Lingua tracia
O tracio era unha lingua falada na Antigüidade polos tracios no sueste de Europa. É unha lingua extinta xa que a maioría dos tracios foron helenizados ou romanizados.
Tracio | ||
---|---|---|
Falado en: | na Antigüidade polos tracios nos Balcáns | |
Rexións: | Balcáns | |
Extinción: | século V | |
Familia: | Indoeuropeo Tracio | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -
| |
ISO 639-2: | ine | |
ISO 639-3: | thx
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
Distribución xeográfica
editarExcluíndo o dacio, cuxo status como unha lingua tracia é discutido[1], o tracio era falado por un gran número de persoas no que hoxe é o sur de Bulgaria, partes de Serbia, Macedonia do Norte, norte de Grecia (especialmente antes da expansión dos antigos macedonios), por toda a Tracia (incluíndo a Turquía europea) e en partes da rexión de Bitinia (noroeste da Turquía asiática).
Incluíndo o dacio/xético, era falado en Romanía, norte de Bulgaria, partes de Serbia, de Moldova, Ucraína centro-occidental, Hungría oriental e Eslovaquia.
Fontes
editarPor ser unha lingua extinta con só unhas poucas inscricións, hai pouco coñecemento sobre a lingua tracia, pero coñécense e admítense varias características dela. Algunhas palabras tracias poden atoparse citadas en textos antigos[2].(esta lista exclúe nomes dacios de plantas que aparecen incluídos ás veces):
- asa, palabra besiana para o tusilago.
- cf. lituano asỹs, "ravo picante", letón ašas, "ravo picante, especie de canizo, presa", relacionado ao letón ašs, ass, "afiado, agudo", búlgaro antigo ostrǔ, "afiado, agudo". búlgaro e macedonio ostar, "afiado, agudo". lituano aštrùs, "afiado, agudo".
- bolinthos, "touro salvaxe".
- búlgaro e macedonio vol, "un touro, bisonte", inglés bull, "touro".
- bria, "cidade, vila".
- brynchos, "guitarra".
- dinupula, *sinupyla, "cabaza salvaxe".
- cf. búlgaro e macedonio dinya, "unha sandía", lituano šúnobuolas, "cabaza salvaxe", albanés thënukël, "sangomiño".
- genton, "carne".
- kalamindar, "plátano".
- kemos, "un tipo de froita con folículos".
- ktistai, "tracios vivindo en celibato, monxes".
- mendruta, un nome mesio para a beterraba ou alternativamente a designación do Veratrum nigrum.
- rhomphaia, "unha lanza", despois testemúñase o significado "espada".
- cf. macedonio rofia, "un raio", "a espada de Deus", búlgaro roféya, rufia, "un raio", albanés rrufë, "un raio".
- skalme, "un coitelo, unha espada".
- skarke, "unha moeda".
- spinos, "unha pedra que queima cando se derrama auga sobre ela".
- torelle, "un lamento, unha canción fúnebre".
- zalmos, zelmis, "un esconderixo, pel".
- zeira, zira, "un tipo de gabán (roupa)".
- zelas, "viño".
- ruso zelye, "unha mistura fermentada".
- zetraia, "un bote".
- grego khytra (χύτρα), "bote".
- zibythides, "o nobre tracio, homes e mulleres".
- lituano zhibut, "fogo, luz", macedonio e serbio shibytsa, "unha vara brillante", búlgaro e macedonio shibam, "bater, golpear, azoutar, fustrigar".
Alén diso, hai moitas palabras e probábeis palabras extraídas de antropónimos, topónimos, hidrónimos, orónimos e outros elementos léxicos encontrados en fontes antigas e bizantinas:
- -disza, -diza, -dizos, "unha poboación fortificada".
- cf. eslavo zidati, sozidati, (po)dizati, "construír".
- -para, -pera, -paron, etc, "unha cidade".
Varias probábeis palabras tracias atópanse en inscricións (a maioría delas escritas co alfabeto grego) en edificios, moedas e outros artefactos (ver inscricións abaixo).
Outra fonte do vocabulario tracio son palabras de etimoloxía descoñecida ou contestada encontradas en búlgaro e en macedonio así como no romanés. O albanés é ás veces considerado como descendente do dacio ou do tracio, ou como descendente do ilirio mesturado co daco-tracio. Así, o léxico albanés é outra fonte.
Tamén se propoñen palabras tracias no léxico do grego antigo. Elementos léxicos gregos pode ser que deriven do tracio como, por exemplo, balios, "manchado, colorido", do PIE *bhel-, "brillar". Julius Pokorny tamén cita o ilirio como unha posíbel fonte para bounos, "outeiro, monte".
Inscricións
editarSó se atoparon catro inscricións tracias. Unha está nun anel de ouro encontrado en 1912 na cidade de Ezerovo, en Bulgaria. O anel foi datado no século -V. No anel hai unha inscrición escrita co alfabeto grego que di:
- ΡΟΛΙΣΤΕΝΕΑΣΝ / ΕΡΕΝΕΑΤΙΛ / ΤΕΑΝΗΣΚΟΑ / ΡΑΖΕΑΔΟΜ / ΕΑΝΤΙΛΕΖΥ / ΠΤΑΜΙΗΕ / ΡΑΖ / ΗΛΤΑ
- rolisteneasn / ereneatil / teanēskoa / razeadom / eantilezu / ptamiēe / raz / ēlta
O significado da inscrición é descoñecido e non se parece a ningunha lingua coñecida. Estudosos de tracio como Georgiev e Dechev propuxeron varias traducións para a inscrición, pero son só conxecturas.
Unha segunda inscrición foi encontrada en 1965 preto da vila de Kyolmen, na provincia de Shumen, datada do século -VI. Consiste en 56 letras do alfabeto grego, probabelmente un epitafio tumulario semellante aos frixios:
- ΕΒΑΡ. ΖΕΣΑΣΝ ΗΝΕΤΕΣΑ ΙΓΕΚ.Α / ΝΒΛΑΒΑΗΕΓΝ / ΝΥΑΣΝΛΕΤΕΔΝΥΕΔΝΕΙΝΔΑΚΑΤΡ.Σ
- ebar. zesasn ēnetesa igek.a / nblabaēgn / nuasnletednuedneindakatr.s
Unha terceira inscrición está novamente nun anel, encontrado en Duvanli, na provincia de Plovdiv, preto da man esquerda dun esqueleto. Data do século -V. O anel ten a imaxe dun cabaleiro coa inscrición envolvendo a imaxe. Está apenas parcialmente lexíbel:
- ΗΖΙΗ..... ΔΕΛΕ / ΜΕΖΗΝΑΙ
- ēziē..... dele / mezēnai
ΜΕΖΗΝΑΙ probabelmente corresponde a Menzana, o "cabalo deus" mesapio, a quen se sacrificaban cabalos, comparábel tamén ao albanés mes, mezi e ao romanés mânz, "poldro", derivado do PIE *mend(i)-, "cabalo".
Estas son as maiores inscricións preservadas. As restantes son na maioría palabras illadas ou nomes en vasillas e outros artefactos. Alén diso, elementos léxicos tracios atopáronse en inscricións en grego e en latín.
Nunha inscrición latina de Roma que trata dun cidadán da provincia romana de Tracia, encóntrase a frase Midne potelense. Isto é interpretado como a indicación do lugar tracio de orixe, Midne sendo visto como o equivalente tracio do latín vico "vila". Se isto fose correcto, a palabra tracia ten un cognato próximo en letón (mitne, "unha residencia"), unha lingua báltica. Podería ser asociada tamén co termo búlgaro para "lugar de residencia", mitnitsa.
Extinción
editarA maioría dos tracios foron finalmente helenizados (na provincia da Tracia) ou romanizados (na Moesia, Dacia etc.), cos últimos remanentes sobrevivindo en áreas remotas ata o século V[3].
Notas
editar- ↑ Isto confírmase entre outros por Benjamin W. Fortson no seu Indo-European Language and Culture (Lingua e Cultura Indoeuropeas), cando afirma que "todas as tentativas para relacionar o tracio ao frixio, ilirio, ou dacio... son... puramente especulativas" (p. 90)
- ↑ Duridanov, Ivan. "The Language of the Thracians".
- ↑ R. J. Crampton (1997). A Concise History of Bulgaria. Cambridge University Press. pp. p. 4. ISBN 0-521-56719-X.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- I. I. Russu, Limba Traco-Dacilor / Die Sprache der Thrako-Daker, Bucarest (1967, 1969)
- V.I. Georgiev, Introduction to the History of the Indo-European Languages, Sofia (1981).
- V.I. Georgiev, The Genesis of the Balkan Peoples, in: The Slavonic and East European Review, Vol. 44, No. 103 (Jul., 1966) *Paul Kretschmer, "Glotta", in: Zeitschrift für griechische und lateinische Sprache 7 (1915).
- J.H. Holst, "Armenische Studien", Wiesbaden (2009).
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarEn inglés:
- The Language of the Thracians, an English translation of Ivan Duridanov's 1975 essay Ezikyt na trakite
- Glosario Tracio