Asociación Internacional dos Traballadores
Asociación Internacional dos Traballadores | |
Nome oficial | Asociación Internacional de los Trabajadores |
Ano fundación | 1922 |
Ideoloxía | anarcosindicalista |
Ámbito | internacional |
Sede central | actualmente en Belgrado, Serbia |
Secretario xeral | Ratibor Trivunac |
Web oficial | http://www.iwa-ait.org/ |
- Este artigo refírese á internacional de sindicatos actual. Para a organización histórica véxase Primeira Internacional.
A Asociación Internacional dos Traballadores (AIT, ou IWA) é unha organización transnacional anarquista que une a sindicatos de diferentes países de ideoloxía antiautoritaria, na súa maioría anarcosindicalistas, aínda que tamén federa organizacións de traballadores con fins revolucionarias. O seu lema oficial na actualidade é: «Contra a globalización, internacionalismo proletario. Nin guerra entre pobos nin paz entre clases».
Entre o 25 de decembro de 1922 e o 2 de xaneiro de 1923 diversos grupos anarcosindicalistas refundaron en Berlín a AIT, trazando as súas orixes na Primeira Internacional (1864-1876) e considerándoa continuadora desta.
Entre o 8 e o 10 de decembro de 2006, no 23º Congreso da organización, celebrado en Manchester (Inglaterra), decidiuse mudar a sede de Oslo (Noruega), a Belgrado (Serbia), onde estará ata o 2011.
Seccións da AIT
editarDenomínanse seccións ós sindicatos nacionais adheridos á AIT. So pode haber unha sección por país.
- AIT Secção Portuguesa - Portugal
- Bulgarskaja konfederacija truda - Bulgaria
- CNT-AIT - España
- Confédération Nationale du Travail (Confederación Nacional do Traballo) - Francia (sitio web)
- Confederação Operária Brasileira - Brasil
- Norsk Syndikalistisk Forbund - Noruega
- Priama Akcia - Eslovaquia (sitio web)
- Sindikalna konfederacija Anarho-sindikalistička inicijativa - Serbia (sitio web)
- Solidaridad Obrera - Chile (sitio web)
- Solidarity Federation - Reino Unido (sitio web)
- Конфедерация революционных анархо-синдикалистов - Rusia (sitio web)
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Primeira Internacional
- Internacional de Federacións Anarquistas
- Solidariedade Internacional Libertaria
Ligazóns externas
editar- Asociación Internacional dos Traballadores (en castelán ou inglés)