Amarelle (planta)

xénero de plantas
(Redirección desde «Narcissus»)
Amarelles (xénero Narcissus)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Amaryllidaceae
Tribo: Narcisseae
Xénero: Narcissus
L.
Especies

Véxase no texto

Sinonimia
  • Ajax Salisb. ex Haw. (1812).
  • Corbularia Salisb. (1812)
  • Ganymedes Salisb. (1812)
  • Hermione Salisb. (1812)
  • Philogyne Salisb. (1812)
  • Queltia Salisb. (1812)
  • Schisanthes Haw. (1819)
  • Diomedes Haw. (1823)
  • Chloraster Haw. (1824)
  • Assaracus Haw. (1831)
  • Helena Haw. (1831)
  • Illus Haw. (1831)
  • Jonquilla Haw. (1831)
  • Oileus Haw. (1831)
  • Tros Haw. (1831)
  • Autogenes Raf. (1838)
  • Calathinus Raf. (1838)
  • Codiaminum Raf. (1838)
  • Moskerion Raf. (1838)
  • Aurelia J.Gay (1858)
  • Argenope Salisb. (1866)
  • Chione Salisb. (1866)
  • Cydenis Salisb. (1866)
  • Panza Salisb. (1866)
  • Patrocles Salisb. (1866)
  • Plateana Salisb. (1866)
  • Prasiteles Salisb. (1866)
  • Tityrus Salisb. (1866)
  • Veniera Salisb. (1866)
  • Stephanophorum Dulac (1867)
  • × Narcibularia H.R.Wehrh.(1929).[1]

Os amarelles[2] ou narcisos[3] son plantas bulbosas anuais pertencentes ao xénero Narcissus, da familia das amarilidáceas, da que existen distintas especies, con follas radicais estreitas e flores moi aromáticas, brancas ou amarelas con forma de tubo.

Son orixinarios da conca mediterránea e Europa. En Galiza atopamos varias especies; Narcissus cyclamineus é endémica de Galiza. A meirande parte das especies teñen floración primaveral, aínda que as hai que florean polo outono. Amarelle é o nome común galego xunto a narciso para o xénero[4]. A maioría das súas especies son nativas da rexión mediterránea, porén unhas cantas especies se atopan ao longo de Asia Central e a China. A cantidade de formas cultivadas aumentaron grandemente, con novas variacións nos viveiros de cultivo practicamente cada ano.

Descrición

editar

Flores en umbela ou solitarias, cunha espata membranosa dunha soa bráctea. Perianto con tubo xeralmente moi desenvolvido. Coroa normalmente ben desenvolvida. Estames insertos no tubo do periantio ou na base da coroa. Anteras medifixas, introrsas.

Etimoloxía

editar

O nome galego amarelle deriva do grego que dá nome á familia: Amaryllidaceae. Amarelle é tamén un apelido galego.

O nome xenérico e o galego narciso vén de Narciso, da mitoloxía grega Νάρκισσος (Narkissos) fillo do deus río Cephissus e da ninfa Leiriope; que se distinguía pola súa beleza.

O nome deriva da verba grega ναρκὰο, narkào (= narcótico) referíndise ao cheiro penetrante e embriagante das flores dalgunhas especies (algúns sosteñen que a palabra deriva da verba persiana نرگس que se pronuncia Nargis, que indica que esta planta é embriagadora).

Os amarelles en América do Norte denomínanse jonquils, mais falando con propiedade este nome só se debe de aplicar á especie Narcissus jonquilla (L.) Pourr. ex Nyman 1882 (xunquiños) e aos táxones semellantes que teñen as follas coma os xuncos.

Simboloxía

editar

É unha flor común e endémica de Galicia e o Norte de Portugal medrando á beira dos regatos. É a flor nacional do País de Gales. No primeiro de marzo, celébrase o día que coincide coa data do soterramento de San David (Dewi Sant), levando os homes un allo porro e as mulleres un amarelle. A lenda di que nas vésperas dunha importante batalla contra os saxóns, o santo recomendou levar un allo porro para distinguirse dos inimigos aos que se infrinxiu unha importante derrota. Así, o allo porro pasou ser o símbolo do país. Pero en galés allo porro e narciso pronúncianse de xeito moi parecido: cenhinen ('allo porro') e cenhinen pedr ('narciso') e crese que houbo unha mala tradución que levou á confusión[5].

Descrición

editar

Os amarelles son plantas bulbosas, con follas e escapo basais. As flores, solitarias ou en grupos, posúen seis tépalos petaloides. Os estames, en número de seis, están insertados no tubo do perigonio. Os froitos son cápsulas trilobuladas que conteñen xeralmente numerosas tripas.

Clasificación hortícola

editar

Aínda que coñecidos dende tempos remotos polos horticultores, foi a partir da segunda metade do século XIX cando comezou a selección e a produción masiva de cultivares e híbridos; o número dos producidos actualmente é practicamente innumerábel.[6] En horticultura clasifícanse en 11 grupos[7] que se describen na táboa a seguir. Nalgunhas publicacións adóitase engadir o grupo 12 onde se inclúen os amarelles que non poden pertencer a ningún dos outros grupos.

Grupo Nome Descrición Florecemento
1
Amarelles trompeta Flor grande e solitaria. A coroa ou trompeta é tan longa ou máis que os tépalos ou pétalos externos. Primavera.
2
Narcisos de copa grande De orixe cultivada con flor grande e solitaria. A copa mide máis dun terzo, mais igual ou menor á lonxitude do periantio. Primavera.
3
Amarelles de copa pequena De orixe cultivada con flor grande e solitaria. A copa máis curta que un terzo da lonxitude dos pétalos. Primavera.
4
Amarelles de dupla flor De orixe cultivada de flor dupla con moitos pétalos. Pétalos e copa non se distinguen claramente uns dos outros. En cada talo aparecen unha ou máis flores, ás veces recendentes. Primavera.
5
Amarelles triandrus De orixe cultivada a partir de N. triandrus, cuxas características posúen. Fornecen de dúas a seis flores de copa pequena, cuxos pétalos adoitan estar virados cara a atrás. Primeira metade da primavera.
6
Amarelles cyclamineus Posúen características moi marcadas do N. cyclamineus. Cada talo presenta unha flor con pétalos claramente virados cara a atrás e con copa xeralmente longa Primavera.
7
Amarelles jonquilla Posúen características evidentes do N. jonquilla. Os talos presentan dunha a cinco flores aromáticas, con pétalos planos e copas pequenas viradas cara a fóra. Primavera.
8
Amarelles tazetta De orixe cultivada con características predominantes do N. tazetta. Os de copa pequena poden ter até 20 flores por talo, mentres que os de copa longa só tres ou catro. Os seus pétalos son planos con flores a miúdo recendentes. Entrada a primavera.
9
Amarelles poeticus Con características facilmente recoñecíbeis do N. poeticus. talos cunha soa flor fragante con pétalos brancos e planos. Copa pequena, alaranxada, aberta e frecuentemente co bordo vermello. Finais de primavera ou principios do verán.
10
Especies e híbridos Todos os que medran de xeito silvestre. Primavera.
11
Amarelles de coroa escindida. Copa partida en dúas polo menos un terzo da súa lonxitude. Talos con flor única. Primavera.

Seccións botánicas

editar
  • Sect. Apodanthi
Especies: N. albimarginatus, N. calcicola, N. cuatrecasasii, N. marvieri, N. rupicola, N. scaberulus e N. watieri.
  • Sect. Aurelia
Unha soa especie: N. broussonetii.
  • Sect. Bulbocodii
Especies: N. blancoi, N. bulbocodium, N. cantabricus, N. hedraeanthus, N. obesus, N. romieuxii etc.
  • Sect. Cyclaminei
Unha soa especie: N. cyclamineus.
  • Sect. Chloraster
Unha soa especie: N. viridiflorus.
  • Sect. Ganymedes
Unha soa especie: N. triandrus.
  • Sect. Jonquillae
Especies: N. assoanus, N. cerrolazae, N. baeticus, N. fernandesii, N. gaditanus, N. jonquilla e N. willkommii.
  • Sect. Narcissus
Unha soa especie: N. poeticus.
  • Sect. Perezlarae
Unha soa especie: N. perezlarae.
  • Sect. Pseudonarcissi
Especies: N. bicolor, N. confusus, N. longispathus, N. minor, N. moschatus, N. muñozii-garmendiae, N. nevadensis, N. perez-chiscanoi, N. pseudonarcissus etc.
  • Sect. Serotini
Especies: N. elegans e N. serotinus.
  • Sect. Tapeinanthus
Unha soa especie: N. cavanillesii.
  • Sect. Tazettae
Especies: N. dubius, N. papyraceus, N. tazetta, N. tortifolius etc.

Híbridos naturais

editar
  • Narcissus x abilioi Fern.Casas
  • Narcissus x araniensis Fern.Casas
  • Narcissus x bakeri K.Richt.
  • Narcissus x buxtonii K.Richt.
  • Narcissus x dordae Fern.Casas, 1999
  • Narcissus x incomparabilis Mill.
  • Narcissus x intermedius Loisel.
  • Narcissus x laetus Salisb.
  • Narcissus x magnenii Rouy
  • Narcissus x martinoae Nava & Fern.Casado, 1991
  • Narcissus x medioluteus Mill.
  • Narcissus x montielanus (Barra & G.López) Barra & G.López, 1992
  • Narcissus x montserratii Fern.Casas & Rivas Ponce, 1988
  • Narcissus x odorus L.
  • Narcissus x paedagogorum Nava & Fern.Casado, 1991
  • Narcissus x ponsii-sorollae Fern.Casas, 1983
  • Narcissus x pyrenaicus Dorda, Rivas Ponce & Fern.Casas, 1991
  • Narcissus x raianus A.Fernandes, T.Leitao & Aguiar, 1992
  • Narcissus x romoi Fern.Casas, 1993
  • Narcissus x sampaianus A.Fern. 1992 [1993]
  • Narcissus x souliei Guétrot
  • Narcissus x susannae nm. montielanus Barra & G.López
  • Narcissus x tenuior Curtis
  • Narcissus x xaverii Fern.Casado, 1991
  1. Sinónimos en wikispecies
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para amarelle.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para narciso.
  4. Nome en Termos Esenciais de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela e no dicionario da Real Academia Galega - http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=Amarelle Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.
  5. Artigo sobre flores nacionais no Portal das palabras da RAG.
  6. Véxase Cultivares de Narcissus
  7. van Dijk, Hanneke (2003). La enciclopedia de las plantas bulbosas. Ed. Libsa. ISBN 84-662-0629-9. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar