A toxoplasmose é unha enfermidade infecciosa ocasionada polo protozoo Toxoplasma gondii, un parasito intracelular obrigado. A toxoplasmose pode causar infeccións leves e asintomáticas, así como infeccións mortais que afectan maiormente ao feto, ocasionando a chamada toxoplasmose conxénita. Tamén pode revestir gravidade cando afecta a inmunodeprimidos como infectados polo VIH sen tratamento antiretroviral efectivo. Considérase a enfermidade como unha zoonose, o cal significa que, de modo habitual, transmítese desde os animaies aos seres humanos a través de diferentes vías de contaxio, sendo os hospedadores definitivos o gato e outras seis especies de felinos.

Toxoplasmose
Taquizoítos de T. gondii
Instancia dedoenza infecciosa e clase de doenza Editar o valor en Wikidata
Subclase deeimeriose (pt) Traducir, zoonose e doenza Editar o valor en Wikidata
Causado porToxoplasma gondii Editar o valor en Wikidata
Síntomasadenopatía, Encefalite, Hepatomegalia, Esplenomegalia, low-grade fever (en) Traducir e hepatoesplenomegalia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Especialidade médicainfectoloxía e xinecoloxía e obstetricia Editar o valor en Wikidata
Exames médicosexame médico, inmunofluorescencia, ELISA e Sabin–Feldman dye test (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Proceso de transmisióntransmisión fecal-oral, placental transmission (en) Traducir, transplantação de órgãos (pt) Traducir, Transfusión de sangue e haemocontact transmission of pathogen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
MeSHD014123 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC3418 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB13208
ICD-10B58
ICD-9130
MedlinePlus000637
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Wikidata ] C:Commons ]

As medidas de prevención son particularmente importantes nas mulleres embarazadas e consisten en normas xerais de hixiene para evitar a transmisión por alimentos ou auga contaminada, non consumir carne crúa ou mal cociñada e evitar o contacto con feces de gato.[1]

Historia

editar

Foi demostrado por primeira vez en 1908 por Nicolle e Manceaux en roedores do norte de África e, no mesmo ano, por Splendore no Brasil; demostrouse definitivamente que o toxoplasma producía unha enfermidade no ser humano en 1939 cando Wolfe, Cosen e Paine describiron varios casos de encefalomielitis neonatal fatal causados por infeccións conxénitas deste parasito. Pouco despois atopáronse varios casos dunha infección adquirida, pero o parasito espertou interese só como axente causal dunha enfermidade conxénita rara. A capacidade patóxena do parasito fíxose máis evidente coas descricións case simultáneas de probas cutáneas, de fixación de complemento e de tinción, e posteriormente, doutras probas diagnósticas. Estas probas empregáronse dabondo para demostrar que Toxoplasma frecuentemente infecta o ser humano e os animais, e que a toxoplasmose conxénita é só unha manifestación illada da variedade de manifestacións dunha enfermidade relativamente común.[2]

  1. Farreras Rozman: Medicina Interna, duodécima edición, 1992, ISBN 84-7592-439-5
  2. Harrison et. al. (1973). Medicina Interna (en Castelan) (4ª ed.). Mexico: Fournier.