Premià de Mar
Premià de Mar é un municipio español da provincia de Barcelona, Cataluña, situado no litoral do Maresme, a uns 20 quilómetros de Barcelona. En 1842 o seu nome oficial era Sant Cristòfol de Premià.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Maresme | ||||
Capital | Premià de Mar (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 28.767 (2023) (13.698,57 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2,1 km² | ||||
Altitude | 8 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Rafa Navarro Álvarez (en) (2020–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08330 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08172 | ||||
Código territorial IDESCAT | 081727 | ||||
Páxina web | premiademar.cat | ||||
Premià de Mar é a segunda localidade máis poboada do Maresme logo de Mataró. Os municipios que o circundan son El Masnou, Premià de Dalt, Vilassar de Dalt e Vilassar de Mar.
Medio ambiente
editarA praia é areosa, pouco coidada e sofre unha gran regresión mariña que no seu día se intentou solucionar coa construción duns espigóns e que, nos últimos anos, corríxese temporalmente coa achega artificial de area do fondo mariño, sen a cal non existiría en moitos lugares. A ampliación do porto deportivo, iniciada antes dos Xogos Olímpicos e aínda inacabada, contribuíu en gran xeito, a alterar os volumes de area nas praias. Xunto ás praias hai uns paseos moi ben coidados, dotados de exercicios variados para deportistas, con grande amplitude para camiñar e ir en bicicleta, rodeados por unha banda de árbores, e do outro de plantas e flores que alegran a vista.
O Centro de Recuperación de Animais Mariños (CRAM) de Premià é unha iniciativa dun grupo de voluntarios e profesionais co obxectivo de salvar animais mariños feridos, especialmente tartarugas e outras especies do Mediterráneo. As súas instalacións están situadas nunha torre de veraneo situada no barrio de Casa Pou-Campo de Mar, que limita co termo de Vilassar de Mar e pódese visitar concertando unha cita previa.
Demografía
editar1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
2.239 | 3.380 | 3.947 | 11.284 | 19.935 | 26.130 | 27.545 |
Economía
editarNa economía actual queda algún rastro da antiga actividade industrial (empresas como Metalogenia e Transmesa), algún reduto de floricultura e un mínimo sector servizos. A proximidade a Barcelona, Mataró ou outras poboacións moito máis potentes fan de Premià de Mar un pobo dormitorio.
A Gran Vía Lluís Companys constitúe o eixo básico ao redor do cal vira toda a actividade comercial da vila. Nesta rúa atópase o mercado de Sant Joan e unha gran cantidade de tendas, bares e comercios.
Lugares de interese
editar- Masia Can Manent
- Escola d'Assís
- Fábrica La Lió
- Antiga Fábrica do Gas
- Colexio La Salle Premià
- Igrexa de Sant Cristòfol
- Can Roure
- Masia Ribas
- Can Maristany
- Jutjat de Pau
Galería de imaxes
editar-
Cerámica da historia de Premià, na praza.
-
Igrexa de Sant Cristòfol
-
Antiga Fábrica do Gas
-
Sede do Padroado Social
Notas
editar- ↑ "ver Instituo Nacional de Estatística, procura en apartado Denominación. O nome de Sant Cristòfol de Premià aparece no primeiro censo de 1842.". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2009. Consultado o 16 de febreiro de 2009.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Premià de Mar |