LXI Festival de Ópera da Coruña
O LXI Festival de Ópera da Coruña tivo lugar entre os días 5 e 28 de setembro de 2013. Nesta edición do festival, amais dos concertos e representacións habituais celebráronse conferencias e proxeccións en distintos puntos da cidade.
Óperas
editarNesta edición do Festival interpretaranse dúas óperas: Lucia di Lammermoor de Donizetti, e Tristan und Isolde de Wagner.
- Lucia di Lammermoor será representada nunha nova produción dos Amigos da Ópera da Coruña no Palacio da Ópera da Coruña os días 10 e 13 de setembro coa Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos baixo a dirección do israelí Daniel Oren e con Alfonso Romero Mora da dirección escénica. Os papeis principais serán interpretados por Celso Albelo (tenor), María José Moreno (soprano) e Javier Franco (barítono) nos papeis principais.
- Tristan und Isolde será interpretada en versión de concerto o día 28 de setembro coa Orquestra e Coro da Sinfónica de Galicia baixo a batuta do director israelí Eliahu Inbal. Os papeis principais serán interpretados por Catherine Foster (soprano), Stephen Gould (tenor), Iris Vermillion (mezzosoprano) e Jukka Rasilainen (barítono). Está será a primeira vez que se interprete integramente a ópera do compositor alemán en Galiza.[1]
Gala lírica
editarO 21 de setembro tivo lugar unha gala lírica adicada ao compositor italiano Giuseppe Verdi con motivo do 200 aniversario do seu nacemento. No concerto, celebrado no Palacio da Ópera coruñés, o tenor Gregory Kunde e o barítono Juan Jesús Rodríguez, acompañados pola Orquestra e Coro Gaos baixo a dirección de Ramón Tébar, interpretaron arias, dúos e coros das óperas La traviata, Rigoletto, Il trovatore, Don Carlos, Otello, Macbeth e Les vêpres siciliennes.
Novas voces galegas
editarO 20 de setembro tivo lugar a VII edición do ciclo Novas Voces Galegas cun concerto do barítono Pedro Martínez Tapia no auditorio do Conservatorio Profesional de Música da Coruña.
Conferencias e proxeccións
editarNesta edición do festival realizáronse varias conferencias no Museo de Belas Artes da Coruña os días 6 e 27 de setembro, así como varias proxeccións na Biblioteca da Deputación da Coruña os días 5, 12, 19 e 26 de setembro.
- No centenario de Benjamin Britten (5 de setembro): Proxección da ópera Billy Budd na Biblioteca da Deputación da Coruña.
- En torno a Lucia di Lammermoor (6 de setembro): Conferencia a cargo do presidente da Sociedade Filharmónica da Coruña Antonio Vasco no Museo de BelasArtes.
- Verdi no Festival de Ópera da Coruña (12 de setembro): Proxección de Otello de Giuseppe Verdi na Biblioteca da Deputación da Coruña.
- Wagner en Buenos Aires (19 de setembro): Proxección dun documental sobre a estrea dunha nova produción de Der Ring des Nibelungen de Richard Wagner no Teatro Colón de Buenos Aires na Biblioteca da Deputación da Coruña.
- 26 de setembro: Proxección do filme Melancholia de Lars von Trier, con Kirsten Dunst, premio á mellor actriz no Festival de Cannes de 2011 na Biblioteca da Deputación da Coruña.
- Unha introdución a Tristan und Isolde (27 de setembro): Conferencia a cargo de Marián Cordero e Carlos Ríos, membros da Asociación Wagneriana de Galiza no Museo de BelasArtes.
Notas
editar- ↑ "O Festival de Ópera estreará Tristán e Isloda en Galicia", artigo de Luís Pousa en La Voz de Galicia, 28 de xuño de 2013.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarPredecesor: LX Festival de Ópera da Coruña |
LXI Festival de Ópera da Coruña 2013 |
Sucesor: LXII Festival de Ópera da Coruña |