoises, Besançon. Páxina 15. ISBN 2251606777
  7. Bulletin de la Société française de numismatique Société française de numismatique. 1955. Páxina 2.
  8. Le Rider, G. et al. "La Société française de numismatique : 1865-1965". En Revue Numismatique. 1965. Páxina 24.
  9. "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
  10. Un demi-siècle de Journées numismatiques (1956-2006). Société française de numismatique. 2007.
Predecesor:
Jean Mazard
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática

1955-1957
Sucesor:
Jean Tricou