Eugène Ionesco

dramaturgo romanés
(Redirixido desde "Ionesco")

Eugène Ionesco (en romanés Eugen Ionescu), nado en Slatina o 26 de novembro de 1909 e falecido en París o 28 de marzo de 1994, foi un dramaturgo e escritor francés de orixe romanesa. Foi un dos principais dramaturgos do teatro do absurdo, e elixido membro da Academia Francesa.

Eugène Ionesco
Eugene Ionesco 03.jpg
Nome completoEugen Ionescu
Nacemento26 de novembro de 1909
Lugar de nacementoSlatina
Falecemento28 de marzo de 1994
Lugar de falecementoParís
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeRomanía e Francia
Relixióncristãos ortodoxos
Alma máterUniversidade de Bucarest
Ocupacióndramaturgo, escritor, poeta, crítico literario, autor de diarios, ilustrador e artista gráfico
CónxuxeRodica Ionesco
Coñecido porThe Chairs, Rinoceronte (obra), The Killer, The New Tenant e The Bald Soprano
PremiosCommandeur des Arts et des Lettres‎, Prince Pierre Award, Commander of the National Order of Merit, Premio Jerusalén, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Prix du Brigadier, Austrian State Prize for European Literature e oficial da Lexión de Honor
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

De pai romanés e nai francesa, viaxou a París cun ano de idade e viviu alí ata os trece anos. En 1925 volve a Romanía e estuda a carreira de Letras. Ensina francés durante tres anos nun Instituto de Bucarest, ata que en 1938 regresa a Francia para establecerse definitivamente. Traballou nunha editorial, despois nun banco e comezou unha tese doutoral sobre a morte na poesía francesa que non chegou a rematar. Relacionouse co grupo da revista literaria Cahiers du Sud antes de adicarse por enteiro á súa produción dramática.

 
Tumba de Eugène Ionesco

Faleceu en 1994 e está enterrado no cemiterio de Montparnasse en París.

A súa primeira obra de teatro, A cantante calva estreouse no Théâtre des Noctambules en 1950, causando un tremendo escándalo, pero a súa intelixencia, novidade e ruptura coa lóxica lévano á fama, fama que non lle abandonaría nas súas posteriores obras. Ionesco foi, xunto o irlandés Samuel Beckett, o pai do teatro do absurdo, mediante o cal el fai "dun texto burlesco, un xogo dramático; e dun texto dramático un xogo burlesco". Máis aló da mera ridiculización de situacións banais, as obras de Ionesco debuxan de modo tanxible a soidade dos humanos e a insignificancia da propia existencia.

ObrasEditar

TeatroEditar

  • A cantante calva (1950).
  • Les salutations (1950).
  • A lección (1951).
  • Les chaises (1952) (As cadeiras). Estreada en galego por Sarabela Teatro en 1992.
  • Le maître (1953).
  • Victimes du devoir (1953) (Vítimas do deber).
  • La jeune fille à marier (1953).
  • Amédée ou comment s'en débarrasser (1954) (Amadeu ou cómo saír do paso).
  • Jacques ou la soumission (1955) (Xacobe ou a submisión). Estreada en galego por Sarabela Teatro en 1988.
  • Le nouveau locataire (1955) (O novo inquilino).
  • Le tableau (1955).
  • L'impromptu de l'alma (1956) (A improvisación da alma).
  • L'avenir est dans les œufs (1957).
  • Tueur sans gages (1959).
  • Scène à quatre (1959).
  • Rhinocéros (1959) (Rinoceronte)[1]
  • Apprendre à marcher (1960).
  • Délire à deux (1962) (Delirio a dúo).
  • Le Roi se meurt (1962) (O rei morre).
  • Le piéton de l'air (1963) (O peón do aire).
  • La soif et la faim (1965) (A sede e a fame).
  • La lacune (1966).
  • Jeux de massacre (1970) (O xogo da peste).
  • Macbett (1972).
  • Ce formidable bordel! (1973) (Ese formidable bordel).
  • L'homme aux valises (1975) (O home das maletas).
  • Voyage chez les morts (1980) (Viaxes a outro mundo).

EnsaiosEditar

  • La tragédie du langage (1958).
  • Expérience du théâtre (1958).
  • Discours sur l'avant-garde (1959).
  • Notas e contranotas (1962).
  • Découvertes (Descubrimentos) (1969).
  • Antídotos (1977).
  • Le blanc et le noir (O blanco e o negro) (1981).

Diarios, novelas e artigosEditar

  • La Vase (1956).
  • Le Piéton de l'air (1961).
  • Journal en miettes (1967).
  • Présent passeé, Passe présent (1968).
  • Le solitaire (1973).
  • La photo du colonel (A foto do coronel) (1962).
  • La vase (1970).
  • O solitario (1974).
  • Contos para nenos menores de tres anos (1976).
  • Un home en cuestión (1979) Recompilación de artigos.
  • A busca intermitente (1987) .

En lingua galegaEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar