María José Moreno

cantante española

María José Moreno, nada o 30 de marzo de 1967 en Castilléjar, provincia de Granada (España), é unha soprano lírica lixeira española.

María José Moreno
Nacemento30 de marzo de 1967
OrixeCastilléjar, provincia de Granada, España
CónxuxeMassimo Spadano
OcupaciónCantante
XéneroÓpera
Instrumento(s)Voz
Tipo de vozSoprano
Tempo en activo1996 — actualidade
Na rede
Páxina web
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

María José Moreno estudou na Escuela Superior de Canto de Madrid.[1]

En 1996 debutou en Pamplona interpretando o personaxe de Dido na ópera Dido e Eneas de Henry Purcell, co grupo Vaghi Concerti, montaxe coa que viaxou por varias cidades españolas.[2]

En 1997 produciuse o grande ano de María José Moreno: gañou o concurso Francisco Viñas en xaneiro e debutou no Teatro de la Zarzuela coa ópera de Donizetti A filla do rexemento.[3]

Un ano despois, debutou no Teatro Real de Madrid ns súa primeira temporada tras a súa reapertura coa ópera de Giuseppe Verdi Un baile de máscaras.

Os sus éxitos en España permitírolle realizar un salto internacional actuando en teatros tan importantes como La Scala de Milán, facendo o papel de Gilda en Rigoletto de Verdi, ou a Ópera de Viena, na que fixo Rosina en O barbeiro de Sevilla de Rossini.[2] Participou numerosas veces no Festival de Pésaro, debutando en 2009.

Moreno gañou un Grammy pola gravación da ópera Falstaff xunto a Orquestra Sinfónica de Londres dirixida por sir Colin Davis, na edición de 2006.[4]

María José Moreno é especialista en bel canto, con predilección sobre todo por Rossini e Donizetti, pero tamén por Mozart. Ademais, Moreno interpreta con frecuencia zarzuelas.

A soprano está casada con Massimo Spadano, violinista e director de orquestra italiano que desde 1994 é o concertino da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) da Coruña. O matrimonio ten a súa residencia en Oleiros e ten dous fillos que falan castelán e italiano, e aprenden galego e inglés.[5]

NotasEditar

  1. María José Moreno. Música: "La ópera es carrera de fondo, no de velocidad" Diario El País, 5 de abril de 2003.
  2. 2,0 2,1 Biografía Arquivado 22 de novembro de 2016 en Wayback Machine. na web da "Semana de Música Religiosa de Cuenca" (SMRC).
  3. ¿De dónde ha salido esta chica? Una soprano principiante formada en Madrid causa sensación entre los aficionados a la ópera Diario El País, 6 de maio de 1997.
  4. María José Moreno, soprano Arquivado 22 de novembro de 2016 en Wayback Machine. no Centro Nacional de Difusión Musical.
  5. Xurxo Lobato,"Un proletario del violín" Diario El País. Ed. Galicia, 21-11-2009.