Abrir o menú principal

Vilassar de Dalt é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. A localidade está situada na zona interior, entre os municipios de Cabrils, Òrrius, Premià de Dalt e Vilassar de Mar, a uns 10 km de Mataró e a 20 km de Barcelona.

Vilassar de Dalt
Escut de Vilassar de Dalt.svg
Localización
Localització de Vilassar de Dalt respecte del Maresme.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaMaresme
Xeografía
Altitude135 msnm
Superficie8,87 km²
Demografía
Poboación8.953 hab. (2016)
Densidade1.000 hab/km²
XentilicioVilassarenc, Vilassarenca
Outros datos
Código postal08339
AlcaldeXavier Godàs i Pérez
www.vilassar.cat

Índice

HistoriaEditar

Vilassar é un pobo milenario: o primeiro documento que o menciona data do ano 978. O pobo foi crecendo ao redor do castelo do século X e a parroquia do século XI. En 1875 un pequeno núcleo urbano de casas construídas cerca do mar sepárase e pasa a formar Vilassar de Mar, que se constitúe como pobo. Na época franquista, Vilassar de Dalt, pasou a chamarse San Ginés de Vilasar.

DemografíaEditar

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2006
3.113 3.374 3.306 5.257 5.518 7.484 8.334

EconomíaEditar

O municipio caracterizouse desde antigo pola produción agrícola: horta na zona baixa; viña, alfarroba e cereal na montañosa. Os cultivos de secaño xa non existen e a floricultura segue só naquelas zonas nas que por normativa urbanística non é posible construír urbanizacións, a principal característica do Baix Maresme nas últimas décadas. A actividade téxtil, hoxe practicamente testemuñal, no pasado representou a principal fonte de traballo da poboación desde os inicios da revolución industrial ata a gran crise industrial dos anos 70, cando as fábricas empezaron un proceso de peche masivo. Esta actividade foi decrecendo en canto ao seu peso relativo, deixando paso a un sector de servizos impulsado pola urbanización do municipio, que acolleu nos últimos anos a poboación con orixe en Barcelona cidade, inicialmente como segunda residencia.

Ademais, o pobo alberga ao parque acuático Illa Fantasía, que chegou a ser o máis grande de Europa.

Lugares de intereseEditar

  • Igrexa de Sant Genís
  • Teatro La Massa
  • Torre de Can Maians
  • Ermida de Can Boquet
  • Castelo de Vilassar
  • Ermida de Sant Sebastià
  • Museo Municipal de Vilassar de Dalt
  • Museo do Cau del Cargol
  • Asentamento neolítico da Roca d'en Toni
  • Necrópolis medieval
  • Fornos romanos da Fornaca

Galería de imaxesEditar

Cidades irmandadasEditar

Véxase taménEditar