Tristan Tzara
Samuel Rosenstock, nado en Moineşti o 16 de abril de 1896 e finado en París o 25 de decembro de 1963, foi un escritor francés de orixe romanesa, máis coñecido polo pseudónimo de Tristan Tzara.
Tristan Tzara | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Samuel Rosenstock |
Nacemento | 16 de abril de 1896 e 4 de abril de 1896 |
Lugar de nacemento | Moinești |
Falecemento | 25 de decembro de 1963 e 24 de decembro de 1963 |
Lugar de falecemento | VII Distrito de París |
Soterrado | Cemiterio de Montparnasse |
Nacionalidade | Romanía e Francia |
Etnia | Romanian Jews |
Ocupación | coleccionista de arte, poeta, escritor, diplomático, director de cinema, tradutor, dramaturgo, ensaísta, compositor, artista de performance, crítico literario, membro da resistencia francesa, debuxante, fotógrafo e activista |
Cónxuxe | Greta Knutson-Tzara |
Fillos | Christophe Tzara |
Coñecido por | Handkerchief of Clouds |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |


Traxectoria Editar
Residiu case toda a vida en Francia. Foi un dos autores máis importantes do movemento Dada, que fundou xunto con Hans Arp e Hugo Ball, unha corrente revolucionaria na literatura que anticipou as actitudes do surrealismo.
O movemento dadaísta orixinouse en Zürich, durante a I Guerra Mundial. Tzara escribiu os primeiros textos Dada — La Première Aventure céleste de Monsieur Antipyrine ("A primeira aventura celeste do señor Antipyrine", 1916) e Vingt-cinq poèmes (1918), así como os manifestos do movemento: Sept manifestes Dada ("Sete manifestos Dadá", 1924). En París organizou, cos seus compañeiros de movemento, espectáculos na rúa cheos de absurdismo para "épater le bourgeois" (escandalizar a burguesía) e deulle un poderoso impulso á escena dadaísta.
A finais de 1929 embarcouse no daquela recentemente inaugurado movemento surrealista de André Breton, Louis Aragon e outros autores. Dedicou gran esforzosa intentar conciliar as doutrinas filosóficas nihilistas e sofisticadas do movemento coa súa propia afiliación marxista. Participou activamente no desenvolvemento dos métodos de escritura automática, entre eles o collage e o cadáver exquisito. Desa época data o seu libro L'Homme approximatif ("O home aproximado", 1931).
Durante a segunda guerra mundial incorporouse á resistencia francesa. Tras obter a cidadanía en 1947, afiliouse ao Partido Comunista Francés. A súa militancia estenderíase ata 1956, cando, tras a invasión de Hungría polas tropas sovéticas para apagar a revolta popular, apartouse do partido. A súa obra da época é complexa, aínda que máis convencional que na súa xuventude. Nela salientan Parler seul ("Falar só", 1950) e La face intérieure ("A face interior", 1953).
Morreu en decembro de 1963 en París e foi enterrado no cemiterio de Montparnasse.
Obras Editar
- La première aventure céléste de Mr Antipyrine (A primeira aventura celeste do Sr. Antipyrine), 1916
- Vingt-cinq poèmes, 1918
- Primeiro manifesto dadá, 1918
- "Anthologie Dada" (15 de maio de 1919) Dada (4/5)[1]
- Cinéma calendrier du coeur abstrait (Cinema calendario do corazón abstraído), 1920
- Sept manifestes dada (Sete manifestos dadá), 1924
- De nos oiseaux, Poèmes (Sobre os nosos paxaros), 1929
- L'homme approximatif (O home aproximado), 1931
- Où boivent les loups (Onde beben os lobos), 1933
- Midis gagnés: poèmes (Mediodías gañados), 1939
- Le Surréalisme et l’Après-guerre, 1947
- Entre-temps, 1946
- La fuite : poème dramatique en quatre actes et un épilogue, 1947
- Le Fruit permis: poèmes, 1947
- Parler seul (Falar só), 1950
- La face intérieure (A face interior), 1953
- La Rose et le chien (A rosa e o can), 1958
Notas Editar
- ↑ Sanouillet, Michel (2005). "Bibliographie". Dada à Paris. CNRS. pp. 574–629. ISBN 9782271091277. doi:10.4000/books.editionscnrs.8835.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |