Vilassar de Mar
Vilassar de Mar é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Pertencente á comarca do Maresme, está situado a 5 km de Mataró e a 24 km de Barcelona. Ata os anos 80 chamábase San Juan de Vilasar.
Vilassar de Mar | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Barcelona | |
Comarca | Maresme | |
Xeografía | ||
Altitude | 10 msnm | |
Superficie | 4,01 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 19.574 hab. | |
Densidade | 4.881,3 hab/km² | |
Xentilicio | Vilassarenc, vilassarenca | |
Outros datos | ||
Alcalde | Joaquim Ferrer Tamaño (CiU) | |
www.vilassardemar.cat |
Tradicionalmente era unha vila de pescadores. Moitos probaron fortuna nas Américas, sobre todo en Cuba, desde onde saían embarcacións desde o porto. Vilassar de Mar era moi famosa pola súa escola de Naútica. Algúns volveron con grandes fortunas e construíronse casas moi características.
DemografíaEditar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
2.953 | 3.655 | 3.875 | 5.736 | 9.480 | 17.000 | 19.574 |
Lugares de intereseEditar
Vilassar de Mar é moi coñecida tamén polo seu Mercado da Flor e a Planta, e as súas plantacións de rosas. Outros lugares de interese son o Museu Monjó, Museu de la Marina, o "Carrer Mort" e o Museo de la Mina Vella. Antes tamén se podía visitar o Parc de les Aus (parque con numerosas especies de aves).
Localidades irmandadasEditar
Galería de imaxesEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilassar de Mar |