Reserva das Seis Nacións
Coordenadas: 43°03′04″N 80°07′21″O / 43.051111111111, -80.1225
A Reserva das Seis Nacións (ou as Seis Nacións do Gran Río) é a meirande banda das Primeiras Nacións do Canadá cun total de 25.660 membros, dos cales, 12.271 viven na propia reserva. É a única das reservas indias de Norte América que ten seis nacións de iroqueses vivindo xuntas. As nacións da reserva son os mohawk, os cayuga, os onondaga, os oneida, os seneca e os tuscarora. Tamén hai algúns delaware vivindo no territorio.
A reserva das Seis Nacións ten unha área de 190km², que representa aproximadamente o 5% dos 3.800km2 de terras que lles foron concedidas segundo o Tratado de Haldimand de 1784.[1]
Membros Editar
As Seis Nacións é a meirande reserva do Canadá. En decembro de 2013, había 25.660 membros, dos cales 12.271 viven na resera. A poboación está conformada das seguintes bandas:[2]
Nación | Nome da banda | Total | Na reserva |
---|---|---|---|
Iroqueses | Bay of Quinte Mohawk | 740 | 326 |
Tuscarora | 2.130 | 973 | |
Oneida | 1.999 | 758 | |
Onondaga Clear Sky | 778 | 429 | |
Bearfoot Onondaga | 601 | 238 | |
Upper Cayuga | 3.503 | 1.431 | |
Lower Cayuga | 3.538 | 2.213 | |
Konadaha Seneca | 533 | 200 | |
Niharondasa Seneca | 368 | 161 | |
Lower Mohawk | 4.016 | 2.054 | |
Walker Mohawk | 485 | 298 | |
Upper Mohawk | 6.018 | 2.857 | |
Algonquinos | Delaware | 617 | 236* |
total | 25.385 | 12.175 |
Notas Editar
- ↑ Paxton PhD, James W. (2008). James Lorimer & Company Ltd., ed. Joseph Brant and His World: 18th Century Mohawk Warrior and Statesman.
- ↑ "Monthly Membership Statistics As of the end of Ganesgwaotago" (PDF). Six Nations of the Grand River. marzo de 2013.[Ligazón morta]
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reserva das Seis Nacións |
Bibliografía Editar
- Graymont, Barbara, The Iroquois in the American Revolution, 1972, ISBN 0-8156-0083-6
- Kelsay, Isabel, Joseph Brant 1743-1780 Man of Two Worlds, 1984, ISBN 0-8156-0182-4
- Taylor, Alan, The Divided Ground, 2006, ISBN 0-679-45471-3