Lista de atentados terroristas en 2022

artigo de listas da Wikimedia

Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no 2022.

Atentados por mes editar

Xaneiro editar

7 de xaneiro

  •   Colombia: Unha explosión contra un camión do ESMAD en Cali, deixou 13 policías feridos. Un día despois, o ELN reivindicou o ataque.[1].

12 de xaneiro

  •   Somalia: Un ataque suicida en Mogadixo, capital de Somalia, deixou polo menos 8 vítimas mortais e 9 feridas. O autor do atentado é o grupo terrorista Al Shabab.[2]
  •   Colombia: Un ataque cunha granada deixou polo menos 3 militares feridos en Tibú, Norte de Santander. Os autores parecen ser disidentes das FARCS.[3]

15 de xaneiro

17 de xaneiro

18 de xaneiro

  •   Somalia: Un ataque suicida contra un campamento militar no barrio Wadajir de Mogadixo, deixou polo menos 4 mortos e 10 feridos. O autor do atentado é Al Shabab.[7]

21 de xaneiro

  •   Iraq: Un ataque contra a sede dunha unidade militar na provincia de Diyala, deixou polo menos 11 militares mortos. O atentado foi perpretado polo Estado Islámico.[8].

26 de xaneiro

  •   Paquistán: Un ataque contra un posto de control das forzas de seguridade paquistanís no distrito de Kech, provincia de Baluchistán, deixou polo menos 11 mortos (1 terrorista e 10 militares) e un número descoñecido de feridos. O grupo que reivindicou o ataque foi Exército de Liberación de Baluchistán (BLA), os cales elevan a cifra de militares mortos a 17.[9]

29 de xaneiro

  •   Colombia: Un ataque terrorista con explosivos deixou 3 policías feridos no municipio de Anorí, Antioquía. A policía dixo que o autor do atentado é o ELN.[10]

Febreiro editar

2 de febreiro

3 de febreiro

  •   Colombia: Un ataque con explosivos contra unha patrulla do exército colombiano en Las Guaduas, no municipio de Fortul deixou polo menos 1 militar morto e 2 feridos. O responsable do ataque é o ELN.[12]

10 de febreiro

13 de febreiro

  •   Malí: Un ataque contra un posto de control na localidade de Niafunké, na rexión de Tombuctú deixou polo menos 7 mortos (2 militares e 5 terroristas). Ningún grupo reivindicou o ataque.[14]

15 de febreiro

22 de febreiro

  •   Chad: Un ataque terrorista na localidade de Kaiga Kindjiria, preto do lago Chad deixou polo menos 5 militares mortos. Sospeitase que o autor do ataque é Boko Haram.[16]
  •   Nixeria: Un ataque, dun grupo de homes en motocicletas, na localidade Shiroro, rexión de Níxer deixou polo menos 10 vítimas mortais e un número indeterminado de reféns. O autor do ataque descoñecese, pero sospeitase de Boko Haram.[17]

Marzo editar

2 de marzo

  •   Indonesia: Un ataque en Beoga, no distrito de Puncak pertencente a Papúa indonesia deixou polo menos 8 operarios da empresa Telkomsel asasinados por membros do Exército de Liberación Nacional de Papúa Occidental (TPNPB).[18]
  •   Paquistán: Un ataque con explosivos en Queta, deixou 3 mortos e 24 feridos. Os autores do ataque descoñecense.[19]

4 de marzo

  •   Malí: Un ataque de xihadistas, desprazados en vehículos todoterreos e motos, contra un cuartel das Forzas Armadas de Malí na localidade de Mondoro, na rexión de Mopti deixou polo menos 46 vítimas mortais, 24 feridas e 19 desaparecidas. Ademais houbo perda de material militar (armas, municións, 21 vehículos militares) debido a súa calcinación por parte dos terroristas.[20]
  •   Paquistán: Un ataque suicida contra un mesquita xiíta de Peshawar, deixou polo menos 56 mortos e 196 feridos. Os autores foron dous homes, un deles foi neutralizado pola policía pero outro inmolouse dentro da mesquita. Cabe destacar que ningunha organización terrorista reclamou o atentado.[21]

6 de marzo

  •   Siria: Un ataque contra un autobús militar na zona de Palmira, deixou polo menos 15 mortos e outros 18 feridos. O autor do atentado parece ser que é o Estado Islámico. Con este ataque o número de militares mortos a mans do Estado Islámico, no que levamos de ano, ascende a 61.[22]

7 de marzo

  •   Malí: Dous ataques deixaron en total 13 vítimas mortais e 4 feridas. O primeiro ataque produciuse cando un convoi loxístico de MINUSMA explotoulle un artefacto explosivo na rexión de Mopti, deixando 2 mortos e 4 feridos. O segundo acto foron combates na rexión de Gao onde faleceron 11 persoas (2 militares e 9 terroristas) e logrando repeler o ataque. Os autores dos ataques descoñecense.[23]

13 de marzo

  •   Iraq: Un ataque cunha docena de mísiles balísticos preto do consulado dos EE.UU en Erbil, capital do Kurdistán iraquí non deixou vítimas mortais, nin materiais. Os autores do atentado descoñecense.[24]

16 de marzo

19 de marzo

  •   Arabia Saudita: Varios ataques contra instalacións petrolíferas en Arabia Saudita. Un ataca afectou a unha planta desilanizadora en Shaqiq, outro afectou as instalacións de Aramco en Yizan, a unha olanta de enerxía en Dhahran al Yanub e por último a unha estación de gas en Jamis Mushait. Os autores dos ataques son os rebeldes hutíes.[26]

20 de marzo

  •   Burkina Faso: Unha emboscada nos arredores da localidade de Natiaboani, na provincia de Gourma deixou polo menos 13 soldados mortos e 8 feridos. Sospeitase que os autores do ataque foron extremistas islamistas.[27]
  •   Nixeria: Un ataque de homes armados contra a localidade de Kaura,Kaduna deixou polo menos 34 vítimas mortais e un número descoñecido de feridos. Ademais tamén se produciron ataques contra as localidades, do mesmo estado: Tsonje, Agban, Katanga e Kadarko, onde houbo danos materiais.[28]

22 de marzo

  •   Israel: Un ataque con coitelo e atropelo nun centro comercial na cidade de Beersheva, deixou 4 mortos e 2 feridos. O autor do ataque foi un beduíno con nacionalidade israelí e foi abatido por un transeúnte no lugar do atentado. Segundo a policía o agresor pertencía ao Estado Islámico.[29]

23 de marzo

  •   Somalia: Un ataque suicida na localidade de Beledweyne, capital da rexión de Hiran deixou polo menos 48 mortos e 108 feridos. Entre as vítimas mortais encontrase unha deputada, Amina Mohamed Abdi. Ao mesmo tempo, dous terroristas suicidaes intentaron entrar no Aeroporto Internacional de Mogadixo, onde foron abatidos polas forzas somalís e polas forzas de paz da Unión Africana, pero o número de mortos resulto en 6. Ambos ataques foron reivindicados por Al-Shabaab.[30]

24 de marzo

  •   Níxer: Unha emboscada preto da localidade de Kolmane, na rexión de Tillabéri deixou 6 miliateres mortos, 1 ferido e 1 vehículo militar destruído. Os autores do ataque descoñecense, pero sospeitanse de xihadistas.[31]

25 de marzo

  •   Arabia Saudita: Un ataque con mísis contra as instalacións petrolíferas de Aramaco en Yeda provocou un gran incendio. O ataque foi perpetrado polos rebeldes hutíes.[32]

26 de marzo

  •   Colombia: Un ataque con explosivos contra un posto policial en Bogotá deixou 1 vítima mortal e 35 feridos. Os autores do atentado descoñecense.[33]

27 de marzo

  •   Israel: Un tiroteo na cidade israelí de Hadera, deixou 2 policías mortos e 12 persoas feridas. Os autores do atentado foron dous árabe-israelís que acabaron abatidos pola policía. Máis tarde o ataque foi reivindicado polo Estado Islámico.[34][35]

29 de marzo

  •   Israel: Un tiroteo na cidade ultraortodoxa de Bnei Brak, deixou 5 mortos. O atacante é un palestino de 27 anos que foi abatido pola policía. A organización que reivindicou o ataque foi Al Aqsa Martyrs Brigade.[36]

Abril editar

7 de abril

  •   Israel: Un tiroteo na cidade de Tel Aviv deixou 2 mortos e 15 feridos. O autor do ataque é un palestino que posteriormente foi abatido.[37][38]

12 de abril

  •   Estados Unidos de América: Un tiroteo no metro de Nova York, deixou 23 persoas feridas, 10 delas por bala. O autor do ataque é un home estadounidense de 62 anos que foi posteriormente detido pola policía, e foi acusado de cometer un acto terrorista.[39]

19 de abril

  •   Afganistán: Unha cadea de explosivos en Cabul, afectou a unha escola onde faleceron polo menos 6 vítimas mortais e 24 feridos. O atentado non foi reivindicado.[40]
  •   Colombia: Un ataque con explosivos no muncipio de Frontino, pertencente ao departamento de Antioquia deixou 6 militares mortos, 5 feridos e 1 desaparecido. As autoridades colombianas atribúen o ataque ao Clan do Golfo.[41]

20 de abril

  •   Turquía: Un ataque con bomba contra un autobús na cidade de Bursa, deixou 1 mortos e 4 feridos. O ataque non foi reivindicado.[42]

21 de abril

22 de abril

  •   Afganistán: Un ataque con bomba contra unha mesquita e escola na cidade de Imam Saheb, na provincia de Kuduz, deixou 33 mortos e 43 feridos. O ataque non foi reivindicado.[44]

26 de abril

29 de abril

  •   Afganistán: Un atentado contra unha mesquita de Cabul deixou polo menos 50 vítimas mortais e un número descoñecido de feridos. Ningunha organización reivindicou o atentado.[46]

Maio editar

6 de maio

  •   Israel: Un ataque na cidade ultraortodoxa de Elad, deixou 3 mortos e 4 feridos. O atentado produciuse cando a cidade estaba o Día da Independencia de Israel. Ningunha organización reivindicou o atentado.[47]

7 de maio

  •   Exipto: Un intento de abortar un ataque terrorista na rexión do Canle de Suez, preto do Sinaí deixou 11 militares mortos e 5 feridos. Os autores do atentado son xihadistas.[48]

Notas editar

  1. Ana Cucalón (8 de xaneiro de 2022). "El ELN se atribuye atentado terrorista que dejó 13 policías heridos en Cali". cnnespanol.cnn.com (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2022. 
  2. Ariana Villacorta (12 de xaneiro de 2022). "Somalia: atentado perpetrado por Al Shabab deja al menos ocho muertos". www.france24.com (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2022. 
  3. Infobae.com (13 de xaneiro de 2022). "Atentado en Tibú, Norte de Santander, deja como saldo tres militares heridos". www.infobae.com (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  4. Meredith Deliso , Aaron Katersky e Josh Margolin (16 de xaneiro de 2022). "Standoff at Texas synagogue ends with all hostages safe, suspect dead". abcnews.go.com (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  5. Meredith Deliso (22 de xaneiro de 2022). "Hostage incident at Texas synagogue a terrorist act and hate crime: FBI". abcnews.go.com (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  6. Rodrigo Sedano (18 de xaneiro de 2022). "Rebeldes hutíes de Yemen se atribuyen un ataque a Emiratos Árabes Unidos". www.france24.com (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2022. 
  7. Mohammed Dhaysane (18 de xaneiro de 2022). "Un nuevo atentado suicida en la capital de Somalia deja al menos cuatro muertos". www.aa.com.tr (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2022. 
  8. EFE (21 de xaneiro de 2022). "Un ataque del grupo terrorista Estado Islámico dejó al menos once militares iraquíes muertos". www.infobae.com (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2022. 
  9. EUROPA PRESS (28 de xaneiro de 2022). "Mueren diez soldados en un ataque del un grupo rebelde baluche en el oeste de Pakistán". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2022. 
  10. Caracol Radio Medellín (30 de xaneiro de 2022). "Atentado con explosivos deja tres policías heridos en Anorí, Antioquia". caracol.com.co (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2022. 
  11. teleSur (2 de febreiro de 2022). "Al menos 60 personas fueron asesinadas en el Congo". www.telesurtv.net (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2023. 
  12. Redacción BLU Radio / EFE (3 de febreiro de 2022). "Ataque terrorista del ELN en Fortul, Arauca, dejó un soldado muerto y dos heridos". www.bluradio.com (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2023. 
  13. EUROPA PRESS (10 de febreiro de 2022). "Mueren seis personas en Somalia en un atentado suicida contra un autobús con delegados electorales". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2023. 
  14. EUROPA PRESS (14 de febreiro de 2022). "Mueren dos militares en un ataque contra un puesto de control en el norte de Malí". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2023. 
  15. Mohammed Dhaysane (16 de febreiro de 2022). es, ed. "Cinco muertos dejan dos ataques terroristas en la capital de Somalia". www.aa.com.tr. Consultado o 26 de xaneiro de 2023. 
  16. EUROPA PRESS (23 de febreiro de 2022). "Mueren cinco soldados chadianos en un ataque achacado a Boko Haram en la cuenca del lago Chad". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2023. 
  17. teleSUR (22 de febreiro de 2022). "Nigeria reporta 10 fallecidos tras ataque terrorista". www.telesurtv.net (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2023. 
  18. Yuliana Lantipo (3 de marzo de 2022). "Papuan Rebels Kill 8 Phone Company Workers in Puncak Regency". www.benarnews.org (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  19. Ghalib Nihad (2 de marzo de 2022). "3 dead, more than 20 injured in blast on Quetta's Fatima Jinnah Road". www.dawn.com (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  20. RTVE.es/EFE (4 de marzo de 2022). "El terrorismo yihadista vuelve a golpear Mali y deja 46 soldados muertos". www.rtve.es (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  21. Ramiro Cué Barberena (4 de marzo de 2022). "Atentado suicida en una mezquita chií en Pakistán deja al menos 56 muertos". www.france24.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  22. efe, afp, rtre, ap (6 de marzo de 2022). "Al menos 15 soldados muertos tras "ataque terrorista" en Siria". www.dw.com/ (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2023. 
  23. Rédaction Africanews e AFP (8 de marzo de 2022). "Peacekeepers and soldiers killed in attacks in Mali". www.africanews.com (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2023. 
  24. Jennifer Hauser, Simone McCarthy, Jomana Karadsheh and Muwafaq Mohammed, CNN (14 de marzo de 2022). "Missiles hit Kurdish capital in Iraq, no casualties, officials say". edition.cnn.com (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2023. 
  25. Agence France-Presse (17 de marzo de 2022). "Suspected Jihadist Attack Kills 21 In Niger". www.voanews.com (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2023. 
  26. efe, afp (19 de marzo de 2022). "Rebeldes hutíes atacan instalación petrolera de Arabia Saudí". www.dw.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  27. Rédaction Africanews con AP (21 de marzo de 2022). "Suspected militants kill 13 soldiers in eastern Burkina Faso". www.africanews.com (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  28. EFE - Nigeria Dayli Post (23 de marzo de 2022). "Masacre atribuida a terroristas en Nigeria se salda con 34 muertos". www.telesurtv.net (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  29. RTVE.es / AGENCIAS (22 de marzo de 2022). "Cuatro muertos en un atentado en un centro comercial al sur de Israel". www.rtve.es (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  30. Omar Faruk (24 de marzo de 2022). "Somali female lawmaker among scores killed by suicide bomber". apnews.com (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  31. Agence France-Presse (26 de marzo de 2022). "Six Niger Troops Killed in Attack Near Burkina Faso Border". www.voanews.com (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  32. AHMED YOSRI e REUTERS (25 de marzo de 2022). "Un ataque terrorista provoca un enorme incendio en instalaciones de Aramco en la ciudad de Yeda". cincodias.elpais.com (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  33. Amaranta Zermeno Jimenez con AFP, EFE (28 de marzo de 2022). "Un atentado con explosivos contra un puesto policial en Bogotá deja 35 heridos y un niño muerto". es.euronews.com (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  34. AFP (27 de marzo de 2022). "Dos muertos y varios heridos en atentado en el norte de Israel". www.elperiodico.com (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  35. JERUSALEM POST STAFF (27 de marzo de 2022). "Terror in Hadera: Two Border Police officers killed in ISIS attack". www.jpost.com (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  36. Hadas Gold, Abeer Salman e Ibrahim Dahman, CNN (30 de marzo de 2022). "Five people shot dead near Tel Aviv, the third attack in Israel in a week". edition.cnn.com (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  37. i24NEWS (8 de abril de 2022). "Tel Aviv: attentat à l'arme à feu, 2 morts et une quinzaine de blessés dont 3 dans un état grave". www.i24news.tv (en francés). Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  38. Le Monde e AFP (8 de abril de 2022). "En Israël, au moins deux morts dans une attaque à Tel-Aviv, l’assaillant tué par les services de sécurité israéliens" (en francés). Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  39. afp/ap/reuters /rr (13 de abril de 2022). "Acusan de terrorismo a sospechoso de ataque en metro de Nueva York". www.dw.com (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2023. 
  40. Al Jazeera, Dawn News e teleSUR-JCM (19 de abril de 2022). "Atentado en escuela para niños deja seis muertos en Afganistán". telesurtv.net (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2022. 
  41. Arnulfo de la Cruz (20 de abril de 2022). "Ataque terrorista en Colombia deja 6 militares muertos". www.xevt.com (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2023. 
  42. AFP (20 de abril de 2022). "Un muerto y cuatro heridos en un atentado en Turquía". www.elmundo.es (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2023. 
  43. EFE, AFP e teleSUR-DRL (21 de abril de 2022). "Explosión en mezquita afgana se salda con 25 muertos". www.telesurtv.net (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2023. 
  44. Redacción OnCuba (22 de abril de 2022). "Atentado terrorista deja decenas de muertos y heridos en Afganistán". oncubanews.com (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2023. 
  45. JORDI JOAN BAÑOS (27 de abril de 2022). "Una terrorista suicida mata a dos profesoras y al director del centro cultural chino en Karachi". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2023. 
  46. Ramiro Cué Barberena (29 de abril de 2022). "Explosión contra mezquita en Kabul deja decenas de víctimas mortales". www.france24.com (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2023. 
  47. Marta Moya Domínguez (6 de maio de 2022). "Israel: tres muertos y cuatro heridos en la ciudad judía ultraortodoxa de Elad". www.france24.com (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  48. mg (afp, Reuters) (7 de maio de 2022). "Once militares muertos en ataque yihadista en Egipto". www.dw.com (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2023.