Cryptosporidium
Cryptosporidium | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
ooquiste de Cryptosporidium muris atopado en feces humanas. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
Cryptosporidium andersoni |
Cryptosporidium é un xénero de protozoos apicomplexos que pode causar unha enfermidade gastrointestinal con diarrea en humanos chamada criptosporidiose. Cryptosporidium é o organismo que se illa xeralmente nos pacientes humanos co virus VIH que padecen diarrea. Cryptosporidium forma ooquistes de 4-6 µm de diámetro que presentan unha tinguidura ácido-rápida parcial, polo que hai que diferencialos doutros organismos tamén parcialmente ácido-rápidos como Cyclospora cayetanensis.
Características xerais
editarCryptosporidium causa a diarrea chamada criptosporidiose. É un dos apicomplexos patóxenos, xunto con Plasmodium causante da malaria, e Toxoplasma, causante da toxoplasmose, pero, a diferenza de Plasmodium, que se transmite polos mosquitos, Cryptosporidium non utiliza un insecto como vector e é capaz de completar o seu ciclo de vida nun só hóspede, orixinando estadios de quiste que se excretan nas feces e poden transmitirse a un novo hóspede.
Varias especies de Cryptosporidium infectan a mamíferos. Nos humanos, os principais causantes de enfermidades son C. parvum e C. hominis (antes denominado C. parvum xenotipo 1). Ademais, C. canis, C. felis, C. meleagridis, e C. muris poden tamén causar doenzas en humanos.
A criptosporidiose é tipicamente unha infección aguda, de curto prazo, pero pode ser grave e persistente en nenos e persoas inmunocomprometidas. O parasito transmítese por quistes (ooquistes ou oocistos) resistentes liberados no ambiente que, unha vez inxeridos, permanecen no intestino delgado e dan lugar a unha infección do tecido epitelial intestinal.
O xenoma de Cryptosporidium parvum, que se secuenciou en 2004, é peculiar entre os eucariotas porque parece que non ten ADN mitocondrial.[1] Tamén se secuenciou unha especie moi relacionada, a C. hominis.[2] Poden consultarse os datos xenómicos de Cryptosporidium na base de datos do NIH The CryptoDB.org.
Ciclo de vida
editarA fase de espora de Cryptosporidium (ooquiste) pode sobrevivir durante longos períodos de tempo fóra do seu hóspede. Pode tamén resistir a acción de moitos desinfectantes comúns, como os baseados no cloro.[3]
Tratamento e detección
editarEn moitas plantas potabilizadoras de auga que toman auga de ríos, lagos e depósitos utilízanse tecnoloxías de filtración, moitas das cales poden eliminar o 99% dos Cryptosporidium.[4] Hai filtros de membranas e bolsas e cartuchos-filtro que eliminan especificamente Cryptosporidium.
Cryptosporidium é moi resistente aos desinfectantes clorados;[5] pero se as concentración son altas e o tempo de exposición prolongado, Cryptosporidium pode inactivarse con dióxido de cloro e tratamentos con ozono. En xeral, cómpren unhas concentracións de cloro tan altas que o uso de produtos clorados queda excluído como método de control de Cryptosporidium na auga para beber. O tratamento con luz ultravioleta a doses relativamente baixas inactiva Cryptosporidium.[6][7]
Unha das principais dificultades para identificar os estalidos epidémicos é a capacidede de verificar os resultados no laboratorio. Os ooquistes poden examinarse ao microscopio a partir de mostras de feces, pero poden confundirse con outros obxectos ou artefactos similares.[8] A maioría dos criptosporidios miden 3-6 μm, aínda que algúns informes mencionan quistes máis grandes.[8]
En caso de risco de auga contaminada por Cryptosporidium recoméndase como método doméstico de control ferver a auga antes de bebela.[9]
Como moitos patóxenos fecais-orais, poden transmitirse por alimentos contaminados ou pouca hixiene. Cómpren análises de augas e estudos epidemiolóxicos para determinar a fonte de infeccións específicas. Cryptosporidium normalmente non causa enfermidades graves en persoas con boa saúde. Pode infectar de forma crónica a nenos e adultos expostos e inmunocomprometidos.
Notas
editar- ↑ Abrahamsen, M. S.; Templeton, TJ; Enomoto, S; Abrahante, JE; Zhu, G; Lancto, CA; Deng, M; Liu, C; et al. (2004). "Complete Genome Sequence of the Apicomplexan, Cryptosporidium parvum". Science (Science/AAAS) 304 (5669): 441–5. PMID 15044751. doi:10.1126/science.1094786.
- ↑ Xu, P.; Widmer, Giovanni; Wang, Yingping; Ozaki, Luiz S.; Alves, Joao M.; Serrano, Myrna G.; Puiu, Daniela; Manque, Patricio; et al. (2004). "The genome of Cryptosporidium hominis". Nature 431 (7012): 1107–12. PMID 15510150. doi:10.1038/nature02977.
- ↑ "Chlorine Disinfection of Recreational Water for Cryptosporidium parvum". CDC. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 2007-05-06.
- ↑ "The Interim Enhanced Surface Water Treatment Rule – What Does it Mean to You?" (pdf). USEPA. Consultado o 2007-05-06.
- ↑ Korich, D. G., J. R. Mead, et al. (1990). "Effects of ozone, chlorine dioxide, chlorine, and monochloramine on Cryptosporidium parvum oocyst viability." Appl Environ Microbiol 56(5): 1423-8.
- ↑ Rochelle, PAUL A.; Fallar, Daffodil; Marshall, Marilyn M.; Montelone, Beth A.; Upton, Steve J.; Woods, Keith (Sep–October 2004). "Irreversible UV inactivation of Cryptosporidium spp. despite the presence of UV repair genes". J Eukaryot Microbiol 51 (5): 553–62. PMID 15537090. doi:10.1111/j.1550-7408.2004.tb00291.x.
- ↑ "Ultraviolet Disinfection and Treatment". WaterResearchFoundation (formerly AwwaRF). Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2009. Consultado o 2007-05-06.
- ↑ 8,0 8,1 Casemore, DP; Armstrong, M; Sands, RL (December 1985). "Laboratory diagnosis of cryptosporidiosis". Journal of clinical pathology 38 (12): 1337–41. PMC 499488. PMID 2416782. doi:10.1136/jcp.38.12.1337. Consultado o 28 July 2012.
- ↑ BBC news
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- White, A. Clinton, Jr. "Cryptosporidiosis". In Mandell, G et al., eds., Principles and Practice of Infectious Diseases, 6th edition; Elsevier, 2005, pp 3215–28.
- Upton, Steve J. (2003-09-12). "Basic Biology of Cryptosporidium" (Website). Kansas State University: Parasitology Laboratory.
- "The Taxonomicon & Systema Naturae". Taxon: Genus Cryptosporidium. S.J. Brands (Compiler). Universal Taxonomic Services, Amsterdam, The Netherlands. 2000. Arquivado dende o orixinal (Website database) o 23 de setembro de 2018. Consultado o 20 de xuño de 2014.
- United States Environmental Protection Agency (March 2001). "Cryptosporidium: Drinking Water Advisory" (PDF). Consultado o 4 March 2013 EPA reference: EPA-822-R-01-009
- World Health Organisation (2009). "Risk Assessment of Cryptosporidium in Drinking Water" (PDF). Consultado o 4 March 2013 WHO reference: WHO/HSE/WSH/09.04