Ith (grupo musical)

grupo de rock galego

Ith é unha banda galega de rock creada en 1997 en Ordes, A Coruña, e a súa contorna.

Ith
OrixeGalicia Galicia,
Período1999-actualidade
Xénero(s)rock
MembrosJosé Luis Toxo
Alberto Rama
Lucía da Fonte
Gonzalo Suárez
Miguel Iglesias
Antigos membrosMiguel Folgueira
Pablo Boga
Thais Rudiño
Rita
Na rede
ithrock.bandcamp.com
Discogs: 5034747 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O grupo naceu en 1997, cando Hilario Rodeiro xunto con Pablo Boga deciden, mentres estudan no instituto de Ordes, montar unha banda de rock que tomou o nome de Ith, fillo do rei mitolóxico galego Breogán.[1][2]. O seu primeiro concerto foi no ano 1997 en Guitiriz, xunto con Manuel Lamas e Miguel Iglesias.

Comezaron facendo versións doutros artistas como Los Suaves, Guns N' Roses ou Jimi Hendrix,[1] gravando unha maqueta no ano 1999 chamada "¡Que Morran!", dando concertos pola zona,[3] e actuando en festivais como o Festival de Pardiñas[4]. Posteriormente, Hilario Rodeiro deixa a banda e prosegue coas súa carreira artística. Máis tarde, entran na banda José Luis Toxo, luthier de Andavao,[5] e guitarrista das bandas Mestizaxe 666 e SkVrA e o batería da parroquia veciña dos Ánxeles Miguel Folgueira, e cos músicos de Mesía Miguel Iglesias e Pablo. Sucedéndose varios cambios na formación do grupo durante os seguintes anos, incorporándose voces femininas. En 2011 gañaron o concurso de música do Millarock, en Ames.[6]

Con todo, non foi ata 2015 cando publicaron o seu primeiro disco, Forte, estando formado o grupo nese momento pola vocalista Lucía da Fonte, Toxo e Miguel Iglesias nas guitarras, Miguel Folgueira na batería e Gonzalo Suárez no baixo.[7] O disco foi gravado en Curtis e contou con 13 temas.[7][8] En 2018 saíu á luz o seu segundo álbum, titulado O mínimo que o contén todo,[9] con 6 temas orixinais e un poema musicado do poeta Fiz Vergara Vilariño.[10] En 2020 publicouse o seu terceiro álbum, Frear o momento.[11] En 2023 publicaron un cuarto traballo, titulado Solsticios.

Membros editar

Membros actuais editar

Antigos membros editar

Discografía editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Ith". Facebook. Consultado o 18 de decembro de 2020. 
  2. "Ith en lnkmsc". lnkmsc.com. Consultado o 18 de decembro de 2020. 
  3. "Concerto de Ith no pub Gatos". 7 de decembro de 2006. Consultado o 18 de decembro de 2020. 
  4. Díaz, Ignacio (15 de xullo de 1999). "El Festival de Pardiñas acogerá en su vigésima edición a grupos de primera línea". La Voz de Galicia (en castelán). p. 51. 
  5. "Uno de los últimos artesanos de lo que el siglo XX llamó... 'música del diablo'". El Correo Gallego (en castelán). 21 de marzo de 2011. Consultado o 18 de decembro de 2020. 
  6. "O grupo “Ith” é o gañador do Millarock". 24 de xuño de 2011. Consultado o 18 de decembro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 "Forte". bandcamp.com. Consultado o 18 de decembro de 2020. 
  8. Ith (13 de xaneiro de 2016). Making of do disco FORTE (Youtube). 
  9. "Novo disco de ITH: 'O mínimo que o contén todo'". CRTVG. 21 de febreiro de 2018. Consultado o 18 de decembro de 2020. 
  10. "Ith ponlle música a un poema de Fiz Vergara Vilariño". CRTVG. 3 de abril de 2018. Consultado o 18 de decembro de 2020. 
  11. "Ith presenta novo disco: 'Frear o momento'". Nós Diario. 18 de decembro de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar