Daniel Oren

músico israelí

Daniel Oren (en hebreo: דניאל אורן) , nado en Iafa en 1955 é un director de orquestra israelí. Dende 2007 é director artístico do Teatro Verdi de Salerno (Italia).

Daniel Oren
Nacemento25 de maio de 1955
Lugar de nacementoTel Aviv
NacionalidadeIsrael
Alma máterAccademia Musicale Chigiana
Ocupacióndirector de orquestra
Na rede
http://www.danieloren.com/
Musicbrainz: 0f39dcd0-af42-4010-9161-add581dcfce6 Discogs: 1899281 Allmusic: mn0001787710 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Daniel Oren naceu en Israel, comezando os seus estudos de canto, harmonía, contrapunto e piano moi novo. Cando tiña 13 anos foi escollido por Leonard Bernstein para interpretar a parte solista de neno nos Chichester Psalms.[1] Posteriormente perfeccionou os seus estudos de dirección en Alemaña, gañando en 1975 o primeiro premio na primeira edición da Herbert von Karajan Conducting Competition.[2]

Oren dirixiu producións operísticas en toda Europa e os Estados Unidos. Oren dirixiu na Royal Opera House Covent Garden, o Metropolitan de Nova York, o Arena de Verona, a Staatsoper de Viena, a Opéra Bastille de París e os teatros de ópera de Roma, Trieste, Xénova, Florencia, Parma, Turín, Venecia, Buenos Aires, San Francisco, Toquio, Houston, Washington, entre outros.[3] Tamén dirixiu moitos concertos de música sinfónica con orquestras como a da Accademia Nazionale de Santa Cecilia en Roma, a Maggio Musicale Fiorentino de Florencia, e outras orquestras de Colonia, Stuttgart, Frankfurt e a Berliner Philharmoniker.

Dende hai vinte anos é un dos protagonistas do Arena di Verona Festival.[4]

Repertorio editar

O seu repertorio operístico inclúe moitas óperas de Verdi, entre elas Aida, Simon Boccanegra, La traviata, Rigoletto e Nabucco; óperas de Puccini como Madama Butterfly, Tosca e Turandot; así como as óperas Andrea Chenier (Giordano), Norma (Bellini), La Juive (Halevy) e Carmen (Bizet).

Coa Ópera de Israel dirixiu as óperas Nabucco (Verdi), La Bohème, Tosca (Puccini) e La Juive (Halevy).

Notas editar

  1. "Biografia 1". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2014. Consultado o 07 de agosto de 2012. 
  2. Israeli Opera
  3. Direttore nei teatri del mondo[Ligazón morta]
  4. sodalizio con l'arena di Verona[Ligazón morta]