Cormo (órgano de reserva)

Un cormo (do latín científico cormus, e este do grego clásico κορμός, kormós, 'tronco da árbore') é un talo ou caule subterráneo engrosado, de base inchada e crecemento vertical, que contén nós e avultamentos dos que saen xemas.

Lámina do gladíolo Gladiolus palustris, mostrando o cormo.
Cormos de taro Colocasia esculenta.

Características editar

Está recuberto por capas de follas secas, a modo de túnicas superpostas. Na parte inferior produce pequenos cormos novos que servirán para a reprodución de novas plantas.

Ao igual que os bulbos e os rizomas, estes órganos son acumuladores de substancias nutritivas constituídos por células parenquimatosas.

As plantas que presentan cormos son plantas perennes que perden as súas partes aéreas en climas fríos durante a época invernal, conservando unicamente a súa parte subterránea. Esta capacidade para almacenar nutrientes constitúe un modo de supervivencia en caso de condicións adversas, como unha prolongada seca ou unha temporada estival demasiado calorosa.

Algunhas das plantas que forman cormos inclúen moitas especies da familia das iridáceas:

Tamén o presenta o taro (Colocasia esculenta) que é comestíbel, e outros membros similares da familia das aráceas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar