Manuel Casado Nieto
Manuel Casado Nieto, nado en Castro Caldelas o 28 de setembro de 1912 e finado en Barcelona o 18 de decembro de 1983, foi un escritor, tradutor e fiscal galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1912 Castro Caldelas, España |
Morte | 18 de decembro de 1983 (71 anos) Barcelona, España |
Fiscal | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritor, tradutor, fiscal |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Xoán Manuel Casado |
Traxectoria
editarEstudou Matemáticas e Dereito nas universidades de Santiago e Madrid. En Madrid foi redactor xefe da revista Galicia. En 1935 ingresou na carreira xudicial, e obtivo destinos primeiro en Oviedo, logo en Pontevedra e máis tarde en Barcelona, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira como fiscal da audiencia.
En Barcelona estivo moi integrado na vida da comunidade galega e foi presidente do Centro Galego de Barcelona dende 1954 ata 1970. Ademais das múltiples colaboracións en xornais e revistas, e da súa faceta como escritor en galego e en castelán, foi un dos primeiros tradutores ao galego de libros bíblicos: o Libro de Xob, o Eclesiastés, a Cántiga das Cántigas (1968) ou o Novo Testamento, en 1974. Tamén traduciu algúns poemas de Salvador Espriu.
Obra en galego
editarPoesía
editar- Amor e eleuciós, 1930.
- Orballo ispido, 1954, Colección Xistral, Lugo.
- O ronsel do meu silenzo, 1955, Alba, Vigo.
- Canta de lonxe o corazón do tempo, 1969, Galaxia.
- Vendima, 1982, Sotelo Blanco.
Narrativa
editar- Contos que non son contos, 1969, Castrelos.
- Trancos da vida do Braisiño, 1970, Ediciós do Castro.
- A boda de Reimundo e outras verídicas historias, 1980, Castrelos.
- Refendas da vida e morte, 1983, Castrelos.
Traducións
editar- Mostra antolóxica de poetas contemporáneos: ingleses, franceses, italiáns, cataláns, 1981, Ediciós do Castro. Con Xoán Manuel Casado.
Obras colectivas
editar- Arrequecer a endeita. Antoloxía de tres homes do dereito, 2007, Fundación Lois Peña Novo.
Obra en castelán
editarNarrativa
editar- Un lugar en el tiempo, 1968, Planeta, Barcelona.
- La turbia corriente, 1969, Destino, Barcelona.
Traducións
editar- La Mayorazga de Romariz, de Camilo Castelo Branco, 1943, Barcelona.
Obra en castelán
editarPoesía
editar- Orto, 1941.
- Sonetos vespertinos, 1957.
- Un lugar en el tiempo, 1969.
Narrativa
editar- La turbia corriente, 1970.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- García, Xosé Lois (1999). Alén do azul (unha ducia de poetas galegos en Catalunya). Do Castro.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 107–109. ISBN 84-7507-139-2.