Vallromanes
Vallromanes é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.
Vallromanes | ||
---|---|---|
Praza da igrexa. | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Barcelona | |
Comarca | Vallès Oriental | |
Xeografía | ||
Altitude | 153 msnm | |
Superficie | 10,7 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 2.519 hab. (2014) | |
Densidade | 235,42 hab./km2 | |
Xentilicio | Vallromanès, vallromanesa | |
Outros datos | ||
Código postal | 08188 | |
Alcalde | David Ricart i Miró | |
http://www.vallromanes.cat/ |
HistoriaEditar
Ata o 1934, a área do actual concello pertencía a Montornès del Vallès para posteriormente ser concello propio.
A orixe da vila xira ó redor do castelo de Sant Miquel de Montornès, situado nunha elevación da cadea montañosa coñecida como Cordilleira Litoral. O castelo noméase por vez primeira no 1108. O seu dominio comprendía as parroquias de Montornès e de Vallromanes. Os seus señores eran os Montornès, pasando no século XVII a seren dominio dos señores Taverner. No 1718 reconstrúese o pazo señorial da torre Tavernera, pasando esta a ser o centro do señorío feudal e posteriormente a ser o centro da vida económica e social da vila.
Actualmente, Vallromanes é unha vila de segunda residencia, onde se teñen creado varias urbanizacións.