Abrir o menú principal

Macrotis lagotis
Bilbí grande
Macrotis lagotis - bandicut conejo.jpg
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Peramelemorphia
Familia: Thylacomyidae
Xénero: Macrotis
Especie: M. lagotis
Nome binomial
Macrotis lagotis
Reid, 1837
Distribución de Macrotis lagotis

Distribución de Macrotis lagotis
Artigo principal: Tilacomíidos.

Macrotis lagotis, coñecido na bibliografía internacional como bilbí grande,[2] é unha especie de mamífero marsupial do clado (ou magnorde, ou superorde, segundo as clasificacións) dos australidelfos e orde dos peramelemorfos e familia dos tilacomíidos,[3] a única actualmente vivente do xénero Macrotis (a outra que forma a familia, M. leucura, o bilbí pequeno, extinguiuse a mediados do século XX).[4]

Índice

CaracterísticasEditar

É máis grande que os verdadiros bandicuts. Ten o tamaño dun gato ou dun coello. A lonxitude de cabeza e tronco é de 55 cm, máis 29 cm da cola, e o seu peso é de 1 a 2,4 kg (os machos); as femias son máis lixeiras (pesan de 0,8 a 1,1 kg).

A súa pelaxe, moi suave, é de cor gris azulada, con manchas marróns claras. A cola é branca e negra. O fociño é lomgo, e rematado en punta, as orellas son grandes e está desprovistas de pelo. Ten un fino oído, un sentido agudo do olfacto, pero a súa vista é mediocre.

As patas anteriores, moi potentes, está provistas de garras que lle serven para desenterrar o seu alimento e para escavar os seus tobos.

Hábitat e distribuciónEditar

Hai anos habitaba nas rexións áridas e semiáridas do interior de Australia, ao sue do meridiano de 18º S, encontrádose en cerca do 70 % do territorio australiano, pero acualmente está confinado nos desertos da rexión central, principalmente no deserto de Tanami no Territorio do Norte e nos desertos de Gibson e Gran Deserto de Area en Australia Occidental, contando cunha pequena poboación illada en Queensland. Foi reintroducido en varias áreas protexidas en Queensland, Nova Gales do Sur, Australia Meridional e Australia Occidental.[1]

BioloxíaEditar

CostumesEditar

É un animal de hábitos nocturnos, que vive solitario ou en parellas, e que pasa o día nun dos moitos e profundos tobos (de até cerca de 2 m) que escavan nunha espiral na area do desierto. Os seus agochos adoitan teren só unha entrada oculta nunha matogueira ou preto dun termiteiro. Non sae deles máis que de noite para alimentarse.

NutriciónEditar

Aliméntase principalmente de plantas (froitos, bulbos ou sementes) e insectos e arañas. Accesoriamente tamén pode comer ratos, paxaros e lagartos.

ReproduciónEditar

O bilbí grande é un marsupial coa bolsa que se abre na parte traseira deste animal escavador. A femia ten tipicamente de dous ou tres crías como máximo. O período de xestación é de 21 días e as crías permanecen uns 75 días no marsupio. Independízanse da nai aos 6 meses.

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

A especie foi descrita en 1837 por J. Reid,[3] na súa obra "Description of a new species of the genus Perameles (P. lagotis)", publicada en Proceedings of the Zoological Society of London, pp. 129–131.[5]

SinónimosEditar

Ademais e polo nome orixinario que lle deu Reid, Perameles lagotis, e polo actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos seguites sinónimos:[3]

  • Macrotis cambrica Troughton, 1932
  • Macrotis grandis Troughton, 1932
  • Macrotis interjecta Troughton, 1932
  • Macrotis nigripes (Wood Jones, 1923)
  • Macrotis sagitta (Thomas, 1905)

EtimoloxíaEditar

O nome do xénero, Macrotis, formouse cos elementos do latín científico macr-, do grego antigo μακρός makrós, 'grande', e o -otis, derivado do grego antigo οὖς ὡτός oús ōtós, 'orella'. Isto é, 'os de orellas grandes'.

O nome específico, lagotis, cos elementos lag-, tirado do grego antigo λαγώς ‎lagṓs, 'lebre', e -otis. É dicir, 'de orellas de lebre'.

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Friend, T., Morris, K. & van Weenen, J. (2008): Macrotis lagotis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 6 de maio de 2016.
  2. castelán, bilbi mayor (tamén bandicut conejo); catalán, bilbi gros; francés grand bandicoot lapin (e tamén bilby e bandicoot lapin); inglés, greater bilby; italiano, bilby maggiore; portugués, bilby-grande.
  3. 3,0 3,1 3,2 Macrotis lagotis no MSW.
  4. Burbidge, A., Johnson, K. & Dickman, C. (2008): Macrotis leucura na Lista vermella de especies en perigo da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 6 de maio de 2016.
  5. J. Reid (1837): Proceedings of the Zoological Society of London, pp. 129–131. Resume.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
  • Macdonald, D. & Norris, S., eds (2006): Bandicoots. pp. 824–827 en The Encyclopedia of Mammals, Vol. 1, Fourth Edition. London: The Brown Reference Group.
  • McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. New York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, DC: Smithsonian Institution Press.
  • Seebeck, J. (1990): Bandicoots and Bilbies. Norton, Australia: Surrey Beatty and Sons in association with the Australian Mammal Society.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  • Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar

NotasEditar