Noticiero del Avia
Noticiero del Avia foi un periódico editado en Ribadavia entre 1910 e 1937.
Noticiero del Avia | |
---|---|
Fundación | 1910 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ribadavia |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Periódico de Ribadavia, apareceu o 15 de outubro de 1910. Tiña periodicidade semanal, aparecendo os domingos, e contaba con catro páxinas. O seu fundador e director foi Emilio Canda Adán. Vencellado ao agrarismo católico a partir de 1929 cambiou o seu subtítulo por Órgano Oficial del Sindicato Católico Vitivinícola Comarcal del Ribeiro. Afecto ao deputado José Estévez Carrera. Entre os seus colaboradores figuraron Mario Canda, Manuel Casado Nieto, José Sobreira Fernández, Eugenio López Aydillo, Cesáreo Giráldez, Emilio Álvarez Falcón, Beatriz Sandoval, David Araujo Selas, Ramón Cadía, Marcial Rusell, J. G. Aguirre Ceballos e Manuel Guerra. Foi rival de El Ribadaviense. A súa tiraxe era de 500 exemplares en 1910 e 1500 en 1913, caendo a 600 en 1920 para chegar a 1200 en 1927. O último número coñecido é de marzo de 1937.[1]
Notas
editar- ↑ Prensa local de Ribadavia na Biblioteca do Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Noticiero del Avia, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Noticiero del Avia, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Martínez-López, Alberte (1986). "A prensa católico-agraria en Galiza". Sociedade e movemento obreiro en Galicia. Ourense. Deputación Provincial. páxs. 321-372. ISBN 84-505-3843-2.
- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. pp. 161–163. ISBN 84-505-5721-6.