Joan Peiró

político español

Joan Peiró Belis, nado en Sants (Barcelona) o 18 de febreiro de 1887 e fusilado en Paterna (Valencia) o 24 de xullo de 1942, foi un anarquista catalán. Foi ministro de Industria durante a Segunda República.

Infotaula de personaJoan Peiró

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1887 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xullo de 1942 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Paterna, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaVilassar de Mar Editar o valor em Wikidata
Ministro da indústria (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo, Anarcosindicalismo e cooperativismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Mataró Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , escritor , anarquista , obreiro , sindicalista , editor literario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCristalleries de Mataró (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosGuillermina Peiró i Olives (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Con oito anos comezou a traballar nunha fábrica de vidro barcelonesa, non podendo aprender a ler e escribir ata os vinte e dous. Seguiu traballando no sector do vidro, e xunto a outros compañeiros fundou a cooperativa do vidro Cristalleries de Mataró, que nunca abandonaría. En 1907 casou con Mercè Olives, obreira téxtil, coa que tivo tres fillos (Joan, Josep e Liberto) e catro fillas (Aurora, Aurèlia, Guillermina e Mercè).

A súa militancia sindical iniciouse en 1906, comezando a ter cargos de responsabilidade entre 1915 e 1920, como secretario xeral da Federación Española de Vidrieiros e Cristaleiros (1916-1920) e director das publicacións La Colmena Obrera (órgano dos sindicatos de Badalona) e El Vidrio (portavoz dos vidreiros federados). A súa agudeza intelectual levaríao máis adiante a ser director do periódico Solidaridad Obrera (1930) e do diario Catalunya (1937).

Moi influenciado polo sindicalismo revolucionario francés, comezou a ter tarefas de responsabilidade na CNT tralo chamado Congreso de Sants (1918) da rexional catalá desta organización, na que, mercede á súa capacidade de traballo, dotes de organizador e gran prestixio, desempregaría os máis altos cargos.

No Congreso de La Comedia (1919) defendeu as federacións de Industria, que foron rexeitadas naquela ocasión.

Os duros anos vinte editar

Durante a década dos anos vinte sufriu a represión desencadeada polo Estado e a patronal contra o movemento obreiro. Tan só en 1920 sufriu dous atentados e foi detido e encarcerado en Soria e Vitoria.

En 1922 foi elixido Secretario xeral da CNT, celebrándose durante a súa xestión a Conferencia de Zaragoza, na que se aprobou a saída da organización da Internacional Sindical Vermella e a súa ligazón á reconstituída Asociación Internacional dos Traballadores. Nesta mesma conferencia Peiró defendeu xunto a Seguí, Pestaña e Viadiu a chamada «moción política», moi criticada polos sectores máis ortodoxos da organización.

Estableceuse en Mataró en 1922 e en 1925 dirixiu a constitución da cooperativa do vidro Cristalleries de Mataró, que xa intentara organizar con anterioridade. Coa ditadura de Primo de Rivera a CNT foi ilegalizada, clausuradas as súas sedes e suspendidas as súas publicacións. Moitos dos seus militantes foron detidos (como Peiró, encarcerado en 1925, 1927 e 1928). Este último ano foi novamente elixido Secretario xeral da CNT.

Criticou á UXT pola súa defensa de xurados mixtos durante aquela ditadura, e tamén a Pestaña, malia que coincidisen noutros aspectos. Tamén criticou ó sector máis anarquista do sindicato, e malia afiliarse á FAI, nunca militou nela, defendendo pola contra unha organización de masas e máis sindicalista, fronte ós grupos de acción e ás minorías de militantes dirixentes.

República e Guerra Civil editar

En 1930 asinou o manifesto de «Intelixencia Republicana», polo que recibiu numerosas críticas internas que o levaron a retirar a sinatura. Seguiu defendendo as federacións de Industria, ata que no congreso da CNT de 1931 en Madrid conseguiu un apoio masivo fronte ás teses faístas. Nese mesmo congreso apoiou o relatorio sobre a «Posición da CNT fronte ás Cortes Constituíntes» na que se defendía que a proclamación da República podería supor un avance para a clase traballadora. Este relatorio foi aprobado con algunhas modificacións pese á oposición dos sectores faístas que vían nela un apoio á maquinaria política burguesa.

Tamén en 1931 asinou xunto a outros 29 destacados cenetistas, entre eles Ángel Pestaña, o «Manifiesto Treintista», onde se analizaba a situación económica e social de España e se criticaba tanto ó goberno republicano como ós sectores cenetistas máis radicalizados. A reacción destes últimos provocou a dimisión de Pestaña do seu posto no comité nacional da organización e a saída dos sindicatos de Sabadell, ós que posteriormente se foron engadindo outros que acabaron constituíndo un bloque denominado «sindicatos de oposición». Aínda que Peiró participou nesta escisión non desempeñou responsabilidades destacadas e tratou de tender pontes para evitar a ruptura definitiva. A reunificación tivo lugar en 1936.

Trala sublevación dos militares rebeldes, Peiró actuou de vicepresidente do comité antifascista de Mataró, marchándose os seus fillos á fronte. Defendeu a entrada da CNT na Generalitat de Cataluña e no Goberno da República e propuxo unha República Social Federal como forma de estado ó rematar a guerra.

Xunto a García Oliver, Federica Montseny e Juan López foi un dos catro ministros anarquistas no goberno de Largo Caballero, encargado da carteira de Industria. Desde este posto elaborou o decreto de incautacións e intervención na industria, e proxectou a creación dun banco de crédito industrial, aínda que moitos destes proxectos foron recortados, ralentizados ou diluídos por Negrín.

Á caída do goberno de Largo Caballero regresou a Mataró e á Cristalleries de Mataró, adicándose tamén a dar conferencias sobre o seu paso polo goberno e a publicar duros artigos contra o PCE polas súas actuacións contra o POUM.

En 1938 entrou novamente no goberno, agora presidido por Negrín, aínda que non co rango de ministro, senón de comisario xeral de Enerxía Eléctrica, mantendo unha actitude antiderrotista e propoñendo unha certa revisión do anarcosindicalismo á luz do desenvolvemento da revolución e a guerra.

Exilio, captura e morte editar

O 5 de febreiro de 1939 atravesou a fronteira francesa, sendo brevemente detido en Perpiñán, desde onde se dirixiu a Narbona para reunirse coa súa familia. Máis tarde marchou a París para representar á CNT na Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles (JARE), consistindo a súa misión en sacar ós refuxiados cenetistas dos campos de concentración franceses e facilitarlles o seu traslado a México.

Trala invasión nazi intentou fuxir, pero foi detido ó dirixirse a Narbona e devolto a París, onde as autoridades francesas emitiron contra el unha orde de expulsión do país para subtraelo á acción da Gestapo e así pasar á zona non ocupada e de alí a México. Pero foi detido novamente polas tropas nazis e levado a Tréveris (Alemaña).

En xaneiro de 1941 o ministerio de Asuntos Exteriores franquista solicitou a súa extradición, que se materializou en Irún o 19 de febreiro dese mesmo ano, incumprindo as leis francesas e internacionais (uníndose así ós casos de Lluís Companys, presidente da Generalitat, Julián Zugazagoitia, socialista bilbaíno, ou Francisco Cruz Salido, responsable da oficina de prensa da JARE).

Foi trasladado á Dirección Xeral de Seguridade de Madrid, onde foi interrogado e torturado. Iniciado o proceso e aprazado excepcionalmente, foi levado a Valencia en abril de 1941. En decembro dese ano abriuse o proceso sumarial no que Peiró contou con numerosas testemuñas ó seu favor emitidos por institucións e persoas do novo réxime. Porén, a súa reiterada negativa á proposta do goberno de dirixir os sindicatos franquistas determinaría a súa condena.

En maio de 1942 o fiscal formulou as acusacións, en xuño foille nomeado o defensor militar de oficio, e o 21 de xullo foi pronunciada a sentenza de morte. Tres días máis tarde sería fusilado xunto a outros seis cenetistas no campo de tiro de Paterna.

Obras editar

  • Trayectoria de la Confederación Nacional del Trabajo.
  • Ideas sobre Sindicalismo y Anarquismo.
  • Perill a la reraguarda.
  • Problemas y cintarazos.
  • Problemas del sindicalismo y del Anarquismo.

Obras sobre Joan Peiró editar

  • Juan Peiró. Teórico y militante del anarcosindicalimo español (Foil. Barcelona, 1978) Josep Peiró.
  • La vida ejemplar y la muerte heroica de Juan Peiró Belis (2000, inédita). Josep Peiró.
  • Inicis d´un sindicalista llibertari: Joan Peiro a Badalona (1905-1920) (Edicions Fet a Ma, 2005) Joan Zambrana e Jordi Albadalejo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Joaquín Maurín
Segundo Blanco
Secretario Xeral da CNT
1922 - 1923
1928 - 1929
Sucesor:
Paulino Díez
Manuel Buenacasa