Coordenadas: 35°30′N 83°16′O / 35.500, -83.267

O Qualla Boundary (ou The Qualla) é o territorio federalmente recoñecido onde reside a banda oriental de indios cherokee, que se atopa no oeste de Carolina do Norte. A área forma parte do territorio histórico dos cherokee. O territorio non é tecnicamente unha reserva india, xa que a terra non foi "reservada" polo goberno federal senón que foi mercada pola tribo na década de 1870 e posteriormente estivo baixo protección federal.[1][2] Os individuos poden mercar, posuír e vender a terra sempre que sexan membros da tribo da banda oriental cherokee.

Sinal de entrada do territorio.
Centro de Artes e Oficios en Qualla Center, en Cherokee, Carolina do Norte.

Localización editar

 
Mapa de Qualla Boundary (circa 1890).

A parte principal de Qualla Boundary encóntrase nos condados de Swain e o norte de Jackson (xusto ó sur do Parque Nacional das Grandes Montañas Fumegantes). Hai moitas pequenas seccións non contiguas no sueste nas zonas de Marble, Hiawassee e Hanging Dog do Condado de Cherokee e a comunidade Snowbird de Graham County, Carolina do Norte. A superficie total é de 213.934 km², cunha poboación residente de 8 092 persoas, segundo un censo do ano 2000.

Historia editar

O Qualla Boundary foi explorado por primeira vez en 1876 por M.S. Temple baixo a dirección da Oficina de terras dos Estados Unidos. Estas terras foron plasmadas nun mapa publicado como o "Mapa da Reserva India de Qualla".[3]

O Qualla Boundary non é unha reserva indíxena, senón unha "cesión de terras" supervisada polo Bureau of Indian Affairs dos Estados Unidos. A terra é un fragmento da terra tradicional do pobo cherokee. Foi considerado parte da Nación Cherokee durante o século XIX antes dos tratados e a deportación masiva dos indíxenas de 1830. William Thomas, adoptado como un fillo polo xefe Yonaguska, comprou gran parte das terras para uso dos cherokee que permaneceron en Carolina do Norte tras a deportación.[2] Aínda que fora asimilado como un cherokee, era branco e quen de mercar terra, cousa que os cherokee non podía. Os cherokee organizáronse e formaron unha corporación en 1870 para poder mercar e posuír terras adicionais.[1]

Un sinal do Departamento do Interior dos Estados Unidos de América titulado "Qualla Indian Reservation" di o seguinte:

O dominio cherokee outrora estendíanse moito máis alá das montañas distantes, pero o home branco, con tratados rotos e promesas infrutíferas, trouxo problemas para os indios e causou o seu afastamento para unha reserva de Oklahoma. Poucos escaparon da captura e fuxiron para o Parque Nacional das Grandes Montañas Fumegantes, eventualmente formando a Banda Oriental, que agora vive na Reserva Qualla no val de abaixo.

Representación nos medios de comunicación editar

A mediados dos anos 1950, Disney fixo unha serie de televisión dividida en cinco partes, Davy Crockett (protagonizada por Fess Parker) que foi rodada alí.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "History & Culture". Eastern Band of Cherokee. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2015. Consultado o 15 de abril de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Qualla Boundary, NCPedia.org (consultado o 15 de abril de 2015)
  3. "Map of the Qualla Indian Reserve (Boundary) N.C. :: North Carolina Maps". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2012. Consultado o 30 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar