Manuel López Sendón

médico e político falanxista galego

Manuel López Sendón, nado en Carnota en 1909 e finado en Santiago de Compostela o 8 de decembro de 1985[1], foi un médico e político falanxista galego.

Infotaula de personaManuel López Sendón
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor em Wikidata
Carnota, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de decembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Da súa formación ata a Guerra Civil editar

Fillo do secretario do Concello de Teo, Antonio López García[2] e Cándida Sendón Amado (dunha familia de médicos), foi irmán de Antonio (político en Asturias), José Luis (médico nas Canarias e Ourense) e Pedro López Sendón (médico).

Como médico formouse xunto ao catedrático e cirurxián Miguel Gil Casares, tras cuxa morte se trasladou a Madrid para rematar a súa formación no Instituto Nacional de Oncoloxía (especializándose en hispatoloxía con Pío del Río Hortega) e no Instituto Nacional de Hixiene (especializándose tamén en bacterioloxía). Rematou os seus estudos na Facultade de Medicina da USC en 1932[3][4]. Neste tempo foi contador da Asociación Profesional de Estudantes de Medicina, da facultade compostelá[5]. En xullo de 1933 obtivo o doutoramento pola Universidade Central de Madrid[6]. Ao pouco obtivo unha bolsa dun ano para estudar Medicina Interna na cidade alemán de Halle en 1933, recibindo clases do internista Theodor Brugsch. En abril de 1934 foi contratado pola compostelá sociedade de Clases Laboriosas para ser o seu médico internista, mentres tamén era profesor axudante da Facultade de Medicina[7]. Uns días despois, tamén foi contratado o médico Domingo García Sabell pola mesma sociedade benéfica[8], co que compartiu por tanto a actividade ata xuño do mesmo ano[9], e de novo desde xullo[10]. Poucos meses despois, tamén foi contratado como médico pola sociedade Unión Protectora de Artesáns, xunto ao médico Manrique R. Suárez Villafranca[11]. Dende 1935 estivo como axudante de clases prácticas de Patoloxía na mesma facultade, xunto a Casimiro Martínez López. Ao mesmo tempo, recibía consulta para "enfermidades internas e do aparato respiratorio" no 1º andar do número 24 da rúa do Hórreo[12]. En marzo de 1935 deixou as súas funcións nas devanditas sociedades para viaxar de novo a Alemaña, cunha bolsa da Facultade de Medicina[13], onde se formou no Hospital Universitario da Charité (Berlín), xunto ao profesor Gustav von Bergmann, volvendo no mes de xullo[14], retomando as súas consultas no Hórreo.

Significado falanxista desde 1934[15], nas eleccións de febreiro de 1936 presentouse candidato pola provincia da Coruña para o Congreso por Falange Española[16], obtendo 2.728 votos en Santiago[17], un resultado escaso na súa propia cidade. Tras a sublevación do 18 de xullo de 1936, López Sendón entrou a formar parte da Xunta Xestora do Concello de Santiago, presidida por Manuel García Diéguez, nun posto equivalente ao de concelleiro[18]. Desde febreiro de 1937, durante a guerra civil española, marchou voluntario á fronte coa II Bandera de La Coruña[19][20], resultando ferido en xullo deste mesmo ano en Asturias[21]. Posteriormente, volveu ser ferido en Anchanda, na toma do Cinto de Ferro de Bilbao[4], polo que foi condecorado.

O Hospital Gil Casares editar

Tras a súa recuperación, foi Xefe de Sanidade de Falange en Galicia[20][22]. En abril de 1938[23] encargouse, como o seu primeiro director, do novo Hospital Gil Casares que daquela foi inaugurado como "Sanatorio Antituberculoso de La Choupana", dependente do Patronato Nacional Antituberculoso do Goberno Civil da Coruña[24][25]. En abril de 1941 foi confirmado no cargo, tras superar unhas oposicións, engadíndolle a xefatura do Dispensario Nacional Antituberculoso de Santiago[26]. Nos seus primeiros anos tratouse neste hospital exclusivamente a pacientes con tuberculose, tendo como axudante ao doutor Galarza. Posteriormente, ampliáronse as patoloxías tratadas e dedicouse monograficamente a enfermidades do tórax. Baixo a súa dirección, solicitouse que o hospital levara o nome do pioneiro da loita contra a tuberculose en Galicia e catedrático de Medicina Interna da USC, Miguel Gil Casares. Reunida a xunta directiva (López Sendón, como Director; Antonio Golpe, como Xefe de Servizo; e Ángel Carretero, como Xefe de Administración) formalizouse a petición, sendo concedida, así como aproveitouse para realizarse a primeira ampliación do hospital. A denominación oficial daquela quedou como Hospital de Enfermidades do Tórax Profesor Gil Casares. Durante as obras de ampliación do hospital, que deron comezo a mediados de 1956 e remataron cinco anos despois, López Sendón deu pulo á súa carreira política. En 1979 xubilouse como director López Sendón e foi substituído no cargo por Antonio Golpe Cobas[27].

Carreira política editar

O 30 de xuño de 1938 foi nomeado subxefe provincial da Coruña de Falange Española Tradicionalista y de las JONS[28], e en 1939 Xefe Provincial do Movemento[29]. Acadou a Xefatura Provincial de FET y de las JONS o 16 de xaneiro de 1940[30], cargo que desenvolveu ata o 3 de maio do mesmo ano, sendo substituído por Lorenzo Villalonga Lacave[31]. O 24 de abril de 1955 foi nomeado Conselleiro Nacional do Movemento pola provincia da Coruña[4][32][33]. Participou, como procurador en Cortes (1955-1958), na redacción dalgún importante artigo da Lei de Montes[34][35], aprobada o 8 de xuño de 1957[36]. Por fin, en abril de 1961, foi nomeado vicepresidente da Deputación da Coruña[37][38][39].

Foi membro da American Trudeau Society (que desde os anos 60 mudou o nome por American Thoracic Society) e vogal da Asociación Oficial de Tisiología Española[40]. Tamén foi presidente da Xunta Directiva da Asociación de Especialistas de Enfermidades do Tórax en Galicia desde 1956[41], presidente do Colexio Médico de Santiago desde decembro de 1960[42] e, en decembro de 1963, foi elixido vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña[43]. .

Distincións e homenaxes editar

En 1937 recibiu a Medalla de Sufrimentos pola Patria, pola súa participación na toma do Cinto de Ferro de Bilbao[4]. En xuño de 1952 recibiu as insignias da Encomenda e Placa da Orde Civil de Sanidade pola súa labor na loita contra a tuberculose[44].

O "Certamen de Narrativa Joven «Doctor Manuel López Sendón»", que organiza o concello granadino de Almuñécar, leva desde o 2012 o seu nome[45].

Vida persoal editar

Casou o 20 de decembro de 1938 coa ceense Dorotea Lastres García[46][47], coa que tivo unha filla, María Luisa (casada co avogado Joaquín Blanco Ande), e un fillo, Manuel Antonio López-Sendón Lastres (falecido sendo neno)[48]. En 1956 adquiriu o chamado Castelo do Cardeal, na ría de Corcubión[49][50].

Obras editar

  • Contribución al estudio del metabolismo basal en la tuberculosis pulmonar (17 de outubro de 1931, na revista Medicina Íbera)
  • Esplenomegalias crónicas (decembro de 1932, na revista Gaceta Médica), xunto a Casimiro Martínez López
  • Sobre el empleo y dosificación del íodo en el tratamiento de la enfermedad de Basedow (20 de febreiro de 1932, na revista Archivos de Medicina, Cirujía y especialidades), xunto a Casimiro Martínez López
  • La tuberculosis como enfermedad social (artigo publicado en La Noche o 2 de maio de 1947, páxina 1)
  • Inmunidad y alergia en tuberculosis (21 de febreiro de 1949, conferencia na Facultade de Medicina da USC)[51]
  • La génesis del complejo primario y su importancia en el desarrollo de la tuberculosis. Patogenia de la tuberculosis generalizada (16 de marzo de 1949, conferencia na Facultade de Medicina da USC)[52]
  • Estado actual y modernas orientaciones de la cirugía de la tuberculosis pulmonar (28 de febreiro de 1953, conferencia na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, na Coruña)[53]
  • Cirugía de la tuberculosis pulmonar (febreiro de 1953, disertación na Real Academia de Medicina)[54]
  • Clínica y cirugía de la hidatidosis pulmonar (1 de xuño de 1957, conferencia na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, en Santiago)[55]

Notas editar

  1. Necrolóxica no ABC, 11-12-1985, p. 105.
  2. El Compostelano, 18-3-1935, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 21-5-1932, p. 10.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 La Noche, 28-4-1955, p. 8.
  5. El Pueblo Gallego, 26-10-1932, p. 12.
  6. El Compostelano, 3-7-1933, p. 1.
  7. El Compostelano, 17-4-1934, p. 2.
  8. El Pueblo Gallego, 26-4-1934, p. 12.
  9. El Compostelano, 28-6-1934, p. 1.
  10. El Compostelano, 9-7-1934, p. 3.
  11. El Pueblo Gallego, 16-6-1934, p. 10.
  12. Fiestas patronales santiaguesas (1935); editado por Litografía e Imprenta Roel, da Coruña, p. 46.
  13. El Compostelano, 18-3-1935, p. 2.
  14. El Compostelano, 8-7-1935, p. 2.
  15. Hoja Oficial del Lunes, 11-4-1955, p. 7.
  16. El Compostelano, 10-2-1936, p. 2.
  17. El Compostelano, 17-2-1936, pp. 1-2.
  18. El Compostelano, 11-8-1936, p. 1.
  19. El Compostelano, 30-4-1937, p. 1.
  20. 20,0 20,1 Hoja Oficial del Lunes, 11-4-1955, p. 7.
  21. El Pueblo Gallego, 29-7-1937, p. 8.
  22. Médicos represaliados en el Franquismo: Ourense y Galicia (1936-1959), de David Simón Lorda. Artigo dentro de "A represión franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria" (Narón, 2005); p. 342.
  23. El Progreso, 29-4-1938, p. 2.
  24. El Compostelano, 12-4-1938, p. 2.
  25. Hoja Oficial del Lunes, 16-5-1938, p. 5.
  26. El Compostelano, 1-4-1941, p. 5.
  27. Hoja Oficial del Lunes, 10-3-1980, p. 24.
  28. El Compostelano, 1-7-1938, p. 4.
  29. El Pueblo Gallego, 31-12-1939, p. 10.
  30. La Región, 8-2-1940, p. 4.
  31. El Compostelano, 4-5-1940, p. 2.
  32. Hoja Oficial del Lunes, 25-4-1955, p. 7.
  33. La Noche, 25-4-1955, pp. 1 e 4.
  34. La Noche, 8-6-1957, p. 8.
  35. La Noche, 13-8-1957, pp. 4 e 8.
  36. Lei de Montes de 1957 Arquivado 23-09-2015 en Wayback Machine..
  37. El Pueblo Gallego, 5-4-1961, p. 11.
  38. Hoja Oficial del Lunes, 7-3-1966, p. 1.
  39. El Pueblo Gallego, 9-6-1968, p. 1.
  40. La Noche, 9-1-1951, p. 6.
  41. La Noche, 6-2-1956, p. 2.
  42. El Pueblo Gallego, 17-12-1960, p. 12.
  43. Hoja Oficial del Lunes, 16-12-1963, p. 11.
  44. La Noche, 18-6-1952, p. 2.
  45. Presentado el I Certamen de Narrativa Joven «Doctor Manuel López Sendón» Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Web do Ayuntamiento de Almuñecar.
  46. El Compostelano, 23-11-1938, p. 2.
  47. El Compostelano, 21-12-1938, p. 2.
  48. El Compostelano, 28-8-1941, p. 2.
  49. La Noche, 8-12-1956, p. 4.
  50. "Así cedeu o Franquismo o castelo do Cardeal de Corcubión a un Falanxista". historiadegalicia.gal. 13-7-2020. 
  51. La Noche, 19-2-1949, p. 2.
  52. La Noche, 15-3-1949, p. 2.
  53. La Noche, 28-2-1953, p. 2.
  54. Hoja Oficial del Lunes, 2-3-1953, p. 2.
  55. La Noche, 30-5-1957, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar