José Sobreira Fernández

mestre, xornalista e político galego

José Sobreira Fernández, foi un mestre, xornalista e político galego.

Infotaula de personaJosé Sobreira Fernández
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Provincia de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , xornalista , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, obtendo o grao de mestre elemental en 1913.[1] Foi nomeado mestre interino de Vilachán (Tomiño) en outubro dese ano.[2] Pasou despois como interino polas escolas de Oia, Albeos (Crecente), Pías (O Rosal), Santa Cristina da Ramallosa e Renza (Vilagarcía de Arousa). En febreiro de 1923 foi nomeado mestre en propiedade da escola de Papucín (Frades),[3] foi trasladao en novembro a Pereiras (Mos),[4] e destinado a Sanín (Ribadavia) en 1928.[5] Participou no mitin republicano de Razamonde (Cenlle) en maio de 1931.[6] Colaborou en El Pueblo, Noticiero del Avia, El Pueblo Gallego e El Noticiero Gallego.

Foi mestre en Mourentán (Arbo) dende 1933. Participou nos actos do Primeiro de Maio en Cerdedo en 1934,[7] e en Arbo en 1936.[8] Foi concelleiro de Arbo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido durante tres meses de emprego e soldo pola Comandancia Militar de Ourense.[9] No proceso de depuración foi sancionado coa separación do servizo e baixa no escalafón o 11 de maio de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1942.[10] Rehabilitado, foi mestre en Cereixo dende 1943,[11] despois de Folgoso, dende onde intentou permutar en 1948 co mestre de Gargantada (Sama de Langreo) Francisco Iglesias Jorge, denengándolla a Dirección Xeral de Ensino Primario por ter nota desfavorable no expediente de depuración;[12] logo en Fornelos de Montes, e dende 1952 na Canda (Piñor).[13]

Notas editar

  1. El Diario de Pontevedra, 1-10-1913, p. 2.
  2. El Progreso, 29-10-1913, p. 1.
  3. Galicia Nueva, 1-2-1923, p. 2.
  4. El Compostelano, 6-11-1923, p. 1.
  5. El Noticiero Gallego, 8-12-1928, p. 3.
  6. El Pueblo Gallego, 17-5-1931, p. 8.
  7. La Hora, 5-5-1934, p. 1.
  8. El Pueblo Gallego, 9-5-1936, p. 10.
  9. "Maestros pontevedreses suspendidos", La Voz de Galicia, 13-8-1936, p. 6.
  10. BOE, 23-11-1943, p. 4142.
  11. El Pueblo Gallego, 27-3-1943, p. 5.
  12. BOE, 30-11-1948, p. 5384.
  13. La Región, 12-7-1952, p. 4.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar