Para a protuberancia da parte superior da medula espiñal véxase artigo Bulbo raquídeo.

Bulbo de cebola.
Bulbo escamoso de azucena (Lilium sp.).

Un bulbo (chamado vulgarmente en Galicia cebola[1]) é un tipo de órgano vexetal dalgunhas plantas perennes que inclúe unha parte correspondente ao caule, xeralmente de forma discoidal, da cal parten raíces e follas modificadas escamiformes. O mesmo que os rizomas, cormos e tubérculos, son órganos subterráneos de almacenamento de nutrientes que servirán á planta durante a época desfavorábel, na que perden a parte aérea, perdendo, polo tanto, a capacidade de realizar a fotosíntese.

As plantas que posúen este tipo de estruturas denomínanse colectivamente plantas bulbosas.

Partes editar

Os bulbos constan de 5 partes principais:

  • O disco basal, parte inferior do bulbo dende onde medran as raíces.
  • Os catáfilos ou escamas, carnosas, que son o órgano de almacenamento principal, xa que nos seus tecidos parenquimáticos é onde se acumulan os nutrientes.
  • A túnica, é unha camada que arrodea as escamas e as protexe do desecamento.
  • A hasta, que consiste nunha xema floral e outras xemas en desenvolvemento.
  • Xemas laterais, as que durante o período de crecemento darán orixe a novos bulbiños.

Clasificación editar

Clasifícanse en dous tipos,

Algunhas orquídeas epífitas forman órganos semellantes aos bulbos, non subterráneos, chamados pseudobulbos.

Exemplos editar

As plantas con bulbos verdadeiros son sempre monocotiledóneas e inclúen, por exemplo:

Notas editar

Véxase tamén editar