Teià
Coordenadas: 41°29′56″N 2°19′26″L / 41.499, 2.324
Teià é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. Está situado na vertente da serra da Marina que limita con Alella, El Masnou e Premià de Dalt.
Teià | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Maresme | ||
Xeografía | |||
Altitude | 128 msnm | ||
Superficie | 6,63 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 6.081 hab. (2010) | ||
Densidade | 917,19 hab/km² | ||
Xentilicio | Teianenc, teianenca | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08329 | ||
Alcalde | Josep Botey i Solà | ||
www.teia.net |
Historicamente foi un tradicional lugar de veraneo e, nas últimas décadas, creceu considerablemente ao absorber poboación procedente de Barcelona.
HistoriaEditar
Os restos arqueolóxicos atopados no sitio de Vallmora parecen confirmar que, en tempos dos romanos, Teià foi un dos centros principais de produción vitivinícola dos arredores da Barcino romana.
O documento máis antigo no que se menciona a Teià está datado en 958 e trátase da venda dunha viña no que aparece o topónimo Vila Taliano. Este documento é clave na teoría da orixe romana do nome de Teià que sostén que, a partir do xentilicio Talius ou Talianum, evolucionouse cara a formas como Taliano, Tayano Taya ou Teyá e Taiá ou Teià.
Os Privilexios de Teià foron asinados polo rei Fernando o Católico e polos veciños máis notables do pobo na Corte Real de Salamanca o 21 de novembro de 1505. Os puntos principais destes privilexios eran: Declaración da inseparabilidad perpetua da xurisdición real, regulamento de instauración dos cargos municipais, dependencia xurídica da vigairía de Barcelona e potestade para impor impostos municipais. Pere Noguera foi o primeiro alcalde electo e iniciou unha forma de goberno municipal que durou ata o Decreto da Nova Planta (1714).
En 1769 empezáronse os trámites da construción da igrexa do barrio marítimo de El Masnou, en 1817 creouse a Vigairía Perpetua, separada da de Teià e, finalmente, en 1825 El Masnou segregouse de Teià formando un municipio independente.
DemografíaEditar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2006 |
---|---|---|---|---|---|---|
1.208 | 1.528 | 1.461 | 2.025 | 2.230 | 5.280 | 6.087 |
Lugares de intereseEditar
- Fons Batllori
Localidades irmandadasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teià |