LX Festival de Ópera da Coruña
O LX Festival de Ópera da Coruña tivo lugar entre os días 29 de agosto e 5 de outubro de 2012. Nesta edición do festival tiveron lugar os seguintes eventos:
Óperas
editarNesta edición do Festival interpretáronse dúas óperas: Nabucco de Verdi, e Madama Butterfly de Puccini.
- Nabucco interpretouse en versión de concerto o día 8 de setembro coa Orquestra e Coro da Sinfónica de Galicia baixo a dírección de Keri-Lynn Wilson e con Leo Nucci (barítono), Elisabete Matos (soprano) e Pancho Corujo (tenor) nos papeis principais.
- Madama Butterfly representouse en escena os días 27 e 30 de setembro coa Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos baixo a dirección de Marcello Panni e con Mario Ponrtiggia como director de escena. Os papeis principais foron interpretados por Fiorenza Cedolins (soprano), Tito Beltrán (tenor) e Borja Quiza (barítono)
Gala lírica
editarO 5 de outubro tivo lugar, ao igual que nas anteriores edicións do Festival, unha gala lírica coa mezzosoprano Elīna Garanča acompañada pola Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección do seu home, o británico Karel Mark Chichon. Na gala do 60 aniversario, a soprano letoa interpretou arias de Mozart, Donizetti, Tchaikovski etc.
Novas voces galegas
editarO 21 de setembro tivo lugar unha nova edición do ciclo As novas voces galegas cun concerto da soprano ferrolá Patricia Rodríguez Rico.
Gala de Belcanto
editarO 29 de agosto realizouse o concerto de inauguración do Festival da man do tenor Celso Albelo e a soprano Irina Lungu, acompañados pola Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Daniel Oren. No concerto interpretáronse arias e dúos de óperas de Donizetti, Bellini, Verdi etc.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarPredecesor: LIX Festival de Ópera da Coruña |
LX Festival de Ópera da Coruña 2012 |
Sucesor: LXI Festival de Ópera da Coruña |