Loiba, Ortigueira

parroquia civil do concello de Ortigueira
(Redirección desde «Loiba»)

San Xulián de Loiba é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2020 tiña 356 habitantes (174 homes e 182 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 609 habitantes.

Loiba
Igrexa de San Xulián de Loiba.
ConcelloOrtigueira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°44′01″N 7°45′13″O / 43.73356427, -7.75374111Coordenadas: 43°44′01″N 7°45′13″O / 43.73356427, -7.75374111
Área19,3 km²
Poboación356 hab. (2020)
Densidade18,45 hab./km²
Entidades de poboación49[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Loiba está situada no extremo oriental do concello de Ortigueira, entre o océano Atlántico e a vertente occidental da Serra da Faladoira. Os límites pola costa van dende a pena Penafurada até a desembocadura do río de Esteiro, que á súa vez é límite co concello de Mañón, polo oeste linda coa parroquia de Céltigos, e polo sur e leste coa Ría de Esteiro até o regato de Pumar de Val, que a separa de novo de Mañón.

O río Esteiro atravesa a parroquia até a praia de Esteiro que a divide do veciño concello de Mañón. No seu termo hai outras praias salvaxes como O Picón e O Carro, ás que pola zona adoita chamárselles ribeiras, polo escarpado dos seus accesos.

Patrimonio editar

A igrexa parroquial está ao pé da estrada que leva até o lugar do Picón dende a AC-682. É de construción moderna e planta de cruz latina, e ao seu carón está o cemiterio parroquial. Existen ademais na parroquia dúas pequenas capelas adicadas a Santo Andrés, preto do antigo campo da feira a beira do río Esteiro, e á Virxe do Carme, no lugar de Soutomor.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Loiba editar

Lugares da parroquia de Loiba no concello coruñés de Ortigueira

O Aroxo | A Bidueira | Burreiros | O Cadaval | O Calvario | O Casal | Casanova | Casaqueimada | A Casilla | A Costa | A Estrada | O Fecellido | A Feira | Ferradás | Os Ferreiros | A Fervenza | Fontela | A Furadiña | A Grela | A Igrexa | Ladeiro | O Lagar | Lamacido | O Lombo | O Loureiro | Maciñeira | Montedónigo | Moreiras | Mourama | Muíños | Ourao | Outeiro | O Pazo | Penapicada | Penas do Lombo | A Penela | A Peneliña | O Picón | O Piñeiro | A Ponte | Os Portás | Pousada | A Pulgueira | Quelle | Os Ramos | Reparada | A Retorta | O Rosario | Rubido | Soutomor | Suaigrexa | Tras do Río | Xiloi

Parroquias de Ortigueira editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar