Jonatan Valle

futbolista español

Jonatan Valle Trueba, coñecido habitualmente como Jonatan Valle e ás veces escrito incorrectamente Jonathan Valle, nado o 30 de decembro de 1984 en Santander, Cantabria, é un futbolista profesional español da canteira do Real Racing Club, que xoga como mediapunta no Burgos da Segunda División B.

Jonatan Valle
Información persoal
Nome Jonatan Valle Trueba
Nacemento 30 de decembro de 1984 (39 anos)
Lugar de nacemento Santander
Altura 1,70 m
Posición Mediapunta
Información de club
Club actual Burgos CF
Carreira xuvenil
Racing Santander
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2003 Racing B 28 (5)
2003–2009 Racing Santander 74 (2)
2006–2007Málaga (ces.) 26 (1)
2008–2009Ponferradina (ces.) 35 (11)
2009–2010 Castellón 17 (0)
2010Ponferradina (ces.) 14 (3)
2010–2011 Leganés 26 (4)
2012 Rubin Kazan 3 (0)
2012–2014 Recreativo 55 (6)
2014–2015 Lugo 16 (0)
2015– Burgos
Selección nacional
1999 España Sub-16 1 (0)
2002 España Sub-20 3 (1)
2004 España Sub-21 4 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 24 de maio de 2015editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Santander en 1984, Valle formouse nas categorías inferiores do equipo da súa cidade, o Real Racing Club de Santander, aínda que xa desde moi novo destacara no equipo do seu barrio, o Monte. No club cántabro coincidiu con algúns futbolistas que posteriormente chegaría a ser internacionais, como é o case de José Antonio Reyes ou Andrés Iniesta. Estado en categoría alevín no ano 1996, gañaria co seu equipo o "Campionato Nacional Alevín de Fútbol de Brunete", campionato no que participan as categorías inferiores dos equipos que ese ano xogaron na Primeira División. Precisamente na final gañaría ao Albacete de Andrés Iniesta. Nese intre Valle era pretendido polo Ajax, o Real Madrid e o Barcelona, aínda que o Racing decidiu blindalo poñéndolle unha cláusula de rescisión de 1.000 millóns de pesetas.[1]

En 1999, con tan só 14 anos foi concentrado para realizar a pretempada co equipo en Dwingeloo, Países Baixos, da man de Gustavo Benítez. Nun dos primeiros adestramentos da concentración co equipo profesional, caneou a cinco compañeiros dando un pase de gol, o que o levou ao técnico a decidir aliñalo para xogar nun partido amigábel o 30 de xullo. Aínda que non conseguiu marcar no encontro chamou a atención de diferentes medios de prensa internacionais.[1] Porén, a partir de aí a súa carreira a non levou a progresión desexada. Segundo palabras do propio xogador:

Cometín moitos erros. Con 14 anos xa gañaba diñero e debín ir paseniño. Entre os 15 e os 18 anos, nin me coidaba, nin comía como un deportista profesional. Mais non toda a culpa é miña. En Santander esperaban que en cada partido marcase un gol e desa tres asistencias.
Jonathan Valle[1]

O 9 de setembro de 2002 debuta co Racing B na Segunda División B nun encontro ante o Peña Sport. Esa mesma tempada 2002-03, con 18 anos, debuta na Primeira División ante o Club Atlético Osasuna da man de Dmitry Piterman e Manuel Preciado. A tempada 2003-04 sería a súa primeira tempada co equipo profesional tras asinar un contrato por 5 tempadas. Sobre o primeiro ano o xogador, aínda que acaba con bos números, non estaba moi ledo:

Na 2003-04, a miña primeira campaña completa coo Racing, acabei con bos números: xoguei 845 minutos, anotei dous goles e fun un dos máximos asistentes. Con todo, etiquetóuseme como revulsivo. Estaba condenado a, se xogaba, saír desde o banco. Perdín as gañas de adestrar, de comerme o prado.
Jonathan Valle[1]

Na tempada 2005-06, nun ano de sufrimento para o Racing, seguiu xogando como "revulsivo" para o equipo cántabro, saíndo nas segundas partes e revolucionando o equipo con pinceladas de calidade. Na tempada 2006-07 foi cedido ao Málaga. da Segunda División. para dispor de máis minutos e gañar experiencia. Esta tempada regresou ás filas do Racing. Na tempada 2007-08 volveu ao Racing onde Marcelino lle comunica que conta con el, mais as lesións, 3 consecutivas, non lle deixaron nin sequera estar a disposición do técnico até a segunda volta. Na tempada 2008-09 Juan Ramón López Muñiz non conta con el para o primeiro equipo do Racing e é cedido á Ponferradina coa que realiza unha notábel tempada. Valle, amósase anoxado por esa etapa continua de cesións:

Desde o club non se apostou por min. Pernía non me quería e sempre tentaba que saíera cedido. Fóra do terreo de xogo cometín erros, mais escoitei cousas peores doutros futbolistas e, mentres a min é unha etiqueta que me segue, elos conseguiron lavar a súa imaxe.
Jonathan Valle[1]

Para a tempada 2009-10. ficha polo Castellón, gardándose o Racing unha opción de compra sobre o xogador de dous anos de duración. O 20 de xaneiro de 2010, volve en calidade de cedido ao club berciano, onde consegue o ascenso. Para a seguinte tempada ficha polo CD Leganés. En febreiro de 2012 ficha polo Rubín Kazán da Liga Premier de Rusia, onde consegue gañar a Kubok Rossii (do ruso: Copa de Rusia), aínda que non pode xogar moitos partidos por mor dunha lesión. En xullo de 2012 ficha polo Recreativo de Huelva da Segunda División a petición de Sergi Barjuan, adestrador do club onubense, por tres tempadas a razón de 150.000 euros cada unha delas.[2] O 15 de xullo de 2014 abandona o Recreativo e ficha polo Club Deportivo Lugo, tamén da Segunda División.[3] No seu primeiro encontro co club lucenso, cando estaba a ser o máis destacado do partido ante o CD Mirandés en Anduva, tense que retirar lesionado no minuto 16, entrando no seu lugar Álvaro Peña. Finalmente debido a lesións non disputa moitos partidos do co club lucense. Na seguinte temporada, tras non serlle ofrecida a renovación, asina co Burgos CF da Segunda División B

Clubs editar

Ano Club División Partidos Goles
1999-2000 Racing de Santander Primeira 0 0
2002-2003 Racing de Santander B Segunda B 28 5
2002-2003 Racing de Santander Primeira 1 0
2003-2004 Racing de Santander Primeira 25 2
2004-2005 Racing de Santander Primeira 22 0
2005-2006 Racing de Santander Primeira 18 0
2006-2007 Málaga CF Segunda 26 1
2007-2008 Racing de Santander Primeira 8 0
2008-2009 SD Ponferradina Segunda B 35 11
2009-2010 CD Castellón Segunda 17 0
2010 SD Ponferradina Segunda B 25 3
2010-2011 CD Leganés Segunda B 26 4
2012 FC Rubin Kazan Primeira 3 0
2012-2013 Recreativo de Huelva Segunda 37 5
2013-2014 Recreativo de Huelva Segunda 18 1
2014-2015 CD Lugo Segunda 16 0
2015-2016 Burgos CF Segunda B

Títulos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Rubio, Alberto (16 de febreiro de 2012). Marca, ed. "Jonatan sale del Valle" (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2014. 
  2. Sánchez, Pablo (12 de xuño de 2012). El Diario Montañés, ed. "Jonatan Valle cerca de firmar por el Recreativo de Huelva" (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2014. 
  3. Álvarez, Miguel (15 de xullo de 2014). La Voz de Galicia, ed. "Jonathan Valle, novo xogador do Lugo". Consultado o 15 de xullo de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar