Infección oportunista

Unha infección oportunista é unha infección causada por organismos patóxenos (virus, bacterias, protozoos, fungos) que se aproveitan de certas situacións de debilidade para causar infeccións, pero que normalmente non as causan no individuo san, co sistema inmunitario funcionando normalmente. Un sistema inmunitario comprometido por unha inmunodeficiencia dálle unha "oportunidade" ao patóxeno para infectar.[1][2]

Causas

editar
Véxase tamén: Inmunodeficiencia, SIDA e VIH.

A causa xeralmente é unha inmunodeficiencia en maior ou menor grao ou a inmunosupresión, que se poden orixinar por:

Tipos de infeccións

editar

Entre as infeccións oportunistas máis comúns están principalmente as producidas polos seguintes organismos:

Enfermidades oportunistas en persoas con SIDA

editar

A SIDA é unha inmunodeficiencia que causa doenzas características como as seguintes:

Enfermidades bacterianas Axente Localizacións preferenciais
Tuberculose Mycobacterium tuberculosis Pulmón, ganglios linfáticos ou diseminada
Micobacteriose Mycobacterium avium intracelular Sangue, ganglios, tubo dixestivo ou diseminada
Enfermidades virais Axente Localizacións preferenciais
Infección por citomegalovirus CMV Retina, tubo dixestivo, SNC, pulmón
Infección herpética HSV Pel, mucosas, pulmón, tubo dixestivo
Displasia de colo uterino VPH Displasias intraepiteliais cervicais de grao elevado
Herpes zóster VZV Pel, sistema nervioso
Leucoencefalopatía multifocal progresiva Virus JC SNC
Sarcoma de Kaposi Virus HHV-8 Pel, mucosas, pulmón
Enfermidades parasitarias Axente Localizacións preferenciais
Toxoplasmose Toxoplasma gondii SNC, retina, pulmón
Criptosporidiose, Microsporidiose, Isosporose Cryptosporidium, Isospora belli, Microsporidios Tubo dixestivo
Sarna Sarcoptes scabiei hominis Pel
Micoses Axente Localizacións preferenciais
Candidíase Candida Boca, esófago
Criptococose Cryptococcus neoformans SNC, pulmón ou diseminada
Histoplasmose Histoplasma capsulatum Diseminada
Asperxilose Aspergillus Pulmón ou diseminada
Pneumocistose (pneumonía) PCP Pneumocystis carinii Pulmón
Penicilose Penicillium marneffei

Tratamento

editar

Depende do tipo de infección oportunista, pero xeralmente consiste no uso de antibióticos.

Tratamento veterinario

editar

As infeccións oportunistas causadas polas infeccións retrovirais polo virus da leucemia felina e o virus da inmunodeficiencia felina poden ser tratadas co inmunomodulador celular do linfocito T.

  1. National Library of Medicine - Medical Subject Headings. "Oportunistic infections" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2012. 
  2. "Medicinenet.com". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 04 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar