Lingua dacia
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A lingua dacia foi unha lingua indoeuropea falada polo pobo antigo dos dacios. Considérase que foi unha variante setentrional do tracio ou ben que ambas linguas eran parentes próximos.
Dacio | ||
---|---|---|
Falado en: | rexión correspondente ás actuais Romanía, Moldavia, parte de Ucraína, Hungría, Serbia, e norte de Bulgaria | |
Extinción: | probabelmente arredor do século VI AdC[1] | |
Familia: | Indoeuropea Dacio | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ine | |
ISO 639-3: | xdc
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
Moitas das características do dacio son descoñecidas ou discutidas. Non hai apenas documentos escritos en dacio. O que se coñece da devandita lingua provén dos topónimos, hidrónimos, nomes propios (nomes de reis incluídos) e nomes dacios dunhas cincuenta plantas escritas por fontes gregas e romanas, das palabras do substrato contidas na moderna lingua romanesa, a lingua falada hoxe en case todos os territorios que os dacios poboaron: hai preto de 400 palabras de orixe descoñecida (como brânza = queixo, balaur = dragón, vatrâ= forno antigo de pan etc.), algunhas das cales teñen cognados en albanés. Estas palabras poderían provir dos restos do antigo dacio, así como das inscricións en dacio; Decebalus Per Scorilo é a maior inscrición coñecida. O poeta romano Ovidio afirmaba ter aprendido dacio tras ter sido exiliado a Tomis (hoxe Constanţa) en Dacia. Nas súas obras Tristes e Epistulae ex Ponto contaba que compuxo poemas en lingua dacia. Se os poemas existiron, non se preservaron.
Distribución xeográfica Editar
O dacio era unha das máis extensas linguas da Europa sudoriental, estendéndose a partir do leste da actual Hungría ata a costa do Mar Negro. De acordo cos achados arqueolóxicos, as orixes da cultura dacia poderían situarse en Moldavia, identificada como a evolución da Cultura de Besarabia na Idade de Ferro.
Evolución fonética a partir do Protoindoeuropeo Editar
- Ver artigo principal: Evolución fonética do protoindoeuropeo ao dacio.
As consoantes sonoras aspiradas *bh- e *dh en PE convertéronse en sonoras: b, d (dacio -dava < PE *dhe-, "fixar, sistematizar" etc.). PE *b- permanece como b (dacio -balus; kinuboila < -uboila < PE *abel- etc.), e *d permanece como d- (dacio Decebalus etc.).
Unha correspondencia atopada entre dacio e tracio é unha variación de vogal, a (dacio)/e (tracio): cfr. dacio Zalm- (< Zalmoxis. Isto presupón que Zalm- en Zalmoxis deriva do PE *kel-, "cubrir", e polo tanto coincide co mesmo étimo do tracio zelmis, que seguramente deriva do PEÉ *kel-. Porén, unha etimoloxía oposta afirma que Zalm- debería ser considerada unha variante de Zamol-, do PE *dhghom-, "terra"; esta derivación é rexeitada por outros lingüistas aducindo varias razóns, como que as fontes máis antigas testemuñan a forma Zalmoxis, non Zamolxis. Pero os partidarios do étimo *dhghom- apóianse no nome do deus terrestre lituano, Zjameluks.), tracio zelmis (< PE *kel-, "cubrir"), "pel, coiro"; dacio Zald- (< Zaldapa), tracio zeltas (< PE *ghel-, "resplandecer"); dacio reconstruído *barz- (< romanés barza, "cegoña"), tracio Berz- (< Berzobis, Berzana; PE *bherəg-, "branco"); v. Olteanu et al. Esta é unha das numerosas evidencias a favor da existencia dunha rama daco-tracia do indoeuropeo.
Clasificación Editar
Na década de 1950, o lingüista búlgaro Vladimir Georgiev publicou unha obra onde se demostraba que a fonoloxía da lingua dacia é próxima á do albanés, contribuíndo así á hipótese de que o dacio pertencese á mesma rama que o albanés, unha grupo denominado Daco-Moesio (ou Daco-Misio), onde o moesio (ou misio) sería un dialecto de transición entre o dacio e o tracio. Hai cognados entre daco-tracio e albanés que poderían ser a evidencia da afinidade lingüística daco-tracia-albanesa, e moitas palabras de substrato en romanés teñen a súa correspondencia en albanés.
Extinción Editar
Non se coñece con claridade cando deixou de falarse exactamente a lingua dacia, nin se ten descendentes vivos. A conquista romana inicial de parte de Dacia non terminou coa lingua, xa que tribos libres de dacios como os carpianos puideron haber continuado usándoa en Moldavia e rexións limítrofes ata o século VI ou VII, onde influíu en certa maneira na formación das linguas eslavas.
De acordo cunha hipótese, unha rama do dacio continuou coa lingua albanesa (Bogdan Hasdeu 1901); outra hipótese conecta o albanés non co dacio, senón coas linguas ilirias.
O dacio como substrato do proto-romanés Editar
O dacio podería haber formado gran parte do substrato do protorromanés, que se desenvolveu a partir do latín vulgar falado nos Balcáns ao norte da liña Jirecek, que divide as zonas de influencia de latín e grego.
Está baixo discusión se o dacio conforma realmente o substrato do protorromanés (ver Orixe dos romaneses), así coma se esta teoría non relaciona a romanización da Dacia, xa que o dacio era falado tamén en Moesia e ao sur e norte de Dardania. Preto de 300 palabras nas linguas romances orientais (romanés, arumano, megleno-romanés, istro-romanés) poderían derivar do dacio, xa que moitas dela posúen un carácter satem, como se esperaría de palabras daco-tracias (ver Substrato romance oriental).
Véxase tamén Editar
Notas Editar
- ↑ multitree.org (ed.). "Dacian at Multitree". Consultado o 27 de novembro de 2019.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua dacia |
Ligazóns externas Editar
- Hipótese sobre a transformación de Dacio e Tracio de linguas Centum a Satem (en inglés)
- Libros escritos polo lingüista Sorin Paliga acerca das influencias do tracio e protorromanés nas linguas eslavas (en inglés)
- Sitio sobre lingua, cultura e civilización dacia (en inglés)
- Linguae Imperii (Linguas balcánicas)