Secretario xeral da CNT

(Redirección desde «Secretario Xeral da CNT»)

O secretario xeral da CNT é o cargo principal da Confederación Nacional do Traballo (CNT). Carece de poder executivo, limitándose as súas atribucións a cuestións técnicas e administrativas.

Mapa da distribución de Confederacións Rexionais da CNT en 2019

Accédese ó cargo vía elección nun pleno nacional de rexionais da CNT. Paralelamente desígnase como sede do Comité Nacional á federación local á que pertence o secretario xeral. É por este motivo que a CNT non conta cunha sede central fixa, senón que vai cambiando dependendo do lugar de residencia do secretario xeral elixido en cada ocasión.

O pleno local da federación local elixida como sede reúnese para designar o resto de secretarías, que serán:

  • tesoureiro-contador
  • prensa, propaganda e cultura
  • organización
  • relacións externas.

O secretario xeral elixido polo pleno nacional de rexionais, e as secretarías escollidas polo pleno local da federación local que é sede, forman o Secretariado Permanente do Comité Nacional da CNT (SP-CN). O resto do comité nacional fórmano as secretarías xerais de cada Confederación Rexional.

O primeiro secretario xeral da CNT, escollido no Congreso de Constitución da organización en 1910, foi José Negre que era secretario xeral do sindicato catalán Solidaridad Obrera, xermolo da CNT, e a primeira sede do SP-CN foi Barcelona. Non se coñece o nome e duración no cargo de tódolos secretarios xerais da CNT, xa que durante anos o sindicato foi unha organización clandestina e que estivo suxeita a unha forte represión, polo que nalgunhas ocasións existen varias versións sostidas por distintas fontes. Ademais, ó non ser un cargo executivo, o posto non tivo -agás en certos momentos- unha excesiva importancia. Na actualidade Fidel Manrique ocupa o cargo desde agosto de 2007, sendo Torrelavega a sede do SP-CN.

Lista de secretarios xerais da CNT editar

Ata a guerra civil editar

Nome Desde Ata Sede do SP-CN
José Negre 1910 1911 Barcelona
José Negre 1911 1914 1 Barcelona
Manuel Andreu novembro 1914 agosto 1916 Barcelona
Francisco Jordán 1916 febreiro 1917 Barcelona
Francisco Miranda 2 1917 xullo 1918 Barcelona
Manuel Buenacasa Tomeo - febreiro 1919 Barcelona
Evelio Boal febreiro 1919 marzo 1921 Barcelona
Andreu Nin 1921 maio 1921 Barcelona
Joaquín Maurín 1921 febreiro 1922 Barcelona
Joan Peiró 3 1922 xullo 1923 Barcelona
Paulino Díez 4 agosto 1923 marzo 1924 Sevilla
José Gracian Galán 5 1924 xuño 1924 Sevilla 6
Descoñécese 7 xuño 1924 setembro 1925 Descoñécese
Avelino González Mallada setembro 1925 xuño 1926 Xixón
Segundo Blanco 1926 novembro de 1926 Xixón
Joan Peiró 1927 maio 1929 Barcelona
Ángel Pestaña 1929 1929 Barcelona
Juan López 1930 1930 Barcelona
Progreso Alfarache 8 1930 1930 Barcelona
Ángel Pestaña 1930 marzo 1932 Barcelona
Manuel Rivas 1932 1933 9 Barcelona
Miguel Yoldi 10 1933 1934 Barcelona
Horacio Martínez Prieto 11 1935 1936 Zaragoza
Mariano Rordríguez Vázquez novembro 1936 febreiro 1939 Madrid

1. Entre 1911 e 1914 a organización estivo na clandestinidade, de tal modo que non se pode asegurar que efectivamente José Negre ocupase o cargo entre 1913 e 1914.
2. Substituído por Manuel Buenacasa provisionalmente entre agosto e novembro de 1917.
3. Algúns consideran que a duración no cargo de Joan Peiró concluíu a finais de 1922 e que desa data a marzo de 1923 a secretaría xeral ocupouna Salvador Seguí.
4. Algunhas versións contan que Manuel Adame puido ser secretario xeral antes que Paulino Díez, e que a este puido substituílo Pedro Vallina.
5. O seu primeiro apelido aparece tamén como García e Gracia.
6. Algunhas fontes consideran que xa a finais de 1922 o SP-CN se establecera en Zaragoza.
7. Descoñécese se nesta época houbo secretario xeral, aventurándose a posibilidade de que Ángel Pestaña ocupase o cargo e o SP-CN retornase a Barcelona.
8. Substituído circunstancialmente por Manuel Sirvent segundo unhas fontes e por Fancisco Martínez segundo outras.
9. Segundo M. Pérez ata xuño de 1932.
10. Algunhas fontes colocan a Joaquín Ascaso inmediatamente antes, ata decembro de 1933.
11. Parece que dimitiu tralo congreso de Zaragoza de 1936 e que foi substituído provisionalmente por David Antona e Antonio Moreno en Madrid ó longo do verán, volvendo á secretaría xeral entre setembro e mediados de novembro.

Durante o franquismo editar

Durante este período a CNT funcionou de forma clandestina no interior de España, actuando tamén a organización no exilio en Francia. Entre os exiliados houbo unha escisión que provocou que durante un período de tempo houbese dous comités nacionais cos seus correspondentes secretarios xerais da CNT no exilio.

No interior editar

Nome Desde Ata
Esteban Pallarols Xirgu abril 1939 novembro 1939
Manuel López López xaneiro d1940 xullo 1940
Celedonio Pérez Bernardo xullo 1940 febreiro 1941
Eusebio Azañedo Grande decembro 1942 agosto 1943
Manuel Amil Barcia setembro 1943 setembro 1944
Sigfredo Catalá Tineo setembro 1944 marzo 1945
José Expósito Leiva maio 1945 xullo 1945
César Broto Villegas xullo 1945 outubro 1945
Ángel Morales Vázquez novembro 1945 marzo 1946
Lorenzo Íñigo Granizo marzo 1946 abril 1946
Enrique Marco Nadal maio 1946 abril 1947
Antonio Ejarque Pina maio 1947 agosto 1947
Manuel Villar Mingo agosto 1947 novembro 1947
Antonio Castaño Benavent abril 1948 xullo 1949
Miguel Vallejo Sebastián xullo 1949 xuño 1953
Ismael Rodríguez Ajax outubro 1960 outubro 1961
Francisco Calle Mancilla abril 1962 febreiro 1964
Cipriano Damiano Ganzáles abril 1964 abril 1965
Francisco Royano Fernández maio 1965 setembro 1968

No exilio editar

Antes da escisión editar
Nome Data de elección Organismo Localidade
Mariano Rodríguez Vázquez 1 25 de febreiro de 1939 Consello Xeral do MLE París
José Germán González xuño 1943 Pleno Nacional Mauriac
Juan Manuel Molina Mateo setembro 1943 Pleno Nacional Tourniac
Francisco Careño marzo 1944 Pleno Nacional Muret
Juan Manuel Molina Mateo outubro 1944 Pleno Nacional Tolosa
Germinal Esgleas Jaume maio 1945 Congreso de París París

1. Trala súa morte, ocupa o cargo Germinal Esgleas Jaume.

Escisión editar
Fracción ortodoxa editar
Nome Data de elección Organismo Localidade
Germinal Esgleas Jaume - - -
Germinal Esgleas Jaume agosto 1946 Tolosa
José Peirats Valls outubro 1947 Congreso de Federacións Locais Tolosa
Pedro Herrera abril 1947 I Conferencia Intercontinental -
Emilio Julio González outubro 1948 1 Congreso de Federacións Locais -
Luis Blanco febreiro 1949 II Conferencia Intercontinental Tolosa
José Peirats Valls maio 1950 I Pleno Nacional Tolosa
Martín Villarupia abril 1951 II Pleno Intercontinental Tolosa
Germinal Esgleas Jaume xullo 1952 III Pleno Intercontinental Aymare
Germinal Esgleas Jaume xullo 1953 IV Pleno Intercontinental Tolosa
Germinal Esgleas Jaume agosto 1954 V Pleno Intercontinental Tolosa
Germinal Esgleas Jaume agosto 1955 VI Pleno Intercontinental Tolosa
Germinal Esgleas Jaume xullo 1956 VII Pleno Intercontinental Tolosa
Germinal Esgleas Jaume agosto 1957 VIII Pleno Intercontinental Tolosa
Roque Santamaría Cortiguera agosto 1958 IX Pleno Intercontinental Tolosa
Roque Santamaría Cortiguera setembro 1959 X Pleno Intercontinental Vierzon
Roque Santamaría Cortiguera agosto 1960 Congreso de Federacións Locais Limoges

1. Dimitiu en decembro de 1948.

Fracción posibilista editar
Nome Data de elección Organismo Localidade
Ramón Álvarez Palomo novembro 1945 Pleno de Rexionais de Orixe Tolosa
Ramón Álvarez Palomo agosto 1946 Plenaria Tolosa
José Juan Domenech decembro 1947 I Pleno Nacional de Rexionais Tolosa
José Juan Domenech maio 1948 Plenaria -
José Juan Domenech febreiro 1949 II Pleno Nacional -
Helios Sánchez xuño 1950 III Pleno Nacional -
Miguel Vallejo xuño 1952 IV Pleno Nacional -
Miguel Vallejo marzo 1954 V Pleno Nacional -
Ramón Liarte Viu novembro 1955 VI Pleno Nacional -
Ginés Alonso agosto 1957 VII Pleno Nacional -
Ginés Alonso outubro 1958 VIII Pleno Nacional -
Ginés Alonso marzo 1960 IX Pleno Nacional Clermont Ferrand
Trala reunificación editar
Nome Data de elección Organismo Localidade
Roque Santamaría Cortiguera agosto 1961 Congreso de Federacións Locais Limoges
Roque Santamaría Cortiguera agosto 1962 Pleno Intercontinental Tolosa
Germinal Esgleas Jaume outubro 1963 Congreso de Federacións Locais Tolosa
Germinal Esgleas Jaume agosto 1965 Congreso de Federacións Locais Montpellier
Fernado Alemany agosto 1967 Pleno Intercontinental Marsella
Germinal Esgleas Jaume agosto 1969 Pleno Intercontinental Bordeos
Germinal Esgleas Jaume agosto 1971 Pleno Intercontinental Marsella
Marciano Sigüenza 1 agosto 1973 Pleno Intercontinental Marsella
Alejandro Lamela agosto 1975 Congreso de Federacións Locais Marsella

1. Dimitiu en xaneiro de 1975.

Desde a Transición editar

Nome Desde Ata Sede do SP-CN
Juan Gómez Casas agosto 1976 abril 1978 Madrid
Enric Marco Batlle abril 1978 decembro 1979 Barcelona
José Bondía Román decembro 1979 xaneiro 1983 Madrid
Antonio Pérez Canales xaneiro 1983 - -
Fernando Montero xullo 1983 - -
Juan Gómez Casas 1985 - -
José Luis García Rúa marzo 1986 1990 Granada
Vicente Vilanova 1990 - Valencia
José Ros novembro 1992 - Barcelona
Luis Fernando Barba maio 1995 decembro 1995 Granada
José Luis Velasco decembro 1995 febreiro 1998 Madrid
Luis Fuentes decembro 1998 outubro 2000 Bilbao
Ana Sigüenza Carbonell outubro 2000 marzo 2003 Madrid
Iñaki Gil Uriarte abril 2003 xullo 2005 Vitoria
Rafael Corrales Valverde xullo 2005 agosto 2007 Sevilla
Fidel Manrique agosto 2007 decembro 2007 Torrelavega
Alfonso Álvarez decembro 2010 marzo 2013 Córdoba
Pedro Senra marzo 2013 actualidade Valladolid
Martín Paradelo abril 2015[1] xullo 2017 Compostela
Enrique Hoz xullo 2017 - Bilbao

Notas editar

  1. "Paradelo, el primer gallego máximo dirigente de la CNT en su historia". finanzas.com (en castelán). 12-05-2015. Arquivado dende o orixinal o 02-04-2016. Consultado o 21-11-2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar