La anunciación de Valle-Inclán

biografía escrita por Valentín Paz-Andrade

La anunciación de Valle-Inclán é unha biografía de Ramón María del Valle Inclán, escrita en lingua castelá por Valentín Paz-Andrade e publicada en 1967 en Buenos Aires pola Editorial Losada.

La anunciación de Valle-Inclán
Autor/aValentín Paz-Andrade
CubertaCarlos Maside
OrixeGalicia
LinguaCastelán
ColecciónBiblioteca clásica y contemporánea
Tema(s)Biografía
Xénero(s)Ensaio
EditorialEditorial Losada
Data de pub.1967
FormatoRústico
Páxinas178
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

Foi escrita en 1966, no centenario do nacemento de Valle-Inclán, por encargo do editor Gonzalo Losada. Inclúe un prólogo de Eduardo Blanco Amor, co que Paz-Andrade percorreu as rutas vitais de Valle para preparar a obra. En 1981 foi reeditado por Akal.

Estrutura editar

A obra estrutúrase en dúas partes principais ("El hombre en su espacio" e "El escritor en su obra") máis o epílogo "Galicia para morir".

A primeira parte consiste nunha análise da vida de Valle-Inclán até 1895, ano da publicación de Féminas. Desde a súa infancia á beira da ría de Arousa (nacemento en Vilanova e tempadas na Pobra do Caramiñal), cando comeza as súas primeiras lecturas, o paso por Pontevedra para facer o Bacharelato, onde coñece aos irmáns Andrés e Jesús Muruais, e a chegada a Santiago de Compostela para estudar Dereito. Despois de abandonar a carreira, fai as súas primeiras viaxes a Madrid e México, onde chega en 1892.

Analízase a relación de Valle-Inclán coa lingua galega, afirmando que decidiu escribir en castelán polas súas pretensións literarias, dado que o galego aínda non acadara o recoñecemento cultural como idioma para textos escritos.

A segunda parte, sen esquecer o contexto biográfico (viviu en Pontevedra, Madrid, Cambados, Vigo e Roma), céntrase no aspecto literario. Coméntanse as súas diversas influencias desde as lecturas dos seus contemporáneos galegos, se ben afírmase que o seu estilo persoal, desde o inicial modernismo até o particular esperpento (no que si influíu a arte plástica de Goya), non bebe directamente de ningunha fonte concreta.

Estúdase a súa deriva ideolóxica, sempre desde o inconformismo rebelde contra as institucións políticas e relixiosas. Marcado como a xeración do 98 pola crise española de finais do século XIX, percíbese tamén a influencia da importancia do anarquismo nas clases populares na súa época.

Para rematar, o epílogo expresa o desexo de Valle de regresar a Galiza para morrer. Na primavera de 1935 volve desde Roma á súa terra, pasando a residir de novo en Santiago de Compostela. Aínda que a súa saúde non é boa, tendo diversos problemas respiratorios, fai viaxes a Vigo e Ourense.

Na obra fálase da relación de Valle con outras personalidades, como Castelao (que deseñou a escenografía para Divinas palabras), José Echegaray ou Indalecio Armesto.

Imaxes editar

A obra inclúe numerosas láminas: fotografías dos lugares onde viviu Valle, portadas das súas obras e do seu irmán, imaxes doutras personalidades (como Manuel Murguía, Otero Pedrayo ou Said Armesto), un debuxo de Carlos Maside de Valle xa falecido, e un retrato de Castelao cun debuxo de Valle feito por Xesús Corredoira.