El Ribadaviense
El Ribadaviense foi un semanario editado en Ribadavia entre 1900 e 1936.
El Ribadaviense | |
---|---|
Localidade | Ribadavia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características editar
Subtitulada Periódico defensor de intereses generales, apareceu en 1900.[1] Cambiou despois o seu subtítulo por Periódico independiente de intereses generales e a partir de 1931 Decano de los semanarios de España. Fundado e dirixido por Máximo Tomé González ata a súa morte en 1925. Editábase nos seus propios obradoiros tipográficos. De tendencia liberal nun principio e afecto ao deputado Adolfo Merelles Martel, co tempo converteuse en republicano, progresista e galeguista. Logo da morte de Máximo Tomé en novembro de 1925 fíxose cargo da dirección Hermenegildo Rodríguez Casas,[2] quen lle deu entrada ás colaboracións de coñecidos galeguistas. Incluíu información da comarca do Ribeiro e traballos de divulgación agraria. Foi rival de Noticiero del Avia. Cesou a súa publicación en 1936.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. pp. 138–139. ISBN 84-505-5721-6.