Abrir o menú principal

Marisa Castro

(Redirixido desde "Marisa Castro Cerceda")

María Luísa Castro Cerceda,[a] máis coñecida como Marisa Castro, nada no barrio da Ponte da parroquia se San Lázaro de Lugo o 20 de decembro de 1955, é unha bióloga, profesora universitaria e investigadora galega.

Marisa Castro
Nacemento20 de decembro de 1955
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónbióloga, botánica e micóloga
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Marisa Castro estudou na Universidade de Santiago de Compostela. É doutora en bioloxía e profesora titular na área de botánica, departamento de Bioloxía vexetal e ciencias do solo, na Facultade de Bioloxía e Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.[1]

Especialista en micoloxía, é unha das maiores estudosas da botánica de Galicia. Foi vicepresidenta da Sociedade Galega de Historia Natural de 1980 a 1986 e presidenta do Grupo Micolóxico Galego Luís Freire.

Obra publicadaEditar

  • Guía das setas ou cogumelos comestibles de Galicia, 1982, Xerais.
  • Macromicetos de pinares gallegos, 1985, Universidade de Santiago.
  • Catálogo e distribución de plantas melíferas en Galicia, 1986
  • Nueva especie del género amanita, 1987.
  • Nuevas aportaciones a los conceptos micosociológicos, 1987.
  • Historia da macromicoloxía de Galicia, 1987, SGHN.
  • Flora del NO. de la Península Ibérica, 1988.
  • Micetación de un parque urbano: Alameda de Santiago (A Coruña), 1989.
  • Cogumelos dos piñeirais dunares do Baixo Miño, 1996, Anabam.
  • Guía botánica do Parque Rosalía de Castro, 1998, Deputación de Lugo.
  • Macromicetos epixilicos de la serra de Courel (Lugo), 1989.
  • Setas ou cogumelos de Galicia: descrición e receitas para a boa cociña, 1990, Xerais.
  • Guía dos cogomelos comúns de Galicia, 2000, Xerais.
  • Cogomelos de Galicia e norte de Portugal, 2004, Xerais.[2]
  • "Fungos". Proxecto Galicia. Hércules, 2004, Tomo XLI: Botánica I. pp 269-383.
  • Cogumelos de Galiza, 2005, Edicións A Nosa Terra.

ColectivaEditar

  • Como recolectar y herborizar plantas, 1984, CCAA.
  • Breve introducción á micoloxía, 1988, Concello de Santiago.
  • Introducción á botánica, 1988, Concello de Santiago.
  • Introducción á micoloxía, 1989, Concello de Santiago.
  • Guía das árbores de Galicia autóctonas e ornamentais, 1989, Xerais.
  • Flora ornamental del albergue juvenil de Gandario, 1990, I.N.I.C.E.
  • Guía de las setas más comunes de Galicia, 1994, Concello da Coruña.
  • Naturaleza sin fronteras / Natureza sem fronteiras, 1999, Cimpor.
  • Etnobotánica sin fronteras/ Etnobotânica sem fronteiras, 2001, Cimpor.
  • Guía das macroalgas de Galicia, 2002, Baía Edicións, inclúe CD-ROM.[3]
  • Guía das microalgas de Galicia, 2002, Baía Edicións, CD-ROM.
  • Guía micolóxica dos ecosistemas galegos, 2005, Baía Edicións.[4]
  • Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia, 2007, Xerais.[5]
  • Cogomelos, 2010, Baía Edicións.[6]

NotasEditar

  1. O segundo apelido é "Cerceda" segundo a GEG, Alvarellos, Barrera, Baía Edicións e a UVigo e "Cerdeda" segundo o DBdG, o DEGU e Fernández del Riego.
Referencias
  1. Listaxe de profesores Arquivado 11 de setembro de 2018 en Wayback Machine. e Administración Universidade de Vigo.
  2. Cogomelos de Galicia e norte de Portugal na páxina de Xerais.
  3. Guía das macroalgas de Galicia na páxina de Baía.
  4. Guía micolóxica dos ecosistemas galegos na páxina de Baía.
  5. Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia na páxina de Xerais.
  6. Cogomelos na páxina de Baía.

Véxase taménEditar