Lingua cherokee
O cherokee[10] (en cherokee: Ꮳꮃꭹ ꭶꮼꮒꭿꮝꮧ Tsalagi gawonihisdi) é unha lingua americana da familia iroquesa,[11] falada polo pobo cherokee.[5][6][7] É a única lingua da familia iroquesa do sur e difire significativamente das outras linguas iroquesas.[12] O cherokee é unha lingua polisintética[13] e emprega un sistema de escritura único, o silabario cherokee.[14]
Cherokee Ꮳꮃꭹ ꭶꮼꮒꭿꮝꮧ Tsalagi gawonihisdi' | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [dʒalaˈɡî ɡawónihisˈdî] (dialecto de Oklahoma) | |
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Oklahoma e Qualla Boundary, Carolina do Norte[1][2] Tamén en Arcansas.[3] | |
Total de falantes: | 1520 a ~2100 (2018 e 2019)[4] | |
Familia: | Americana Iroqués Iroqués do sur Cherokee | |
Escrita: | Silabario cherokee, latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Nación cherokee[5][6][7][8] de Oklahoma | |
Regulado por: | United Keetoowah Band Department of Language, History, & Culture[6][7] Council of the Cherokee Nation | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | chr
| |
ISO 639-2: | chr | |
ISO 639-3: | chr
| |
SIL: | NAV
| |
Mapa | ||
Localización orixinal dos falantes de cherokee. Distribución actual. | ||
Status | ||
Hoxe en día, o cherokee é unha das linguas indíxenas de Norte América con maior saúde, cunha abondosa documentación da lingua, sendo a lingua nativa americana con maior literatura publicada.[15] Entre estas publicacións están un dicionario e unha gramática así como partes traducidas do Novo Testamento da Biblia entre 1850–1951,[11] e o Cherokee Phoenix (ᏣᎳᎩ ᏧᎴᎯᏌᏅᎯ, Tsalagi Tsulehisanvhi), o primeiro xornal publicado polos nativos americanos nos Estados Unidos de América e o primeiro en publicarse nunha lingua indíxena.[16][17] Un significante número de falantes de cherokee de tódalas idades[18] viven en Qualla Boundary en Cherokee, Carolina do Norte e en varios condados da Nación cherokee de Oklahoma, salientando Cherokee, Sequoyah, Mayes, Adair e Delaware. Un número crecente de mozos cherokee están a renovar o interese polas tradicións, a historia e a lingua dos seus devanceiros.[18]
Está considerada unha das linguas máis difíciles de aprender entre anglofalantes.[5] Isto é debido por mor da natureza polisintética da lingua,[5] o cal implica que as verbas están formadas por varias partes.[5] As palabras constrúense para transmitir unha afirmación, o seu contexto, e unha serie de connotacións sobre o falante, a acción e o obxecto da acción. A complexidade do cherokee amósase nos verbos, que forman o 75% do corpus da lingua, en contraste do 25% da lingua inglesa.[5] Os verbos poden conter como mínimo cun prefixo pronominal, unha raíz verbal, un sufixo de aspecto e un sufixo modal.[19]
Clasificación
editarO cherokee é unha lingua iroquesa, e a única da póla iroquesa do sur que aínda se fala. Os lingüistas cren que o pobo cherokee emigrou cara ao sueste dende a rexión dos Grandes Lagos contra o século XVIII, levando con eles a súa lingua. Malia a distancia xeográfica e temporal, a lingua aínda amosa algunhas semellanzas con outras linguas dos Grandes Lagos, como o mohawk, o onondaga, o seneca ou o tuscarora.
Historia
editarLiteratura
editar- Artigo principal: Sequoyah.
Antes do desenvolvemento do silabario cherokee na década de 1820, o cherokee só era unha lingua falada. O silabario foi inventado por Sequoyah para escribir a lingua a finais da década de 1810 e comezos da de 1820. A súa creación e particularmente salientable porque previamente Sequoyah non sabía ler nin escribir. Primeiro experimentou con logogramas, pero despois o seu sistema evolucionaría nun silabario. Cada símbolo representa unha sílaba e non un fonema; os 85 (orixinalmente 86)[20] caracteres do silabario cherokee proporcionan unha forma axeitada de escribir cherokee. Algúns símbolos aseméllanse a letras latinas, gregas e mesmo cirílicas, mais os sons son completamente diferentes (por examplo, o son /a/ escríbese coa letra que no alfabeto latino semella un D).
Arredor do ano 1809, Sequoyah comezou a traballar nun sistema de escritura para a lingua cherokee.[21] Ó comezo, pensou en crear un carácter para cada palabra na súa lingua. Estivo un ano completo traballando niso, e deixando as súas leiras sen plantar, polo que os seus veciños e amigos coidaron que perdera a cabeza.[22][23] Sábese que a súa muller queimou o seu traballo inicial, xa que cría que era cousa de meigallos.[21] Ó cabo decatouse que os seus esforzos non eran prácticos porque requirirían moitos debuxos que debían ser lembrados. Despois intentou crear un símbolo para cada idea, pero tamén causaría moitos problemas para ser práctico.[24]
Sequoyah non tivo éxito até que desistiu en representar palabras enteiras e desenvolveu un símbolo para cada sílaba na súa lingua. Após aproximadamente un mes, tiña un sistema con 86 caracteres, algúns dos cales eran letras do alfabeto latino que obtivo dun libro de deletreado.[22] «Na súa forma actual, moitos dos caracteres do silabario semellan letras romanas, gregas, cirílicas ou numerais árabes —declarou Janine Scancarelli, un estudoso da escrita cherokee—, pero non existe relación aparente entre os sons con outras linguas e o cherokee».[21][25]
Sendo incapaz de atopar adultos que quixeran aprender o seu silabario, ensinoullo á súa filla, Ayokeh (tamén escrito Ayoka).[21] Langguth di que daquela a nena só tiña seis anos.[26] Tamén viaxou até as reservas indias do Territorio de Arcansas onde se asentaran outros cherokees. Cando intentou convencer ós líderes tribais da utlidade do silabario, eles dubidaron del, crendo que os símbolos eran simples recordadores. Sequoyah preguntoulles a cada un por unha verba, que despois escribiu, e chamou pola súa filla para que lese as palabras. Esta demostración convenceu ós líderes, que lle permitiron ensinar o silabario a unhas cantas persoas máis. Isto levoulle uns poucos meses, durante os cales rumoreábase que estaba a usar ós estudantes para facer bruxería. Despois de completar as leccións, Sequoyah escribiu unha carta ditada para cada estudante, e despois leu unha resposta ditada. Esta proba convenceu ós cherokees occidentais de que creara un sistema de escritura práctico.[23]
Cando Sequoyah regresou ó leste, levou canda si un sobre pechado que contiña un discurso escrito dun dos líderes cherokees de Arcansas. Lendo o seu discurso, convenceu ós cherokees occidentais para que tamén aprendesen o sistema, despois do cal espallouse axiña entre este pobo.[22][23] En 1825, a Nación cherokee adoptou oficialmente o sistema de escrita. Dende 1828 a 1834, os misioneiros americanos axudaron ós cherokees a empregar o silabario de Sequoyah para desenvolver e imprimir Cherokee Phoenix, o primeiro xornal da Nación cherokee, con texto en cherokee e inglés.[27]
En 1826, o Consello Nacional cherokee encargoulles a George Lowrey e a David Brown que traduciran e imprimisen oito copias das leis da Nación cherokee usando o sistema de Sequoyah.[24] Unha vez que Albert Gallatin viu unha copia do silabario de Sequoyah, adoptou o silabario superior ó alfabeto inglés. Malia que o estudante debe aprender 85 caracteres no canto de 26, é posible ler moi axiña. Un estudante pode conseguir nunhas poucas semanas o que os estudantes da escritura latina poden aprender en dous anos.[26]
En 1824, o Consello Xeral dos cherokees do leste galardoaron a Sequoyah cunha medalla de prata na honra do seu silabario. Segundo Davis, un lado da medalla levaba a súa imaxe rodeada pola inscrición en inglés, «Presentado a George Gist polo Consello Xeral Cherokee polo seu enxeño na invención do alfabeto Cherokee». O envés amosaba dúas longas pipas e a inscrición escrita en cherokee. Supostamente, Sequoyah levou a medalla polo resto da súa vida e foi enterrada con ela.[24]
No 1825, a Biblia e numerosos himnos e panfletos, materiais educativos, documentos legais e libros foron traducidos ó cherokee. Miles de membros da tribo aprenderon a ler e escribir e a literatura cherokee no silabario e a taxa de alfabetización en silabario era meirande que a dos brancos en alfabeto inglés.
Malia que o uso do silabario diminuíu despois de que moitos cherokee foran recolocados no Territorio indio, actual Oklahoma, sobreviviu en correspondencia privada, representacións da Biblia, e descricións da medicina india[28] e hoxe pode atoparse en libros e páxinas de Internet.
Case douscentos anos despois, John Standingdeer Jr. descubriu que os 85 caracteres de Sequoyah podían ser divididos en 16 sons básicos. Tamén desenvolveu un software para axudar á xente a aprender a lingua.[29]
Fonoloxía
editarO cherokee só ten consoante labial, m–que é relativamente nova para a lingua. O dialecto baixo perdeu este son, que foi substituído por "w" no seu canto. A lingua tamén carece de p e b. No caso de p, qw é empregado a miúdo como substituto (como no caso do nome cherokee da Wikipedia, Wiɣiqwejdiʃ).
Consoantes
editarO cherokee ten once consoantes fonémicas:
Labial | Alveolar | Palatal | Velar | Glotal | |
---|---|---|---|---|---|
Oclusiva | t | k | ʔ | ||
Africada | ʦ | ||||
Fricativa | s | h | |||
Nasal | m | n | |||
Aproximante | l | j | ɰ |
Vocais
editarO cherokee ten seis vogais fonémicas:
Anterior | Media | Posterior | |
---|---|---|---|
Pechada | i | u | |
Intermedia | e | ə̃ | o |
Aberta | a |
Ditongo
editarO cherokee posúe un único ditongo nativo:
- /ai/
Como excepción atópase o uso moderno en Oklahoma da palabra automóbil, que ten os fonemas ingleses de /ɔ/ e /b/.
Ton
editarO cherokee é unha lingua tonal.
Silabario cherokee
editar- Artigo principal: Silabario cherokee.
O cherokee escríbese mediante un silabario inventado por Sequoyah. Neste sistema, cada símbolo representa unha sílaba e non un fonema. Os 85 caracteres do silabario cherokee ofrecen un método axeitado de escritura para a súa lingua. Aínda que algúns símbolos aseméllanse ás letras do alfabeto latino, os sons son completamente diferentes.
Vogal Consoante |
a | e | i | o | u | v | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
— | Ꭰ a | Ꭱ e | Ꭲ i | Ꭳ o | Ꭴ u | Ꭵ v | ||||
g | Ꭶ ga | Ꭷ ka | Ꭸ ge | Ꭹ gi | Ꭺ go | Ꭻ gu | Ꭼ gv | |||
h | Ꭽ ha | Ꭾ he | Ꭿ hi | Ꮀ ho | Ꮁ hu | Ꮂ hv | ||||
l | Ꮃ la | Ꮄ le | Ꮅ li | Ꮆ lo | Ꮇ lu | Ꮈ lv | ||||
m | Ꮉ ma | Ꮊ me | Ꮋ mi | Ꮌ mo | Ꮍ mu | |||||
n | Ꮎ na | Ꮐ nah | Ꮏ hna | Ꮑ ne | Ꮒ ni | Ꮓ no | Ꮔ nu | Ꮕ nv | ||
qu | Ꮖ qua | Ꮗ que | Ꮘ qui | Ꮙ quo | Ꮚ quu | Ꮛ quv | ||||
s | Ꮝ s | Ꮜ sa | Ꮞ se | Ꮟ si | Ꮠꮠ so | Ꮡ su | Ꮢꮢ sv | |||
d/t | Ꮣ da | Ꮤ ta | Ꮥ de | Ꮦ te | Ꮧ di | Ꮨ ti | Ꮩ do | Ꮪ du | Ꮫ dv | |
tl | Ꮬ dla | Ꮭ tla | Ꮮ tle | Ꮯ tli | Ꮰ tlo | Ꮱ tlu | Ꮲ tlv | |||
ts | Ꮳ tsa | Ꮴ tse | Ꮵ tsi | Ꮶ tso | Ꮷ tsu | Ꮸ tsv | ||||
w | Ꮹ wa | Ꮺ we | Ꮻ wi | Ꮼ wo | Ꮽ wu | Ꮾ wv | ||||
y | Ꮿ ya | Ᏸ ye | Ᏹ yi | Ᏺ yo | Ᏻ yu | Ᏼ yv |
En computadoras
editarO cherokee represéntase en Unicode, nos intervalos de caracteres U+13A0-U+13F4 e U+AB70-U+ABFF.
|
|
Vocabulario
editarNúmeros
editarO cherokee emprega números arábigos (0–9), xa que o consello votou non adoptar o sistema numérico de Sequoyah.[30]. Sequoyah creou símbolos individuais para 1–20, 30, 40, 50, 60, 70, 80, 90, 100 así como un símbolo de tres ceros para representar os millares e un símbolo de seis ceros para os millóns.
Galego | Cherokee[31] | Transliteración |
---|---|---|
un | ꮠꮼ | sowo |
dous | ꮤꮅ | tali |
tres | ꮶꭲ | tsoi |
catro | ꮕꭹ | nvgi |
cinco | ꭿꮝꭹ | hisgi |
seis | ꮡꮣꮅ | sudali |
sete | ꭶꮅꮙꭹ | galiquogi |
oito | ꮷꮑꮃ | tsunela |
nove | ꮠꮑꮃ | sonela |
dez | ꮝꭺꭿ | sgohi |
once | ꮜꮪ | sadu |
doce | ꮤꮅꮪ | talidu |
trece | ꮶꭶꮪ | tsogadu |
catorce | ꮒꭶꮪ | nigadu |
quince | ꭿꮝꭶꮪ | hisgadu |
dezaseis | ꮣꮃꮪ | daladu |
dezasete | ꭶꮅꮖꮪ | galiquadu |
dezaoito | ꮑꮃꮪ | neladu |
dezanove | ꮠꮑꮃꮪ | soneladu |
vinte | ꮤꮅꮝꭺꭿ | talisgohi |
Días
editarGalego | Cherokee[31][32] | Transliteración |
---|---|---|
Días da semana | ꭿꮈꮝꭹꭲꭶ | hilvsgiiga |
domingo | Ꭴꮎꮩꮣꮖꮝꭼ | unadodaquasgv |
luns | Ꭴꮎꮩꮣꮙꮕꭿ | unadodaquohnvhi |
martes | Ꮤꮅꮑꭲꭶ | talineiga |
mércores | Ꮶꭲꮑꭲꭶ | tsoineiga |
xoves | Ꮕꭹꮑꭲꭶ | nvgineiga |
venres | Ꮷꮎꭹꮆꮝꮧ | junagilosdi |
sábado | Ꭴꮎꮩꮣꮘꮥꮎ | unadodaquidena |
Meses
editarGalego | Cherokee | Transliteración |
---|---|---|
xaneiro | Ꮪꮓꮈꮤꮒ | dunolvtani |
febreiro | Ꭷꭶꮅ | kagali |
marzo | Ꭰꮔᏹ | anuyi |
abril | Ꭷꮹꮒ | kawani |
maio | Ꭰꮎꭰꭼꮨ | anaagvti |
xuño | Ꮥꭽꮇᏹ | dehaluyi |
xullo | Ꭻᏸꮙꮒ | guyequoni |
agosto | Ꭶꮆꮒꭲ | galonii |
setembro | Ꮪꮅꭲꮝꮧ | duliisdi |
outubro | Ꮪꮒꮕꮧ | duninvdi |
novembro | Ꮔꮣꮥꮖ | nudadequa |
decembro | Ꭵꮝꭹꭶ | vsgiga |
Cores
editarGalego | Cherokee | Transliteración |
---|---|---|
negro | ꭼꮎꭸꭲ | gvnagei |
azul | ꮜꭺꮒꭸꭲ | sagonigei |
marrón | ꭴꮼꮧꭸ | uwodige |
verde | ꭲꮴꭲᏻꮝꮧ | itseiyusdi |
gris | ꭴꮝꭺꮈ ꮜꭺꮒꭸ | usgolv sagonige |
dourado | ꮣꮆꮒꭸꭲ | dalonigei |
laranxa | ꭰꮜꮆꮒꭸ | asalonige |
rosa | ꭹꭶꭸꭲᏻꮝꮧ | gigageiyusdi |
morado | ꭹꭸꮝꮧ | gigesdi |
vermello | ꭹꭶꭸ | gigage |
prateado | ꭰꮥꮈ ꭴꮑꭼ | adelv unegv |
branco | ꭴꮑꭶ | unega |
amarelo | ꮣꮆꮒꭸ | dalonige |
Notas
editar- ↑ Neely, Sharlotte (15 de marzo de 2011). University of Georgia Press, ed. Snowbird Cherokees: People of Persistence. The New World of Harmony. pp. 147–148. Consultado o 22 de maio de 2014.
- ↑ Frey, Ben (2005). North Carolina Museum of History, ed. "A Look at the Cherokee Language" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xuño de 2013. Consultado o 22 de maio de 2014.
- ↑ Endangered Languages Project (ed.). "Cherokee". Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ McKie, Scott (27 de xuño de 2019). "Tri-Council declares State of Emergency for Cherokee language". Cherokee One Feather. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2019. Consultado o 2 de xullo de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 University of Minnesota: Center for Advanced Research on Language Acquisition, ed. (2008). "The Cherokee Nation & its Language" (PDF). Consultado o 17 de abril de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Keetoowah Cherokee News: Official Publication of the United Keetoowah Band of Cherokee Indians in Oklahoma, ed. (abril de 2009). "Keetoowah Cherokee is the Official Language of the UKB" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xullo de 2014. Consultado o 1 de xuño de 2014.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 United Keetoowah Band of Cherokee Indians (ed.). "Language & Culture". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2014. Consultado o 1 de xuño de 2014.
- ↑ United Keetoowah Band of Cherokee Indians (ed.). "UKB Constitution and By-Laws in the Keetoowah Cherokee Language (PDF)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de febreiro de 2016. Consultado o 2 de xuño de 2014.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definición de cherokee* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ 11,0 11,1 Ethnologue: Languages of the World, ed. (2013). "Cherokee: A Language of the United States". Consultado o 22 de maio de 2014.
- ↑ Feeling, "Dictionary," p. viii
- ↑ Montgomery-Anderson, Brad (xuño de 2008). "Citing Verbs in Polysynthetic Languages: The Case of the Cherokee-English Dictionary". Southwest Journal of Linguistics 27. Consultado o 22 de maio de 2014.
- ↑ http://www.omniglot.com/ (ed.). "Cherokee Syllabary". Consultado o 22 de maio de 2014.
- ↑ Native Languages of the Americas (ed.). "Native Languages of the Americas: Cherokee (Tsalagi)". Consultado o 22 de maio de 2014.
- ↑ LeBeau, Patrik. Term Paper Resource Guide to American Indian History. Greenwoord. Westport, CT: 2009. p132.
- ↑ Woods, Thomas E. Exploring American History: Penn, William – Serra, Junípero Cavendish. Tarrytown, NY: 2008. p829.
- ↑ 18,0 18,1 Thompson, Irene (6 de agosto de 2013). http://aboutworldlanguages.com/, ed. "Cherokee". Consultado o 22 de maio de 2014.
- ↑ Feeling et al., "Verb" p. 16
- ↑ Sturtevant & Fogelson 2004, p. 337.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 Wilford, John Noble (22 de xuño de 2009). New York Times, ed. "Carvings From Cherokee Script's Dawn". Consultado o 23 de xuño de 2009.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 G. C. (13 de agosto de 1820). Cherokee Phoenix, ed. "Invention of the Cherokee Alphabet" 1 (24).
- ↑ 23,0 23,1 23,2 Boudinot, Elias (1 de abril de 1832). American Annals of Education, ed. "Invention of a New Alphabet".
- ↑ 24,0 24,1 24,2 Davis, John B. Chronicles of Oklahoma. Vol. 8, Number 2. "The Life and Work of Sequoyah." June 1930. Consultado o 4 de abril de 2013.[1] Arquivado 28 de outubro de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ "In their present form, many of the syllabary characters resemble Roman, Cyrillic or Greek letters or Arabic numerals," "but there is no apparent relationship between their sounds in other languages and in Cherokee."
- ↑ 26,0 26,1 Langguth, p. 71
- ↑ "Sequoyah" Arquivado 16 de novembro de 2007 en Wayback Machine., New Georgia Encyclopedia, consultado o 3 de xaneiro de 2009
- ↑ Encyclopedia Britannica (ed.). "Cherokee language". Consultado o 22 de maio de 2014.
- ↑ Neal, Dale (4 de xaneiro de 2016). Asheville Citizen-Times, ed. "Cracking the code to speak Cherokee".
- ↑ Inter tribal (ed.). "Cherokee". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2011. Consultado o 25 de febreiro de 2016.
- ↑ 31,0 31,1 omniglot.com (ed.). "Numbers in Cherokee". Consultado o 18 de maio de 2015.
- ↑ cherokee.org (ed.). "Dikaneisdi (Word List)". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2015. Consultado o 18 de maio de 2015.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua cherokee |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua cherokee |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Bruchac, Joseph. Aniyunwiya/Real Human Beings: An Anthology of Contemporary Cherokee Prose. Greenfield Center, N.Y.: Greenfield Review Press, 1995. ISBN 978-0-912678-92-4
- Cook, William Hinton (1979). A Grammar of North Carolina Cherokee. Ph.D. diss., Yale University. OCLC 7562394.
- King, Duane H. (1975). A Grammar and Dictionary of the Cherokee Language. Ph.D. diss., University of Georgia. OCLC 6203735.
- Lounsbury, Floyd G. (1978). "Iroquoian Languages". in Bruce G. Trigger (ed.). Handbook of North American Indians, Vol. 15: Northeast. Washington, D.C.: Smithsonian Institution. pp. 334–343. OCLC 12682465.
- Munro, Pamela (ed.) (1996). Cherokee Papers from UCLA. UCLA Occasional Papers in Linguistics, no. 16. OCLC 36854333.
- Pulte, William, and Durbin Feeling. 2001. "Cherokee". In: Garry, Jane, and Carl Rubino (eds.) Facts About the World's Languages: An Encyclopedia of the World's Major Languages: Past and Present. Nova York: H. W. Wilson. (Consultado no Proxecto Rosetta)
- Scancarelli, Janine (1987). Grammatical Relations and Verb Agreement in Cherokee. Ph.D. diss., Universidade de California, Os Ánxeles. OCLC 40812890.
- Scancarelli, Janine. "Cherokee Writing." The World's Writing Systems. 1998: Section 53.