Macrotis leucura, coñecido na bibliografía internacional como bilbí pequeno,[2] é unha especie de mamífero marsupial do clado (ou magnorde, ou superorde, segundo as clasificacións) dos australidelfos e orde dos peramelemorfos e familia dos tilacomíidos,[3] extinta desde mediados do século XX).[1]

Macrotis leucura
Bilbí pequeno
Estado de conservación

Extinto [1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Peramelemorphia
Familia: Thylacomyidae
Xénero: Macrotis
Especie: M. leucura
Nome binomial
Macrotis leucura
(Thomas, 1887)
Distribución histórica de Macrotis leucura
Distribución histórica de Macrotis leucura

Distribución histórica de Macrotis leucura
Artigo principal: Tilacomíidos.

Características editar

Moito máis pequeno que o bilbí grande, pesaba entre os 300 e os 450 g.[4] Tiña unha pelaxe gris apardazada que se tornaba gris pálida no ventre, e a cola era branca (ao que alude o seu nome específico).[4][5] A cola deste animal era longa, aproximadamente o 70 % do total da súa lonxitude de cabeza e tronco.

Bioloxía editar

Distribución e hábitat editar

Moi pouco se sabe acerca da súa antiga área de distribución, xa que desta especie só se recolectaron seis espécimes na historia moderna, co primeiro exemplar procedente dunha rexión descoñecida.[6]

En tempos modernos a especie era endémica do deserto de Gibson e do Gran Deserto Areoso do árido centro de Australia, ao nordeste de Australia Meridional e ao sueste do Territorio do Norte. Seguramente tiña unha área de distribución máis ampla, pero é descoñecida.

Prefiría vivir nos desertos areosos e limosos, nas chairas de area e en dunas cubertas de Spinifex, Acacia aneura e Zygochloa, así como en pasteiros de Triodia con escasas árbores baixas e arbustos.[1]

Nutrición editar

Omnívoro, alimentábase a base de formigas, térmites, raíces, sementes, etc.; ademais, cazaban e se alimentaban de pequenos roedores nativos.[7]

Costumes editar

Era un animal nocturno que pasaba o día agochado nos seus tobos, que podían chegar até os 2 ou 3 m de profundidade, e que pechaba súa entrada con area.

Reprodución editar

As femias parían dúas crías por camada.

Causas da súa extinción editar

Os bibís pequenos desapareceron debido á súa caza, devorados por raposos e pola competencia dos coellos introducidos en Australia. Os últimos exemplares que se viron vivos forron os avistados na "Estación de Cooncherie" en 1932. O último espécime encontrado foi un cranio que se atopou nun niño de aguia en 1967. Parece que este animal estaba morto desde había polo menos un quince anos.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1887 polo zoólogo británico Oldfield Thomas, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 5, 19: 397.[3]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[3]

  • Macrotis minor (Spencer, 1897)
  • Macrotis miseliae Tate, 1948
  • Macrotis miselius (Finlayson, 1932)

Etimoloxía editar

O nome do xénero, Macrotis, formouse cos elementos do latín científico macr-, do grego antigo μακρός makrós, 'grande', e o -otis, derivado do grego antigo οὖς ὡτός oús ōtós, 'orella'. Isto é, 'os de orellas grandes'.

O nome específico, leucura, cos elementos leuc-, calco do do grego antigo λευκ- leuk, de λευκόσ leukós, 'branco', e -ura, derivado do grego antigo οὐρά ourá, 'cola'. É dicir, 'de cola branca'.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Burbidge, A., Johnson, K. & Dickman, C. (2008): Macrotis leucura na Lista vermella de especies en perigo da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 6 de maio de 2016.
  2. castelán, bilbi mayor (tamén bandicut conejo); catalán, bilbi gros; francés grand bandicoot lapin (e tamén bilby e bandicoot lapin); inglés, greater bilby; italiano, bilby maggiore; portugués, bilby-grande.
  3. 3,0 3,1 3,2 Macrotis leucura no MSW.
  4. 4,0 4,1 Lesser bilby Macrotis leucura Northern Territory Government. Australia.
  5. Francis Harper (1945). Extinct and Vanishing Mammals of the Old World. 
  6. Jane Thornback & Martin Jenkins (1982): The IUCN Mammal Red Data Book: Threatened mammalian taxa of the Americas and the Australasian zoogeographic region (excluding Cetacea).
  7. Lesser Bilby (Macrotis leucura) en rainforestinfo.org.au

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
  • Macdonald, D. & Norris, S., eds (2006): Bandicoots. pp. 824–827 en The Encyclopedia of Mammals, Vol. 1, Fourth Edition. Londres: The Brown Reference Group.
  • McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
  • Seebeck, J. (1990): Bandicoots and Bilbies. Norton, Australia: Surrey Beatty and Sons in association with the Australian Mammal Society.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  • Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Notas editar