Lingua tuscarora
A lingua tuscarora, cuxo autoglotónimo é skarò˙rə̨ˀ, é unha lingua morta que pertence á familia iroquesa e que foi falada outrora polo pobo tuscarora. Falouse no sur de Ontario, no Canadá, en Carolina do Norte e o noroeste do estado de Nova York na área das cataratas do Niágara, nos Estados Unidos, antes de extinquirse en 2020. A patria histórica dos tuscarora estaba no leste de Carolina do Norte, dentro e arredor de Goldsboro, Kinston e Smithfield.
Tuscarora Ska꞉rù꞉ręʼ, skarò˙rə̨ˀ | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /ˌtʌskəˈrɔːrə/ | |
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Reserva das Seis Nacións | |
Extinción: | 2 de decembro de 2020 | |
Familia: | Americana Iroqués Iroqués do norte Tuscarora-nottoway Tuscarora | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | tus
| |
Mapa | ||
Status | ||
O termo tuscarora (/ˌtʌskəˈrɔːrə/ quere dicir "xente do cánabo", xa que o cánabo era empregado en moitos aspectos da súa sociedade. Skarureh refírese á camisa longa que se usa como parte dos agasallos dos homes, polo que o nome significa literalmente "xente de camisa longa".
O derradeiro falante fluído de tuscarora morreu en 2020. A mediados da década de 1970, 50 persoas falábano na Reserva Tuscarora (Lewiston, Nova York) e na Reserva das Seis Nacións (preto de Brantford, Ontario). O Colexio Tuscarora de Lewiston esforzouse por manter viva a Tuscarora como lingua patrimonial ensinando aos nenos dende o xardín de infancia ata o sexto curso.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |
Bibliografía
editar- Rudes, Blair A. (1999). Tuscarora-English / English-Tuscarora Dictionary. Toronto, Ontario, Canadá: University of Toronto Press.
- Rudes, Blair A., e Dorothy Crouse (1987). The Tuscarora Legacy of J. N. B. Hewitt: Materials for the Study of Tuscarora Language and Culture. Canadian Museum of Civilization, Mercury Series, Canadian Ethnology Service Paper No. 108.
- Williams, Marianne Mithun (1976). A Grammar of Tuscarora. Garland studies in American Indian Linguistics.